Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061225 - Cálculo de Estruturas (Construcción ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Mariño Allegue, Ramón Ángel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIL_02 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo/CLIS_02 HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo da materia é dar a coñecer ao alumno os procedementos de cálculo estrutural, principalmente aqueles que permiten establecer unha base para comprender o funcionamento de aplicacións informáticas específicas do ámbito da construción que serán de aplicación en materias do mesmo módulo que se ofertan nos derradeiros cursos da titulación. Centrarémonos no cálculo matricial, fundamentalmente desenvolvendo o método da rixidez, entendendo que os conceptos relacionados coa mecánica se teñen abordado na materia de Física I e os relativos á resolución de sistemas de ecuacións lineais en Matemáticas I. Asemade, como complemento, introdúcese ao alumno na normativa de aplicación no ámbito da construción, facendo fincapé naquela que regula as accións na edificación. Estes contidos serán necesarios para as materias que se imparten nos cursos superiores da titulación.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS

    - Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
    Tema I.- Introdución.
    Tema II.- Flexión: esforzos.
    Tema III.- Flexión: deformacións.

    - Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
    Tema IV.- Sistemas de estruturas.
    Tema V.- Principios do cálculo matricial de estruturas.
    Tema VI.- Cálculo matricial de estruturas: método dos desprazamentos.

    - Unidade III. NORMATIVA DE APLICACIÓN NO ÁMBITO DA CONSTRUCIÓN
    Tema VII.- Marco normativo.
    Tema VIII.- Accións que actúan sobre as edificacións.


    PROGRAMA DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS

    - Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
    Seminario 1.- Análise dunha viga isostática.
    Seminario 2.- Análise dunha viga hiperestática.
    Titoría en grupo 1.- Resistencia de materiais.

    - Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
    Seminario 3.- Determinación da matriz de rixidez dunha barra illada.
    Seminario 4.- Determinación da matriz de rixidez dunha estrutura plana.
    Seminario 5.- Resolución dunha estrutura tipo I.
    Seminario 6.- Resolución dunha estrutura tipo II.
    Laboratorio 1.- Ferramentas informáticas aplicadas ao cálculo matricial de estruturas. Matlab I: Introdución.
    Laboratorio 2.- Matlab II: Matriz de rixidez dunha barra illada en coordenadas locais e globais.
    Laboratorio 3.- Matlab III: Matriz de rixidez dunha estrutura plana.
    Laboratorio 4.- Matlab IV: Desprazamentos dos extremos das barras dunha estrutura plana.
    Laboratorio 5.- Matlab V: Solicitacións de extremo nas barras dunha estrutura plana.
    Titoría en grupo 2.- Cálculo matricial de estruturas.


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
    - Nash, W.A. 1987. Resistencia de materiales. Teoría y 430 problemas resueltos. Ed. McGraw-Hill. Méjico.
    - Vázquez Fernández, M. 1994. Resistencia de materiales. Ed. Noela. Madrid.

    Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
    - Argüelles Álvarez, R. (Coord.) 2005. Cálculo matricial de estructuras en 1º y 2º orden. Teoría y problemas. Ed. Bellisco. Madrid.
    - Engel, H. 2001. Sistemas de estructuras. Ed. Gustavo Gili. Barcelona.
    - Vázquez Fernández, M. 1992. Cálculo matricial de estructuras. Ed. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas. Madrid.

    Unidade III. NORMATIVA DE APLICACIÓN NO ÁMBITO DA CONSTRUCIÓN
    - Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
    - Gere, J.M. 2002. Timoshenko. Resistencia de materiales. Ed. Thomson. Madrid.
    - Guerra Romero, I.; Juan Valdés, A. 2009. Apuntes gráficos de resistencia de materiales. Ed. Universidad de León. León.
    - Ortiz Berrocal, L. 1980. Resistencia de materiales. Ed. Universidad Politécnica de Madrid. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Industriales. Madrid.

    Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
    - Allen, E.; Zalewski, W. 2010. Form and forces. Designing efficient, expresive structures. Ed. Wiley and Sons. New Jersey.
    - Muttoni, A. 2010. L’art des structures. Ed. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
    - Timoshenko, S.P.; Young, D.H. 1976. Teoría de las estructuras. Ed. Urmo. Bilbao.
    - Torroja Miret, E. 1996. Razón y ser de los tipos estructurales. Ed. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja. Madrid.

    Unidade III. NORMATIVA DE APLICACIÓN NO ÁMBITO DA CONSTRUCIÓN
    - UNE-EN 1990:2003/A1:2010. Eurocódigo 0. Bases de cálculo de estructuras. Ed. AENOR. Madrid.
    - UNE-EN 1991. 2010. Eurocódigo 1. Acciones en estructuras. Ed. AENOR. Madrid.

    Competencias
    A) Xerais

    Tal e como se recolle no plano de estudos, de entre as competencias xerais a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona a materia de cálculo de estruturas son as seguintes:
    - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais –parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc.–, instalacións deportivas e contornos sometidos a recuperación paisaxística).
    - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.

    B) Específicas

    Como competencias específicas da materia, no plano de estudos indícanse as seguintes:
    - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de cálculo de estruturas e construción.
    - Capacidade para coñecer, comprender e analizar as bases e a tecnoloxía das construcións rurais.
    - Capacidade para coñecer, comprender e desenvolver o deseño e cálculo de estruturas.

    As anteriores, dun xeito máis explícito, pódense resumir como sigue:
    - Comprensión do comportamento estrutural dos elementos de edificación e a súa aplicación á resolución de problemas propios da enxeñaría do medio rural.
    - Saber aplicar a teoría á resolución de problemas prácticos no ámbito da construción agraria.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións adicadas á docencia teórica empregaremos o método expositivo, de xeito que o alumno recibe unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos por parte do alumno que lle permitan aproveitar as clases.

    Asemade, realizaranse seminarios nos que se debaterá sobre temas concretos, nestas sesións perséguese a participación activa do alumno. A materia contempla tamén a realización de prácticas baseadas na utilización de ferramentas informáticas do laboratorio de cálculo de estruturas, e nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos á resolución de casos prácticos.

    Certas actividades desenvolveránse a través da USC virtual, tendo como apoio terán como apoio a plataforma existente no campus virtual da USC, dende a que se poderán remitir traballos de curso, facer test de coñecementos e/ou participar en foros sobre temas concretos.
    Sistema de evaluación
    - Exame de contidos teórico-práctico (50% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 2,5 puntos sobre un total de 5).
    - Traballos de curso (30% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 1,5 puntos sobre un total de 3).
    - Exame de prácticas de laboratorio (20% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 1 punto sobre un total de 2).

    Cualificación final:
    Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por termo medio, considérase necesario dedicar dúas horas de estudo por cada hora de carácter expositivo na materia, ás que se lle engade unha media de tres horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases de seminario e de laboratorio.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clase de tipo expositivo, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos.
    Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos.
    Asistencia ás sesións de seminario e laboratorio.
    Manexo da bibliografía recomendada.
    Aproveitamento das titorías establecidas, tanto de carácter individual como grupal.
    Observacións
    Material de traballo:

    Para o seguimento da materia, o alumnado poderá acceder ao curso virtual da materia na plataforma Blackboard onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, guión de prácticas, acceso a páxinas web de interese, etc.

    Calificacións:
    As calificacións obtidas nos diferentes aspectos evaluados so terán validez no curso académico no que se acaden.