G4061227 - Hidráulica (Hidráulica e Hidroloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDotar o alumno dos coñecementos básicos en hidráulica para resolver os problemas relacionados co uso e manexo da auga na agricultura e nas instalacións hidráulicas.
ContidosTeoría
Tema 1. Introdución. Propiedades dos fluídos
Tema 2. Hidroestática
Tema 3. Empuxes sobre superficies somerxidas
Tema 4. Cinemática de fluídos
Tema 5. Dinámica de fluídos
Tema 6. Dinámica dos fluídos reais. Réxime laminar
Tema 7. A tubaxe: materiais e compoñentes
Tema 8. Resistencia dos fluídos
Tema 9. Perdas de carga continuas
Tema 10. Fórmulas monomias para o cálculo das perdas de carga continuas Tema 11. Perdas de carga localizadas
Tema 12. O funcionamento da tubaxe
Tema 13. Canos con distribución continua de caudal
Tema 14. Canos con distribución discreta de caudal
Tema 15. Bombas hidráulicas
Tema 16. Bombas rotodinámicas
Tema 17. O golpe de ariete
Tema 18. Introdución o deseño e cálculo das instalacións hidráulicas.
Tema 19. Hidráulica da rega localizada e por aspersión.
Practicas
1. Empuxe sobre superficies somerxidas. Determinación do centro de presións
2. Fluxo en canos
3. Vertedoiros. Determinación do coeficiente de descarga
4. Resaltes hidráulicos
5. Determinación das perdas de carga continuas en conducións forzadas
6. Determinación das perdas de carga localizadas en conducións forzadas
7. Estudo da asociación de bombas centrífugas
8. Ensaio dun aspersor de rego
9. Estudo das perdas de carga producidas nun ramal de rega por goteo
10. Determinación da curva característica de diversos goteiros
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
- Agüera, J. 2002. Mécanica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Ed. Ciencia 3. Madrid.
- Giles, R.V. 1988. Teoría y problemas de mecánica de fluidos e hidráulica. Ed. McGraw-Hill. Mexico.
- Streeter, V. 1988. Mecánica de fluidos. Ed. McGraw-Hill. Mexico.
- Tarjuelo, J.M. 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ed Mundi-Prensa.
- Universidad de Córdoba. 1999. Problemas de hidráulica para riegos. Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba. Córdoba.
COMPLEMENTARIA:
- Arviza, J. y Santamarina, C. 1995. Ingeniería Rural: Hidráulica. S.P.U.P.V. Valencia.
- Boswell, M.J. 1999. Micro-irrigation desing manual. James Hardie Irrigation. Iberia S.A. Sevilla.
- Escribá, D. 1988. Hidráulica para ingenieros. Ed. Bellisco. Madrid.
- Gómez, P. 1993. Instalaciones de bombeo para riego y otros usos. Ed. Agrícola S.A. Madrid.
- Losada, A. 1996. Fundamentos de hidrología y de la práctica de riegos. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. Universidad Politécnica de Madrid.
- Mateos, M. 1990. Válvulas para abastecimiento de aguas. Ed. Bellisco. Madrid.
- Mayol, J.M. 1981. Tuberías. Tomos I y II. Editores Técnicos Asociados.
- Medina, J.A. 1998. Riego por goteo. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
- Mendiluce, E. 1987. El golpe de ariete en impulsiones. Ed. Bellisco. Madrid.
- Montalvo, T. 1994. Análisis de distribuciones discretas. Aplicación al riego. Universidad Politécnica de Valencia. Valencia.
Competencias- Capacidad para coñecer, comprender e empregar os principios de:
Enxenaría do medio rural: hidráulica.
- Toma de decisións mediante o uso dos recursos disponibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
- Transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar
os avances no campo agrario.
- Dominio dos principios teóricos e práticos da Hidráulica agrícola no referente ó réximen forzado.
- Capacidad de deseñar e proxectar calquera tipo de instalación e obra hidráulica no ámbito agrícola.
- Deseño e cálculo de instalacións hidráulicas situadas nunha explotación agrícola.
- Deseño e cálculo de redes de rega agrícola.
Metodoloxía da ensinanza A aprendizaxe da materia dividirase en cinco compoñentes:
- Teoría: clases maxistrais e participativas de cara a explicar os principais conceptos da materia.
- Problemas: clase participativa coa finalidade de resolver problemas
- Seminario: clases participativas de orientación á resolución dos problemas do traballo do alumno.
- Laboratorio: prácticas de laboratorio para presentar os principios hidráulicos de maior importancia e aplicacións de casos reais.
- Actividades dirixidas: traballos individuais dos alumnos, coa intención de resolver coleccións de problemas prácticos ou ben desenvolver estudos teóricos dun tema específico.
Por outra banda empregase a USC-V, complementando as clases presenciais e obrigatorias.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación baséase na realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas polo centro, con contidos prácticos e teóricos, o finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e se necesita, na mesma, un mínimo de 4 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Ademais se considera a valoración das memorias de prácticas e das probas feitas en laboratorio (15%) e os problemas resoltos e os temas desenvoltos por cada alumno dentro das actividades dirixidas (15%).
A asistencia as clases teóricas, seminarios e realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias.
Os alumnos non matriculados por primeira vez seguirán o sistema de avaliación seguinte:
- probas escritas que aborden a teoría e os problemas estudados na materia (85%) nas datas oficiais establecidas polo centro.
- valoración das memorias de prácticas e das probas feitas en laboratorio (15%).
En tódolos casos é preciso ter realizadas as prácticas, no caso contrario será avaliado das mesmas durante os exames finais, mediante unha proba escrita.
Tempo de estudo e traballo persoalClases teóricas (expositivas de grupo grande): 18
Lectura e preparación de temas: 32
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 6
Prácticas (con grupos reducidos): 8
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 18
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 5
Titorías individuais: 3
Preparación de probas de avaliación: 19,5
Actividades de avaliación: 3
En total: 112,5 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar os horarios de titorías para afianzar aqueles coñecementos non afianzados.
- Facer uso das novas tecnoloxías: USC-V, correo electrónico,… que axudan a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada compoñente de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía base a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso da bibliografía complementaria para ampliar coñecementos nos temas abordados nas actividades dirixidas.
- Participar activamente en todos os compoñentes da materia.