Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061228 - Botánica (Bases de Produción Vexetal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GIMENEZ DE AZCARATE CORNIDE, JOAQUIN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
GRUPO/CLIL_02HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
GRUPO/CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Ao tratarse dunha materia básica para a aprendizaxe de outras materias da titiulación (Fitotecnia, Cultivos herbáceos, Fruticultura, Xardiñería e Paisaxismo, Praticultura…) o obxetivo central da materia é o de darlle a coñecer ao alumno unha visión xeral dos principais grupos de cormófitos, incicindo nos seguintes aspectos:
    - características morfolóxicas, estructurais e reproductivas
    - posición evolutiva e sistemática
    - importancia e función nos agrosistemas e nos ecosistemas

    Fomentar o interés e a familiaridade cas plantas especialmente na sua aplicación e utilidade na agronomía.. Comprender e manexar terminoloxía botánica básica relacionada cas plantas vasculares. Concienciar ao alumnado cara aos temas medioambientais e conservacionistas

    Contidos
    1.- TEORÍA

    INTRODUCCIÓN: Definición da Botánica. Obxeto de estudo. Relacións. Biodiversidade vexetal
    SISTEMÁTICA E TAXONOMÍA. Sistemas de clasificación. Procesos que abarca a taxonomía. A especie como unidade básica e categorías taxonómicas. Nomenclatura botánica.
    ORGANIZACIÓN. Niveis de organización e adaptación. O cormo. Raíz, tallo e folla: Tipoloxía e modificacións
    PLANTAS VASCULARES SEN SEMENTE. Div. Pteridophyta. Caracteres xeraise importancia. Sistemática (clases Psilotopsida, Lycopodiopsida, Equisetopsida y Filicopsida).
    PLANTAS CON SEMENTE NÚA. XIMNOSPERMAS. División spermatophyta. A semente. Características xerais. Sistemática (Subdivisión Coniferophytina: Clases Cycadopsida, Ginkgopsida y Pinopsida). Representantes de interés
    PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS I. A flor: morfoloxía, e criterios de clsificación. Inflorescencias: Tipos. Froitos: Orixen e clasificación.
    PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS II: Subdivisión Magnoliophytina. Caracteres xerais. Sistemática. Clase magnoliopsida (Subclase Magnoliidae. Hamamelidae, Caryophyllidae. Dillenidae. Rosidae. Asteridae).
    PLANTAS CON SEMENTE PROTEXIDA. ANXIOSPERMAS III Clase Liliopsida Caracteres xerais. Sistemática (Subclases Alismatidae, Arecidae, Commelinidae, Zingiberidae e Liliidae).
    ETNOBOTÁNICA: Usos tradicionais das plantas nas diferentes culturas. Expansións indeseadas: Plantas adventicias e invasoras
    XEOBOTÁNICA. Biomas, formacións e comunidades vexetais. Coroloxía. Enfoques no estudo da vexetación. A Rede Natura 2000.

    2.- PRÁCTICAS

    Farase especiel fincapé na aprendizaje e e observación no laboratorio dos principias caracteres utilizados no recoñecemento das principias familias. Para elo se levarán a cabo 4 sesións de laboratorio e unha de campo. nas que se incidirá nos principias atributos morfolóxicos e reproductivos das familias estudadas mais importantes; a partir de ditos recoñecementos se procederá a determinación de especímenes mediante a utilización de claves dicotómicas.
    Práctica 1: Diagnose e tipoloxía dos atributos considerados na determinación: manexo de claves.
    Práctica 2: Violaceae, Rosaceae y Caryophyllaceae
    Práctica 3: Brassicaceae, Leguminosae, Lamiaceae, Liliaceae
    Práctica 4: Asteraceae e Poaceae
    Práctica 5: Recoñecemento in situ da frola e vexetación do entorno do campus

    3.- SEMINARIOS
    Se presentarán varios temas de actualidade relacionados ca importancia e repercusión das plantas no eido rural (malas herbas, invasoras, plantas e paisaxes, biocombustibles, polinización, crierios botânicos de conservación...), sobre os cales os alumnos deberán responder nun cuestionario. Complementariamente os estudantes deberán agruparse en parellas de traballo para elaborar e expoñer na aula un estudo vinculado cos contidos dos fitotopónimos presentes nunha zona do territorio galego. Tras a exposición de cada traballo, o profesor formulará as preguntas que estime convenintes. Para a calificación dos traballos valorarase a presentación, rigurosidade, fontes utilizadas, capacidade de síntesis e resposta das cuestións formuladas.

    4.- TITORÍAS
    Utilizaranse para dar seguimento e filtrado aos traballos dos alumnos así como para resolver as dubidas que podan plantexarse. Asemesmo servirán para resolver calqueira cuestión relacionada coa materia
    Bibliografía básica e complementaria
    FONT QUER, P., Diccionario de Botánica, Ed. Labor, Barcelona, 1985.
    HEYWOOD, V. H., Las plantas con flores, Ed. Reverté, Barcelona, 1985.
    IZCO, J. et al., Botánica, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2004.
    LÜTTGE, U. et al., Botánica, ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1993.
    NAVORS, M.W.. Introducción a la Botánica. Ed Person. 2005
    RAVEN P. H.; JOHNSON, G. B.; LOSOS, J. B. e SINGER, S. R., Biology, 7ª ed., McGraw-Hill, Boston, 2005.
    Rodríguez Iglesias. F., Galicia. Natureza. Botánica I-III. Hércules Ediciones. 2002. A Coruña
    SCAGEL, R.F. et al., El Reino Vegetal, Ed. Omega, Barcelona, 1987.
    STRASBURGER, E. et al., Tratado de Botánica, 33ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 1994.

    CLAVES E GUÍAS DE CAMPO

    AIZPURU, C. et al., Flora del País Vasco y territorios limítrofres, Serv. Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz, 1999.
    BONNIER, G. e G. DE LAYENS, Claves para la determinación de plantas vasculares, Ed. Omega, Barcelona, 1988.
    CASTROVIEJO, S. et al. (eds.), Flora Ibérica, C.S.I.C., Madrid, 1986.
    CEBALLOS, L. e RUIZ DE LA TORRE, J., Árboles y arbustos de la España peninsular, Ed. I.F.I.E., Madrid, 1979.
    GARCIA. X R. Guía das plantas de Galicia, Ed. Xerais. 2007
    GARCÍA ROLLÁN, M., Claves de la flora española, I-II, Ed. Mundi Prensa, Madrid, 1982-1984.
    SALVO, E., Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares, Ed. Pirámide, Madrid, 1990.
    SILVA-PANDO, F. J. e RIGUEIRO, A., Guía das árbores e bosques de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo, 1990.
    TUTIN, T. G.; HEYWOOD, V. H.; BURGES, N. A.; VALENTINE, D. H.; WALTERS, S. M. e WEBB, D. A. (eds.), Flora Europaea, I-V, Ed. University Press, Cambridge, 1964-1980.

    Competencias
    Os alumnos adquirirán capacidades e habilidades relacionadas ca analise, a síntesis, a argumentación e a crítica de contidos e temas determinados relacionados ca asignatura. De forma particular o alumno deberá adquirir nocións fundamentais sobre os seguintes aspectos:

    Que o alumno coñeza, comprenda e adquira nocións fundamentais sobre os seguintes aspectos:

    - A importancia da botánica na formación dos futuros egresados.

    - A organización, estructura e funcións das plantas vasculares.

    - Os principais grupos de plantas vasculares, as familias e especies mais representativas e a súa importancia no mundo rural.

    - O recoñecemento e deferenciación das estructuras frorais e das técnicas de determinación dos cormófitos.

    - Uso de terminoloxía e nomenclatura botánica axeitada

    - A organización da paisaxe vexetal e a qué obedecen os mosiacos que a forman.
    - A redacción e presentación dun traballo onde se reflicte e interprete o seguimento dado ao tema a desenrolar

    Metodoloxía da ensinanza
    Na materia diferenciarase unha parte expositiva e outra interactiva. Na primeira exporanse os contidos teóricos coa axuda de medios audiovisuais. Cando o tempo e a fenoloxía o faciliten, as clases se extenderán ao entorno das aulas para ver in situ o explicado na aula.

    Na parte interactiva estará conformada polas prácticas, os seminários e as titorías; as primeiras están relacionadas coa identificación dos atributos vexetativos e reproductivos das mostras proporcionadas e que servirán para a determinación do material suministrado mesmo que será revisado nunha saída de campo.

    Nos seminários os alumnos de xeito individual ou en parellas deberán deseñar, preparar e realizar un traballo que tendrá que expoñer en público na clase e sobre o cal terá que respostar as cuestións que se lle plantexen. Ademais se presentarán varios temas de interés botánico sobre os que deberán responder a duas preguntas tras a súa presentación Nas titorias se orientará ao alumno sobre os enfoques e contidos que deberá darlle ao traballo e se resolverán as dubidas que sobre calqueira aspecto da materia podan ter.

    Sistema de evaluación
    Para aprobar a materia é preciso superar a parte de teoría que se evaluará nun examen parcial e no examen final; de xeito complementario os seminarios e as prácticas servirán para millorar a nota final da meteria. As notas obtidas nos seminarios e nas prácticas poderán incrementar a nota final ata nun 20% respectivamente. Nos primeiros se valorarán as respostas as preguntas plantexadas e a preparación, exposición e defensa dun traballo. Nas prácticas se evaluará a destreza no manexo de claves e a determinación de plantas así como o informe que de cada práctica deberá entregar o alumno.

    Os alumnos que non realicen as prácticas nin entregado os seus informes, ou que non participaran nos traballos dos seminarios, deberán responder no examen final a preguntas relacionadas con ambalas dúas partes. Nesta proba final o alumno se examinará únicamente daquelas prácticas as que non asistíu
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    Horas expositivas (teoría): 18
    Horas interactivas:
    - prácticas: 11
    - seminarios: 10
    - titorías: 2

    Horas examenes: 4

    Total presenciais: 42

    Horas non presenciais:

    Lecturas e estudio persoal: 2.7 h/semán x 15 sem = 40.5 h
    Preparación e elaboración de traballos: 1.5h/semana (15 semanas) = 22.5h
    Preparación de informe de prácticas: 0.5h/semana x 15 semanas = 7.5 h

    Total non presenciais: 70,5

    Total 42 + 70,5 = 112.5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecementos básicos de Bioloxía.
    Asistencia a todas as actividades docentes.
    Consulta do campus virtual e da bibliografía recomendada.
    Facer uso das titorías
    Revisar a Guía docente da asignatura