Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071342 - Xardinería e Paisaxismo Forestal (Intensificación en Explotacións Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Produción Vexetal, Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER.NON
Iglesias Díaz, MªIsabel.SI
Lamosa Quinteiro, Santiago.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da xardinería e viveiros, así como, a importancia da paisaxe nas actividades forestais e as técnicas actuais relacionadas co seu deseño e xestión.
    Contidos
    1. Plantas ornamentais
    2. Céspedes e plantacións
    3. Técnicas de plantación e mantemento dos espazos verdes
    4. Técnicas de planificación e xestión de paisaxes
    5. Métodos de conservación e mantemento dos paisaxes naturais e rurais
    6. A importancia da paisaxe nos aproveitamentos forestais

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    • Ambroise, R. 2000. “Agriculteurs et paysages: dix exemples de projets de paysage en agriculture”. Educagri, cop. Dijon.
    • Bolós, M. De (Dir.) 1992. “Manual de ciencia del paisaje. Teoría, métodos y aplicaciones”. Ed. Masson. Colección de Geografía. Barcelona. 273 pp.
    • Bouhier, A. 1979. “Galicia, ensayo geográfico de análisis e interpretación de un viejo complejo agrario”. Biblioteca de Clásicos Agrarios Galegos. Ed. Xunta de Galicia.
    • Brickell, C. 1990. “Enciclopedia de plantas y flores”. The Royal Horticultural Society. Ed. Grijalbo. Barcelona.
    • Brickell, C. 1994. “Enciclopedia de la jardinería”. The Royal Horticultural Society. Ed. Grijalbo. Barcelona.
    • Gentilli, J. 1968. “Landscape Geographical”. En: The Encyclopedia of Geomorfolgy. Ed. Reinhold Book Corp. New York, pp: 629-637.
    • Ramos, A., P. Cifuentes, S. González, L. Matas. 1998. “Diccionario de la Naturaleza”. Ed. Espasa Calpe. Madrid.
    • Rodríguez Iglesias, F. (1998). “Atlas de Galicia”. Hércules Ediciones, S.A. A Coruña.
    • Ros Orta, S. 1996. “La Empresa de Jardinería y Paisajismo”. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.

    Bibliografía complementaria

    • Campos Cantera, J. 1985. “Paisaje rural y estructuras agrarias en un concejo lebaniego: Siglo XVIII”. Ed. Tantín. Santander.
    • De Llano, P. 1996. “Arquitectura popular en Galicia. Razón y construcción”. Ed. Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. A Coruña.
    • Fernández García, F. 1995. “Valle de Ancares: Guía e historia del paisaje”. Ecoman Global. Madrid.
    • Lebeau, R. 1983. “Grandes modelos de estructuras agrarias en el mundo”. Ed. Vicens-Vives.
    • López, M.S. 1985. “Taxonomía de los paisajes geográficos”. Ed. Aljibe. Ciudad Real. 224 pp.
    • Merino Merino, D., y J. Ansorena Miner. 1998. “Césped deportivo. Construcción y mantenimiento”. Dpto. de Agricultura y Medio Ambiente, Diputación Floral de Guipuzkoa.
    • Meynier, A. 1968. Los paisajes agrarios. Ed. Moretón. Bilbao.
    • Naves Viñas, F., J. Pujol Solanich, X. Argimon de Vilardaga, L. Sampere Montillól. 1992. “El árbol en jardinería y paisajismo”. Ed. Omega. Barcelona.
    • Páez de La Cadena, F. 1982. “Historia de los Estilos en Jardinería”. Ed. Istmo. España.
    • Pérez, A., L. Guitián Rivera, P. Ramil Rego. 1993. “La evolución del paisaje en las montañas del entorno de los Caminos Jacobeos”. Ed. Xunta de Galicia.
    • Torres Luna, M.P. 1995. “Los Caminos de Santiago y la Geografía de Galicia: rutas, paisajes, comarcas”. Ed. Consellería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia.
    • Valcárcel Díaz, M., M. Rodríguez Guitián, A. Martínez Cortizas, A. Pérez Alberti. (1993). “As paisaxes do Camiño Francés en Galicia”. Ed. Xunta de Galicia.

    Normativa

    - Convenio europeo da paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consejo de Europa, entrando en vigor o 1 de marzo de 2004.
    - Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
    - Normas Tecnolóxicas de Xardinería e Paisaxismo. 1993-2004. Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Peritos Agrícolas de Cataluña.

    Competencias
    Deberá capacitarse ao alumno para:
    1. Coñecer as principais especies ornamentais que poden utilizarse en xardinería e os seus usos.
    2. Comprender as necesidades das diferentes especies para unha correcta utilización nos xardíns e paisaxes.
    3. Comprender e aplicar os principios da xardinería e viveiros na adquisición do material vexetal adecuado, na plantación e o mantemento da vexetación nos espazos verdes.
    4. O coñecemento racional dos fundamentos da Ciencia da Paisaxe. Diferentes clasificacións da paisaxe.
    5. Analizar e estudar as diferentes unidades da paisaxe en Galicia.
    6. Aprender os métodos e modelos empregados no estudo da paisaxe e na súa valoración.
    7. O coñecemento da principal lexislación nacional e internacional relacionada coa paisaxe.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia correspóndese ao primeiro semestre do terceiro curso do Grao de Enxeñeiro Técnico Forestal e do Medio Natural. A parte teórica impartirase en clases maxistrais nas que se explican os contidos básicos de xeito que sexa posible unha participación activa do alumnado. As prácticas realizadas durante o curso, e de carácter obrigatorio, axudaran ó alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberan realizar durante o curso facilitarán e reforzarán ó aprendizaxe dos contidos da materia. Está previsto realizar unha viaxe para o estudo global dunha determinada zona, dende un parque urbano a un xardín histórico, ou ben, unha paisaxe protexida, entre outras.

    O análise individualizado, ou ben, en grupos, de distintos tipos de espazos verdes e paisaxes axudará a unha mellor comprensión da materia, tanto nos aspectos de deseño e xestión das paisaxes, como na adecuación da plantación, deficiencias de mantemento, etc., dunha zona verde.

    A materia se imparte a través da USC virtual.
    Sistema de evaluación
    Os alumnos serán examinados da parte teórica da materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro. Na parte correspondente a Xardinería, haberá tamén un exame das prácticas de identificación de especies ornamentais, que será necesario aprobar para superar a materia, no seu conxunto. As prácticas son de asistencia obrigatoria.

    O cómputo de cada unha das partes será o seguinte: 1) Parte teórica: 50%; 2) Parte práctica de identificación de especies: 25% do total da cualificación de Xardinería; 3) Traballos prácticos: 15% en Xardinería e 40% da cualificación de Paisaxismo; 4) Asistencia a clase e participación do alumno: 10%. Os alumnos deberán realizar os traballos prácticos que se propoñan durante o curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os créditos desta materia son 4,5. Isto supón un número total de horas computables de 112,5 horas, das cales 38 son presenciais e 74,5 horas correspóndense co traballo persoal do alumno.

    a) Distribución da docencia presencial:

    24h clases expositivas
    12h clases interactivas
    2h de titorías individuais

    b) Traballo persoal do alumno:

    Estímase unha dedicación mínima de 1,5 horas de estudo por hora de docencia expositiva. Por outra banda, o alumno deberá dedicar unhas 25 horas totais de traballo persoal, na preparación das prácticas e os traballos. Para a realización de exercicios estímase un total de 13,5 horas por alumno ou grupo. Isto quere dicir que, en total o alumno dedicará 74,5 horas totais ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos de prácticas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Trátase dunha materia optativa que comparten dúas áreas de coñecemento, Enxeñaría Agroforestal e Produción Vexetal, polo que a materia ten unha visión máis ampla no que afecta ao estudio da paisaxe, á creación da paisaxe e ao mantemento do mesmo. O alumno vai a estudar unha materia que abarca aspectos estéticos e sensibles na percepción da paisaxe pero que implica tamén un coñecemento profundo do medido físico. Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, e consultas de dúbidas nas titorías.

    É importante completar os contidos explicados nas clases mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria. Finalmente, recoméndase abordar o estudo das plantas ornamentais dende un punto de vista moi práctico, de modo individual, ou ben en grupo, aprendendo a recoñecelas en saídas a parques e xardíns e, observando as súas posibilidades de emprego.