G4061229 - Fitotecnia (Bases de Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia - Coñecer as características básicas dos factores do medio en canto á súa relación coa produción agrícola.
- Coñecer as respostas dos cultivos a factores ambientais extremos.
- Coñecer as técnicas agronómicas que permitan a explotación dos sistemas agrícolas.
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA
I. Nocións previas
Obxectivos e contido da materia
O noso contorno: agricultura en Galicia.
II. Tecnoloxía da produción agrícola
II.1. Accións sobre o medio abiótico
Enmendas:
Corrección de solos ácidos
Mantemento da materia orgánica en solos de cultivo
Técnicas de fertilización:
Bases agronómicas da fertilización
Produtos fertilizantes
O N e o abonado nitroxenado
O P e o abonado fosfórico
O K e o abonado potásico
Elementos secundarios (Ca, Mg, S) y micronutrientes
Avaliación das necesidades de nutrientes
Abonos de liberación lenta
Fertirrigación
Manexo de condicións climáticas adversas
Protección contra baixas temperaturas do aire (xeadas)
Protección contra o vento
Manexo da auga
Calidade da auga de rego
II.2. Accións sobre o compoñente biótico
Control de malas herbas
III. Xestión do espazo agrícola
III.1. Organización de cultivos
Rotacións e alternativas de cultivos
III.2. Xestión de conservación do medio agrícola
Salinidade
Contaminación
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. Posta en marcha de cultivos e o seu seguimento en campo.
2. Ensaios de fertilización.
3. Fitotoxicidade e promoción do crecemento de abonos orgánicos
4. Emprego de programas informáticos para o cálculo de necesidades de abonado.
5. Visita técnica explotación.
PROGRAMA DE SEMINARIOS
1. Cálculo de dose de enmendas encalantes.
2. Balance húmico. Cálculo de dose de abonos orgánicos.
3. Interpretación análise de solo. Cálculo dose de abonado mineral en N, P e K.
4. Interpretación calidade auga de rega.
5. Casos prácticos fertirrigación.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cadahía López, C. 2005. Fertirrigación de cultivos hortícolas, frutales y ornamentales. Ed. Mundi-Prensa.
Domínguez Vivancos, A. 1984. Tratado de fertilización. Ed. Mundi-Prensa.
Elías Castillo, F.; Castellvi Sentis, F. 2001. Agrometeorología. 2ª Ed. Ed. Mundi-Prensa.
Finck, A. 1988. Fertilizantes y fertilización. Ed. Reverté.
Loomis, R.S.; Connor, D.J. 2002. Ecología de cultivos. Productividad y manejo en sistemas agrarios. Ed. Mundi-Prensa.
Pizarro Cabello, F. 1985. Drenaje agrícola y recuperación de suelos salinos. Ed. Madrid Agrícola Española.
Rusell, F.W. 1992. Condiciones del suelo y desarrollo de las plantas según Russell. Ed. Mundi-Prensa.
Thompson, L.M. 1988. Los suelos y su fertilidad. Ed. Reverté.
Urbano Terrón, P. 1995. Aplicaciones Fitotécnicas. Ed. Mundi-Prensa.
Urbano Terrón, P. 2002. Fitotecnia. Ingeniería de la Producción Vegetal. Ed. Mundi-Prensa.
Villalobos, J.J.; Mateos, L.; Orgaz, F y Fereres, E. 2002. Fitotecnia. Bases y Tecnologías de la Producción Agrícola. Ed. Mundi-Prensa.
Vilain, M. 1987. La production végétale. Vol I. Les composantes de la production. Lavoisier.
Vilain, M. 1989. La production végétale. Vol. II. La maîtrise technique de la production. Lavoisier.
DIRECCIÓNS WEB RELACIONADAS
http:// www.fao.org
http:// www.xunta.es
http:// www.mediorural.xunta.es
http:// www.marm.es
http:// www.ciam.es
http:// www.aemet.es
CompetenciasOs alumnos deben ser capaces de utilizar os coñecementos adquiridos na materia para analizar, deseñar e manexar sistemas agrícolas orientados a optimizar a súa xestión co mínimo impacto ambiental. Deben de ser capaces de diagnosticar situacións agronómicas concretas e propor solucións para resolver os problemas que se presenten.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía proposta aplicarase á realización das diversas actividades docentes, combinando a docencia teórica coa práctica. Procurarase que as prácticas estean coordinadas no tempo cos contidos teóricos.
A ensinanza teórica basearase na “lección maxistral” impartida polo profesor ou por expertos en temas específicos (outros profesores do campus ou conferenciantes invitados). Esta farase apoiándose en medios audiovisuais dispoñibles, proporcionando en cada tema a bibliografía específica e poñendo á disposición dos alumnos materiais que reunan información que a miúdo está moi dispersa. Faranse seminarios e prácticas realizadas na aula de informática. Nesta materia están deseñadas diversas prácticas de campo e de laboratorio, así como unha viaxe de campo ao final do curso.
A realización dun traballo de campo individual ao longo do curso, por parte dos alumnos, permítelles acercarse á realidade e aplicar os coñecementos adquiridos a un caso práctico. Este traballo será exposto publicamente ao final de curso.
Os alumnos contarán con materais na USC virtual.
Sistema de evaluaciónFarase dous exames parciais liberatorios e un examen final escrito da parte teórica. As prácticas son obrigatorias, así como a realización dun informe das devanditas prácticas. Tamén é obrigatoria a realización dun traballo de campo. As cualificacións obtidas no exame práctico e no traballo de campo suporán o 35% da nota global alcanzada na materia. A nota da parte práctica consérvase en futuras convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalAinda que o tempo de dedicación depende da aptitude de cada alumno, poderíase estimar un tempo de dedicación de tres horas á semana durante todo o curso.
Recomendacións para o estudo da materiaTrátase dunha materia que abrangue aspectos moi diversos. A principal recomendación é que o estudo non se cinga aos apuntamentos tomados na clase, é moi importante manexar bibliografía específica para cada grupo de temas e acudir a distintas fontes de información. É recomendable resolver os casos prácticos propostos estudando minimamente a teoría e realizando as tarefas encomendadas semanalmente polo profesor.