Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041441 - Aproveitamentos Enerxéticos Hidráulicos (Intensificación en Hidroloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Hidráulica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLO SANCHEZ, RODRIGO.NON
REIGOSA CASTRO, MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Transmitir ao alumno a importancia de coñecer os principios físicos fundamentais do aproveitamento enerxético dos recursos hidráulicos.
    Coñecer as técnicas de deseño e cálculo das centrais de xeración eléctrica así como os procedementos principais da súa construción.

    Contidos
    A enerxía hidroeléctrica. Centrais de produción. Centrais hidroeléctricas.
    Turbinas e elementos de centrais. Dimensionamento.
    Tomas e desaugadoiros. Dispositivos de apertura e pechadura.
    Enerxía da ondada.
    Enerxía das mareas.
    Enerxía eólica offshore.
    Enerxía maretotérmica.

    Bibliografía básica e complementaria
    Aprovechamientos Hidroeléctricos, 2 volúmenes. Cuesta, L., Vallarino, E. (2000). Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Madrid.
    Ingeniería de ríos. J. P. Martin Vide. Ediciones UPC, Barcelona.
    Ingeniería Fluvial. Eduardo Martínez Marín. ETSICCP Madrid.
    Problemas de obras hidráulicas, F. Delgado, J. Delgado, 2ª, 2005, Grupo Editorial Universitario

    Competencias
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.

    As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán adicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade programase un control tipo test dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ó mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos seminarios interactivos.

    En canto ós seminarios interactivos, estos concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán exercicios e problemas, fundamentalmente en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado.
    Sistema de evaluación
    Recurrirase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia, ademáis do exame final, terá en conta os siguientes aspectos:
    - Asistencia e aproveitamento das clases expositivas (probas escritas de control á finalización das diferentes unidades). (Ata un 20% sobre a nota final).
    - Asistencia e aproveitamento dos seminarios interactivos. (Ata un 10% sobre a nota final).
    - Traballos / exercicios entregados e/ou presentados. (Ata un 10% sobre a nota final).

    As porcentaxes anteriores poderán axustarse lixeiramente en función da evolución do curso. Os alumnos serán informados desta posible modificación coa debida antelación.
    Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    ACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:

    Traballo presencial na aula:
    - Clases teóricas: 18 horas
    - Prácticas: 18 horas
    - Titoría en grupos: 2 horas
    - Actividades de avaliación: 4 horas
    Total: 42 horas

    Traballo persoal do alumnado:
    - Lectura e preparación de temas: 30 horas
    - Realización de exercicios: 10 horas
    - Prácticas: 20 horas
    - Elaboración de traballos de curso: 5 horas
    - Preparación de probas de avaliación: 5 horas
    Total: 70 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursadas Hidráulica I, Hidráulica II, Obras hidráulicas e Portos e Costas.
    Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
    Estudio diario da materia.
    Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización na clase.
    Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.