G4071343 - Seguridade e Hixiene (Intensificación en Industrias Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Proxectos de Enxeñaría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer a lexislación e contidos básicos en materia de prevención de riscos laborais.
Capacitar para a formulación de estudos, estudos e plans de seguridade e saúde.
Capacitar para o exercicio como coordinadores de seguridade e saúde.
Coñecer os riscos laborais propios do sector agroforestal
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA (18 HORAS). (TEMA HORA).
BLOQUE I. CONCEPTOS BÁSICOS
TEMA 1. O traballo e a saúde.
TEMA 2. Marco normativo básico.
BLOQUE II. RISCOS XERAIS E A SÚA PREVENCIÓN
TEMA 3. Riscos ligados a condicións de seguridade I: Lugares de traballo.
TEMA 4. Riscos ligados a condicións de seguridade II: Sinalización; Ferramentas; Máquinas; Electricidade; Incendios; Almacenamento, manipulación e transporte.
TEMA 5. Riscos ligados ao medio de traballo: Axentes físicos; Axentes químicos; Axentes biolóxicos.
TEMA 6. A carga de traballo, a fatiga e a insatisfacción laboral.
TEMA 7. Sistemas elementais de control de riscos.
TEMA 8. Control da saúde dos traballadores.
BLOQUE III. ELEMENTOS BÁSICOS DE XESTIÓN
TEMA 9. Xestión da prevención de riscos laborais. Avaliación de riscos.
TEMA 10. Organismos públicos relacionados coa seguridade e saúde no traballo. Responsabilidade e procedemento sancionador.
BLOQUE IV. PRIMEIROS AUXILIOS
TEMA 11. Primeiros auxilios: Organización. Primeiros auxilios. Mobilización e traslados.
BLOQUE V. RISCOS ESPECÍFICOS E A SÚA PREVENCIÓN: OBRAS DE CONSTRUCIÓN
TEMA 12. Lexislación. Estatísticas de sinestralidade laboral.
TEMA 13. O coordinador en materia de seguridade e saúde.
TEMA 14. Estudos e Plans de Seguridade e saúde
TEMA 15. Análise das condicións de implantación nas obras de construción.
TEMA 16. Condicións de seguridade nas obras de construción.
TEMA 17. Sector Agroforestal I.
TEMA 18. Sector Agroforestal II.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (18 HORAS). (PRÁCTICA 2 HORAS).
Formúlanse un total de nueveo sesións de dúas horas de duración ao longo das cales se desarrorá en grupos reducidos (máximo tres alumnos) o correspondente Estudo de Seguridade e Saúde, composto polo seu: memoria, planos, prego e presuposto, correspondente a un proxecto, que se proporcionará cada grupo. As sesións de pr'´acticas completarase con outras temáticas tales como: visitas a obras de construción, exposición de traballos de clase, uso de euipos de medida, primeiros auxilios, etc.
PL 1: TRABALLOS DE CLASE.
PL 2: TRABALLOS DE CLASE
PL 3: EQUIPOS DE MEDIDA DE SEGURIDADE E HIXIENE
PL 4: TRABALLOS DE CLASE
PL 5: TRABALLOS DE CLASE
PL 6: ESTUDO SEGURIDADE E SAÚDE I: ENTREGA PROXECTO E FORMULACIÓN DO CASO
PL 7: ESTUDO SEGURIDADE E SAÚDE II: APLICACIÓN INFORMÁTICA I
PL 8: ESTUDO SEGURIDADE E SAÚDE III: APLICACIÓN INFORMÁTICA II
PL 9: ESTUDO SEGURIDADE E SAÚDE IV: APLICACIÓN INFORMÁTICA III
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS). (TITORÍA 1 HORA).
Cada grupo de titorías elaborará e expoñerá varios traballos relacionadas cos contidos da materia. Os temas dos traballos e o calendario das exposicións estarán a disposición dos estudantes dende o primeiro día de clase
Titoría 1: exposición das normas para a elaboración dos traballos e orientación para a busca de información.
Titoría 2: seguimento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barrasa Rioja, M. 2002. Apuntes de Seguridad y Salud. Curso 2002/03. Unicopia. Lugo.
Beguería Latorre, P. A. 1989. Manual para estudios y planes de seguridad e higiene. Construcción. INSHT. Madrid.
http://www.mtas.es
http://www.xunta.es
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A especificar para cada tema, na guía docente da materia.
CompetenciasCompetencias específicas
Simular o exercicio profesional na formulación de proxectos de enxeñaría, ao elaborar os estudos de seguridade e saúde.
Competencias transversais
Habilidades en canto ao manexo, valoración, síntese e exposición da información. Utilización de ferramentas informáticas neste ámbito
Metodoloxía da ensinanza Materia cuatrimestral, con 18 horas de clases maxistrais distribuídas en tres horas por semana. As prácticas de laboratorio realízanse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 9 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Sistema de evaluaciónAsistencia obrigatoria a conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%.
Exame obrigatorio de carácter teórico-practico (tipo test) da totalidade dos contidos do programa, no cal será condición necesaria obter unha cualificación superior a 4,0.
Traballos de clase individuais.
Presentación e defensa do estudo de Seguridade e saúde, en grupos reducidos, o cal deberá obter unha cualificación mínima de 5,0.
A cualificación final obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 30, 10 e 30% respectivamente.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 18 Estudo individual 30
Prácticas de laboratorio 18 Elaboración de traballos 36
Titorías obligatorias 2 Realización do examen 2
TRABALLO NA AULA 38 TRABALLO PERSOAL 68
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia ao día.