Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071421 - Industria da Celulosa e do Papel (Industrias Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Vila Lameiro, Pablo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIL_01 HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia de Industria da celulosa e do papel figura como optativa en 4º Curso dentro do Plan de Estudos do Enxeñaría de Montes e está constituída polas disciplinas de Industria da celulosa e Industria do papel. Dada a relación indiscutible entre ambalas dúas, resulta obvio a súa consideración dentro dunha mesma materia.

    O estudo da Industria da pasta é unha disciplina específica e a súa finalidade é introducir o alumno nos procesos desenvolvidos nunha planta de pasta e comparar tecnoloxías diferentes. A súa metodoloxía docente debe comprender:

    1. Visións ampla –a nivel mundial e nacional– e local –a nivel rexional– da importancia da industria da pasta na economía actual.
    2. Ofrecerlle ao alumno unha visión de conxunto da evolución histórica desta industria.
    3. Describir detidamente as técnicas e procesos de maior produción nestes momentos.
    4. Concienciar da importancia do cumprimento da normativa ecolóxica nunha industria historicamente vista como altamente contaminante
    5. Ver “in situ” unha planta moderna do grupo ENCE (xa sexa en Pontevedra ou en Asturias).

    Como continuación do estudo da industria da pasta, enfócase esta segunda parte da materia, pero con menor carga docente. Isto débese ao seu menor peso real na economía actual nacional e rexional –que non menor peso potencial– e a que se nutre de conceptos xa expostos nese primeiro apartado. Con todo, presenta unhas características metodolóxicas diferentes, como son:

    1. Introducir o alumno na historia da produción de papel: métodos e tipos.
    2. Relacionar a primeira parte da materia: tipo de pasta con clase e calidade de papel.
    3. Elaborar un recorrido breve pero completo dos mecanismos e métodos de elaboración e acabado do papel.
    Contidos
    Tema 1. A Industria da celulosa: introdución
    Importancia da Industria da celulosa e do papel na economía nacional e internacional. Distribución do mercado da celulosa e do papel no mundo. O mercado da celulosa e do papel en Europa: importancia da produción española. Análise e evolución da industria da celulosa e do papel en España.
    Tema 2. As fibras como fonte de produción de celulosa papeleira
    Fibras de froitos: algodón y outras. Fibras liberianas: cáñamo, yute e outras. Fibras de gramíneas: esparto, bambú y outras. Fibras de follas. Outras fibras: animais, minerais, rexeneradas e sintéticas.
    Tema 3. Historia dos procesos de fabricación da celulosa
    Introdución. Procesos comercialmente importantes. Polpa mecánica. Polpa á sosa. Polpa ó sulfito. Polpa ó sulfato. Polpa semiquímica. Historia dos procedementos de branqueo da celulosa.
    Tema 4. A celulosa. Definición e importancia na produción de celulosa
    Definición de celulosa e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Características da celulosa en xeral. O proceso de oxidación da celulosa. Solución da celulosa. A celulosa da madeira: características e descrición por especies.
    Tema 5. A lignina. Definición e importancia na produción de celulosa
    Definición de lignina e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Estrutura e características químicas da lignina. Propiedades físicas da lignina. Historia dos procesos de extracción da lignina. As reaccións químicas da lignina: grupos funcionais, oxidacións, hidrólise, sulfonación, hidroxenación, hidroxenólise e haloxenación.
    Tema 6. Hemicelulosa y azucres. Influencia na recuperación de licores
    Hemicelulosas: definición e extracción. Diferenzas entre a celulosa e as hemicelulosas. Importancia das hemicelulosas nas polpas de papel. Estrutura da fibra de hemicelulosas. Os azucres nos licores de recuperación dos procesos de produción de celulosa para papel. Influenza de diversos extractos.
    Tema 7. Polpa ó sulfato ou polpa Kraft. Proceso, equipo e polpa
    Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Variables de cocción. Características da polpa resultante. Equipo utilizado: dixestores, tanque de descarga, lavadores e difusores. Proceso de recuperación de reactivos: licores. Fornos de recuperación do licor negro.
    Tema 8. Polpa ó sulfito. Proceso, equipo e polpa
    Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Procesos de produción de polpa ó sulfito: P. ó sulfito ácido, P. ó sulfito alcalino, P. ó bisulfito, P. ó sulfito en etapas múltiples e P. ó sulfito con alto rendemento. Características físicas da polpa resultante: propiedades ópticas e mecánicas.
    Tema 9. Polpa mecánica. Proceso, equipo e polpa
    Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso. Características da polpa resultante. Análise da calidade da polpa. Equipo utilizado: muíños e condicións de uso. Recomendacións para unha fábrica de polpa mecánica.
    Tema 10. Branqueo. Historia e clasificación
    Historia de los procesos de branqueo. Xustificación do branqueo. Diferenzas nos procesos de branqueo das distintas polpas químicas.
    Tema 11. Preparación da celulosa para a elaboración do papel
    Definición, xustificación e obxectivos. Accións máis importantes nos procesos de preparación da celulosa. Parámetros de definición da calidade da celulosa.
    Tema 12. Máquinas formadoras del papel. Evolución e tipos
    Evolución das máquinas formadoras de papel. Funcións e principios da máquina Fourdrinier e os seus distribuidores de celulosa. Máquina de cilindros: descrición, avantaxes e inconvenientes. Cubas, sacudidores e regadeiras. Secadores. Calandrias. Gofradoras.
    Tema 13. Proceso de formación del papel
    Descrición do proceso de formación. A distribución da celulosa. Drenado e formación. Prensado. Secado e ventilación. Calandrado. Embobinado e gofrado.
    Tema 14. Encolado y tinxido do papel
    El encolado del papel: xustificación, métodos, materiais e exemplos. Tipos de papel encolados. O tinxido do papel: os tons. Métodos de tinxido. Tipos de colorantes: básicos, ácidos, directos e pigmentos sintéticos.
    Tema 15. Tratamentos superficiais do papel
    Definición y obxectivos. Adhesión. Especificacións. Recubrimento. Vernices: retención e uso. Problemas coa aplicación de vernices.
    Tema 16. Recuperación do papel. Situación e potencialidade
    Antecedentes. Tipos de recollida. Situación da recollida selectiva de papel na Unión Europea e en España. Aceptación social da recollida selectiva de papel.
    Preparación de la visita a una planta de produción de polpa de ENCE
    Situación, tipo de produción e capacidade. Breve recorrido histórico do grupo ENCE. O compromiso de ENCE coa calidade e o medio ambiente: ISO 9002, ISO 14001, SIGMA (Sistema de Xestión Medioambiental).

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica en Industria da pasta e do papel
    1. CASEY, J.P. (1990): Pulpa y papel: Química y tecnología química. Vol. I y II. Noriega editores. Limusa. Méjico.
    2. EARL LIBBY, C. (1967): Ciencia y tecnología sobre pulpa y papel. Tomo I: pulpa. Tomo II: papel. México. Compañía Editorial Continental.

    Bibliografía específica para cada unha das Unidades didácticas
    3. BERMÚDEZ, J.D. (1999): La Industria de la pasta de la celulosa, papel y cantón. CIS-Madera. Nº. 3 (nov. 1999) ; p. 6-29
    4. FAO (1998):Guía para planificar empresas y fábricas de pasta y papel. Colección FAO Montes. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. Roma.
    5. GALIN, R. D. (1994): Paper marketing and distribution trends Robert B. & Galin. Eds. Miller Freeman, cop. San Francisco.
    6. GRANT, J. (1966): Manual sobre la fabricación de pulpa y papel: laboratorio. Sucursal Editorial Continental. México.
    7. LAVIGNE, J. R. (1996): An Introduction to paper industry instrumentation. Ed. Miller Freeman. San Francisco.
    8. LOPEZ ALVAREZ S.V.; SIERRA GRANADOS L. (1986): Tecnología de la fabricación del papel. UPM. ETSIM. Madrid
    9. POVEDA DÍAZ, P. (1986): Obtención de pastas por procesos menos contaminantes que los actuales, cocción con oxígeno. Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias. Madrid.
    10. RYDHOLM S. (1965): Pulping processes. New York.
    11. SIERRA GRANADOS, L. (1988): Estudios de viabilidad de proyectos de fábricas de pastas de celulosa y papel. Fundación Conde del Valle de Salazar, D.L. Madrid.

    PUBLICACIÓNS PERlÓDlCAS DE CONSULTA RECOMENDADA
    1.- Actualidad Forestal de Galicia. España.
    2.- CIS Madera Galicia. España
    3.- ASPAPEL: Informes estadísticos. España
    4.- El papel y la industria pastero-papelera española. España.
    5.- AITIM (Boletín de Información Técnica). España.
    7.- Annales de Recherches Sylvicoles (AFOCEL). París (Francia).
    9.- Journal of forestry. Maryland (USA).
    10.- Spanish Journal of Rural Development

    PUBLICACIÓNS ELECTRÓNICAS DE CONSULTA RECOMENDADA
    www.aspapel.es
    www.cepi.org
    www.ence.es
    www.celpa.pt
    www.forestindustries.se
    www.pulpandpaperonline.com
    www.sjruraldevelopment.org

    Competencias
    O alumno debe ser capaz, ó completar a formación desta asignatura, de identificar e interpretar calquera proceso de produción de celulosa/polpa ou de papel, así como de entender o seu funcionamento e o cálculo/deseño de instalacións de carpintaría, secado, descortizado e trituración da madeira

    Para isto debe demostrar as suficientes habilidades en canto á captación de metodoloxías de produción industrial, así como de predisposición á formación en tecnoloxías pouco ou nada contaminantes

    O alumno demostrará capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de subministro de materias primas na industria forestal, así como coñecementos dos principios básicos da Química celulósica e papeleira e dos seus procesos industriais.

    Se incentivará a formación persoal e a procura de información relativa ó ámbito da asignatura, ampliando os límites de coñecemento e mellorando a súa visión global do que é unha das industrias de máis futuro do sector forestal

    Metodoloxía da ensinanza
    É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.

    Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.

    Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.

    Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.

    Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.

    Sistema de evaluación
    - Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
    Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas)

    - Méritos imputables na avaliación numérica
    Preguntas breves 20 % da nota final
    Preguntas tema 10 % da nota final
    Traballos de documentación 70 % da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 4 horas de dedicación á asignatura, o cal supón un total de, aproximadamente 90 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 5 horas para a preparación da viaxe de prácticas.

    É dicir, son necesarias un total de 95/100 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia

    Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos

    Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos

    Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora

    Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada