Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4031104 - Xestión da Información e Das Comunicacións do Proxecto (Fundamentos da Dirección de Proxectos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 1.50
  • Total: 1.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 4.50
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 1.50
  • Total: 12.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Proxectos de Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AMIAMA ARES, CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno nocións básicas sobre o proceso comunicativo e a súa importancia no ámbito da dirección de proxectos. Desenvolver habilidades que permitan xerar un plan de xestión da información e as comunicacións nun proxecto. Familiarizar ao alumno con ferramentas para a xeración de informes, facendo especial fincapé na discriminación da información que se incluirá, dependendo do destinatario. Achegar ao alumno aos procesos de normalización de documentación do proxecto. Introducir novas ferramentas para comunicación e xestión de información nunha contorna web.




    Contidos
    Contidos teóricos
    O proceso comunicativo. Os elementos na comunicación. Eficacia nas comunicacións. O plan de xestión de información e comunicacións nun proxecto/empresa. Xeración de informes, contido e estrutura. Normalización nos documentos do proxecto.
    Contidos prácticos
    Ferramentas para o intercambio da información. Internet, un xiro na forma de compartir a información. Elaboración de informes “ad hoc”. Potencialidade do xestor de informes de Microsoft Project.

    Bibliografía básica e complementaria
    Arenas, J. M. (2004). Dirección y gestión de proyectos técnicos. Fundación General de la Universidad Politécnica de Madrid.
    • Cuadrado, C. (2007). Protocolo y comunicación en la empresa y los negocios. Fundación Confemetal, Madrid.
    • Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal : para saber tratar con las personas. Narcea, Madrid.
    • García, A. (2004). Manual de dirección y organización de obras. CIE-DOSSAT
    • García, J. (2003). Tecnología de la comunicación e información escrita. Síntesis, Madrid.
    • Gómez de Enterría, J. (2008). La comunicación oral en la empresa. Arco/Libros, D.L. Madrid.
    • González, F.J.(2002). Manual para una eficiente dirección de proyectos y obras. FC EDITORIAL
    • Libaert, T. (2005). El Plan de comunicación organizacional : cómo definir y organizar la estrategia de comunicación. Limusa, cop. México.
    • Martínez, G. (2007). Organización y gestión de proyectos y obras. McGraw-Hill, Madrid.
    • Merchan, F. (2000) Manual para la dirección de obras. CIE-DOSSAT
    • Monarth, H. (2008). Desarrolle sus habilidades de comunicación. McGraw-Hill, México.
    • Pérez, R. (2005). Estrategias de comunicación. Ariel, Barcelona.
    • PMI Standards Committee.(1998) Guía de los fundamentos de la dirección de proyectos. Editor Project Management Institute Standards Commitee/AEIPRO
    • Ponjuán, G. (2007). Gestión de información: dimensiones e implementación para el éxito organizacional. Trea, Gijón
    • Pozo, M. (2007). Gestión de la comunicación interna en las organizaciones : casos de empresa
    • Eunsa, Pamplona.
    • Velilla, R. (1995). Guía práctica para la redacción de informes. EDUNSA, D.L. Barcelona
    • Arenas Reina, José Manuel
    • West, R. (2005). Teoría de la comunicación : análisis y aplicación. McGraw-Hill, Madrid.

    Competencias
    Competencias xenéricas
    * Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares.
    * Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    * Aprender a aprender.
    * Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
    * Capacidade de análise e síntese.
    * Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados.
    * Capacidade para o intercambio de opinións e para comunicar.

    Competencias específicas
    * Capacidade para comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos), nunha contorna de orientación aos resultados.
    * Capacidade para comprender as implicacións básicas da contorna que rodea ao proxecto, á organización permanente que o desenvolve, os programas e carteiras de proxectos, a contorna económica, financeiro e mercantil, a contorna tecnolóxica e a contorna legal.
    * Capacidade para xestionar os datos do proxecto e para redactar informes periódicos e finais do proxecto
    * Capacidade para identificar e xestionar os cambios do proxecto.
    * Capacidade intercambiar de forma exitosa a información entre os distintos axentes do proxecto.

    Metodoloxía da ensinanza
    Materia con 10 horas de clases distribuídas en 4 horas de clases teóricas e 6 horas de clases prácticas. As prácticas de laboratorio realízanse en grupos de 25 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 2 sesións de prácticas de laboratorio (de 3,0 horas cada unha). Os alumnos deben de presentar o informe final de cada práctica ou seminario.

    A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizalo fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da asignatura, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
    Sistema de evaluación
    Mixta con casos prácticos e exame. Avalíase ao alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan un exame. A cualificación do alumno é unha media ponderado, ao 50%-50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía ao mesmo: exame e rendemento nas prácticas (casos). Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliará o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.

    Para superar a asignatura exísexe ao alumno a asistencia a un 75 % das clases teóricas e prácticas. o non cumprimento da asistencia conlevará que, para a superación da asignatura, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. As calificacións dos casos prácticos e dos exames conservaranse únicamente durante o curso académico.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Presenciais. Asistencia a 5 horas de teoría na aula para traballar os contidos teóricos. Ademais, realizaranse 10 horas de prácticas para a resolución de varios casos prácticos. Total: 15 horas de traballo.

    Non presenciais. Estudo de materiais docentes durante a impartición da materia, 5 horas. Preparación de prácticas, 8 horas. Elaboración de memorias de prácticas, 4,5 horas. Preparación do exame e avaliación, 5 horas. Total: 22,5 horas de traballo persoal.

    Total volume de traballo: 37,5 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Participación activa nas clases e uso das tutorías.