Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4031110 - Xestión de Recursos Humans (Fundamentos da Dirección de Proxectos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 2.00
  • Total: 2.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 8.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 16.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Proxectos de Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ RODRIGUEZ, FLORENTINO.SI
Díaz Varela, Emilio Rafael.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os procesos básicos que se desenvolven na área funcional de xestión de recursos humanos do proxecto. Coñecer as bases dunha metodoloxía de xestión de recursos humanos aplicable a calquera tipo de proxecto.
    Comprender os conceptos esenciais no relativo a motivación, desmotivación, liderado, sistemas de recoñecemento do traballo realizado, negociación e xestión de conflitos.
    Aprender a preparar o CVitae propio e as entrevistas de selección de persoal.


    Contidos
    Metodoloxía de xestión de recursos humanos do proxecto: planificación, obtención do equipo de proxecto, desenvolvemento e integración do equipo, e dirección do mesmo.
    Matrices de responsabilidade.
    Definición de perfís laborais.
    Contido dun plan de recursos humanos.
    Motivación e desmotivación. Causas.
    Delegación.
    Liderado.
    Actividades de construción e integración do equipo.
    Recoñecemento do traballo realizado. Premios e castigos.
    Técnicas de negociación.
    Xestión de conflitos.
    Preparación do CVitae propio e das entrevistas de selección de persoal.
    Selección de persoal por parte do director de proxecto.

    Bibliografía básica e complementaria
    • Briner, W. et al. Project Leadership. Gower.
    • Dinsmore, P.C. (ed). Human Factors in Project Management. AMACOM.
    • Kliem, R.L., Ludin, I.S. The People Side of Project Management. Gower.
    • Kliem, R. Leading high performance projects. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
    • PMI Standards Committee. Guide to the Project Management Body of Knowledge Third Edition (PMBOK Guide). Project Management Institute (USA).
    • PMI Standards Committee. Guía de los Fundamentos de la Dirección de Proyectos Tercera Edición (Guía del PMBOK). Project Management Institute (USA) (NOTA: se trata de la traducción oficial al español de la referencia anterior).
    • Turner, R.J. (editor). People in project management. Gower.

    Competencias
    Competencias xenéricas
    • Liderar e traballar eficazmente en equipo.
    • Traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    • Aprender a aprender.
    • Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
    • Analizar e sintetizar.
    • Resolver problemas de forma efectiva.
    • Comparar e seleccionar alternativas de xestión.
    • Tomar decisións considerando globalmente diferentes aspectos (técnicos, económicos, ambientais; entre outros).
    • Estar aberto ás achegas, suxestións, dúbidas e preocupacións doutros, de xeito que o proxecto se poida beneficiar diso ( actitude aberta).
    • Intercambiar opinións e comunicar eficazmente as súas ideas e defenderas.
    • Asumir con responsabilidade ética o seu papel profesional.

    Competencias específicas
    • Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto, intentando chegar a unha solución satisfactoria para todos, incluíndo posibles situacións de conflito e crise, en proxectos normais, de tamaño reducido e sen excesiva complexidade.
    • Capacidade para comprender as implicacións básicas do medio que rodea ao proxecto, e en particular a organización permanente que o desenvolve.
    • Capacidade de crear estruturas de desagregación organizativa.
    • Coñecer unha metodoloxía específica para a xestión de recursos humanos do proxecto.
    • Partes interesadas: capacidade para identificar ás partes interesadas no proxecto e os seus intereses, e para priorizaros.
    • Preparar o CVitae propio e as entrevistas de selección de persoal.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía con clases maxistrais de teoría e resolución en clase de casos prácticos, coa metodoloxía habitual do caso. Taller de traballo para preparar o CVitae propio e as entrevistas de selección de persoal.

    Todalas actividades contarán có apoio da plataforma Virtual da USC, suministro de información , avisos, entrega de traballos, consultas,...
    Sistema de evaluación
    Mixta con talleres de traballo e casos prácticos, e exame. Avalíase ao alumno en función das súas respostas ás preguntas dos profesores e ás súas intervencións e resultados nos talleres de traballo e casos prácticos, sexa de forma individual ou en grupo. Ao final da materia os alumnos realizan un exame. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50% - 50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes en que se avalía ao mesmo: exame e rendemento nas prácticas (talleres, casos). Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte. Nas prácticas avaliará o rendemento do alumno na aula, e a calidade das memorias entregadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Presenciais. Asistencia a 10 horas de traballo na aula para traballar os contidos teóricos. Ademais, realizaranse 10 horas de prácticas coa resolución de casos prácticos e con talleres de traballo de preparación do CVitae e de entrevistas de traballo. Total: 20 horas de traballo.

    Non presenciais. Estudo de materiais docentes durante a impartición da materia, 10 horas. Preparación de prácticas, 10 horas. Elaboración de memorias de prácticas, 5 horas. Preparación do exame e avaliación, 5 horas. Total: 30 horas de traballo persoal.

    Total volume de traballo: 50 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Axeitarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursara. Estudo previo dos materiais docentes antes de chegar a clase, para comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Participación activa nas clases e uso das titorías.