Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

P4031111 - Prácticas en Empresa (Prácticas en Empresa) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 15.00
  • Total: 15.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 10.50
  • Horas de Titorías: 31.50
  • Total: 42.0

Outros Datos

  • Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Proxectos de Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
AMIAMA ARES, CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Realizar un contacto inicial cunha organización empresarial desenvolvendo actividades de dirección de proxectos ou relacionais.

    Actividade profesional anticipada para pór en valor os aspectos teóricos recibidos no módulo I do Máster.


    Contidos
    O presente Máster ten previsto no seu programa docente un 2º módulo para a realización de “Prácticas en empresas”, con 375 horas de dedicación prevista que se desenvolverá durante dez semanas.
    Estancia de dez semanas nunha empresa ou unidade da Administración relacionada coa dirección de proxectos. O labor que hai que realizar deberá ter unha compoñente clara de dirección de proxectos ou de apoio á devandita dirección. Intentarase que a empresa se dedique ao campo de especialización por que o alumno teña mostrada preferencia.
    O principio da estancia farase, en forma de contacto, unha aproximación aos termos de referencia do traballo a realizar significando os aspectos formativos para o alumno. Este traballo deberá ser levado a cabo por un representante da empresa, preferiblemente o que se vaia a encargar de tutelar ao alumno, e doutra banda polo seu titor. Esta aproximación intentará que a estancia do alumno sexa o mas proveitosa posible.
    Intentarase que o alumno reciba unha bolsa polo traballo que desenvolva na empresa.

    Bibliografía básica e complementaria
    Non procede.
    Competencias
    Competencias Xenéricas:
    A característica do Master de tipoloxía profesional marca a necesidade de que os alumnos teñan un contacto inicial co mundo da empresa. Este contacto por un lado facilitarálles o acceso ao mesmo unha vez finalizada a súa formación ademais de permitirlles por primeira vez cotexar a súa formación fronte a problemas do día a día nunha organización empresarial. Este contacto coa empresa permitirálles tamén contactar con diferentes profesionais e persoal de todas as tipoloxías de xeito que as súas competencias xerais e específicas melloren significativamente.

    Competencias específicas:
    Determinaranse para cada alumno especificamente en función da empresa asignada.


    Metodoloxía da ensinanza
    Traballo continuo e profesional, tutorado constantemente desde a comisión académica do máster.

    A USC virtual usarase únicamente como lugar de intercambio de experiencias, a través do foro, e da ferramenta de correo.
    Sistema de evaluación
    Memoria final do alumno. O alumno deberá presentar unha memoria na que reflectirá os aspectos relativos a algunha das áreas de dirección de proxectos estudiada, na que realizase a súa actividade.

    Informe do titor académico. O titor académico do alumno deberá avaliar períodicamente a evolución do alumno na empresa.

    Informe do titor da empresa. O titor do alumno na empresa deberá refrendar o exposto polo alumno no seu informe, así como garantir a adecuación da actividade encomendada cos obxectivos das prácticas.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    10 semanas de estancia, que representan 375 horas de traballo.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O alumno deberá integrarse profesionalmente na referida empresa.