G4041445 - Enxeñaría do Tráfico (Intensificación en Transportes e Servizos Urbanos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia pretende proporcionar os coñecementos de enxeñaría de tráfico necesarios para o desenvolvemento da súa actividade profesional. O obxectivo é dotar ao alumno da capacidade suficiente para desenvolver totalmente as competencias no que se refire a:
- Analizar as características do tráfico viario
- Desenvolver e interpretar estudos de tráfico e aplicar os conceptos de capacidade e nivel de servizo
- Coñecer os principios básicos dos modelos utilizados para a previsión do tráfico en redes viarias
- Aplicar os métodos de regulación da circulación en zonas urbanas e de xestión do
tráfico interurbano
- Planificar e deseñar medidas de mellora da seguridade vial
Contidos1. Introdución e datos básicos. A Función da Enxeñaría de Tráfico. Evolución dos parques de vehículos e do seu uso. Características de funcionamento dos vehículos. Os condutores.
2. Teoría do tráfico e da capacidade viaria. Características básicas do tráfico. Conceptos de intensidade, composición e velocidade. Conceptos xerais de capacidade e nivel de servizo.
3. Capacidade e nivel de servizo nos distintos tipos de vías. Capacidade dos ramais. Tramos de trenzado.
4. Estudos de tráfico e análise da demanda. Aforamentos. Medida da velocidade e doutras características dos vehículos. Elementos de transporte urbano. Análise da demanda.
5. Teorías matemáticas do tráfico. Teoría básica. Teorías para a descrición do tráfico.
6. Planificación de sistemas viarios. Prognosis do tráfico urbano. Asignacións de tráfico e distribución de desprazamentos por medios de transporte. A peaxe. Situacións especiais: Aeroportos e centros comerciais.
7. Características xeométricas dos sistemas viarios. Características das vías que afectan esencialmente á súa función. Tipos e elementos fundamentais das interseccións e de enlaces.
8. Ordenación da circulación e do uso das vías. Sinalización. Regulación das interseccións por medio de semáforos. Sistemas de semáforos. Ordenación da circulación de peóns.
9. Seguridade viaria. A deterioración do medio ambiente: Ruído e contaminación atmosférica.
10. Sinalización viaria. Estacionamento e transportes públicos urbanos
Bibliografía básica e complementaria• Ingeniería de Tráfico ". Antonio Valdés. Tercera edición, 1988.
• "Colección de libros: Trafico, explanaciones y drenajes, trazado de carreteras, y firmes ", Kraemer C., E.T.S. de ingenieros de Caminos de Madrid.
• "Manual de Capacidad de Carreteras". Asociación técnica de carreteras. Comité español de la A.I.P.C.R.
• "Elementos de ingeniería de Tráfico ". Kraemer C.. E.T.S. de Ingenieros de Caminos de Madrid.
• "Control de tránsito urbano ". A. Martínez Márquez.
• "Modelos de trafico vial". J. G. Gardela Oliveros.
• "Traffic Engineering". William R. MacShane y Roger P. Roces
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se suscitan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Utilización da información bibliográfica e de internet.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
Coñecemento do deseño e funcionamento das infraestruturas para o intercambio modal, tales como portos, aeroportos, estacións ferroviarias e centros loxísticos de transporte.
Dotar dunha formación xeral ao estudante en relación coa dobre vertente da disciplina de tráfico: Ordenación da circulación e planeamento dos sistemas viarios, implicacións na ordenación urbanística. Coñecemento dos conceptos de capacidade e nivel de servizo para os diferentes tipos de vías, ata de tramos especiais das mesmas. Entender as súas implicacións para o proxecto e deseño de obras lineais e o deseño e trazado de viario urbano. Aproximarse aos criterios que fixan os conceptos de capacidade para condicións de circulación interrompida (tráfico urbano), conceptos de conxestión, regulación semafórica, mobilidade urbana e as implicacións que no momento presente ten a Enxeñaría de Tráfico nas contornas urbanas. Coñecemento das teorías matemáticas que representan o fenómeno do tráfico e as similitudes con outras formulacións para outras disciplinas da Enxeñaría.
Metodoloxía da ensinanza CLASES EXPOSITIVAS
Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións.
PRÁCTICAS
Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas. Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar prácticas que servirán de complemento aos contidos teóricos.
TITORÍAS
As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas de laboratorio, etc.).
Sistema de evaluaciónConsidérase necesaria a asistencia e participación activa nas clases, onde haberá un seguimento personalizado do alumnado.
É necesaria a realización das prácticas e traballos de curso.
No exame haberá dúas partes diferenciadas para teoría e práctica e deben aprobarse ambas. A estrutura dos exames ordinarios e extraordinarios será a mesma.
Conservarase a cualificación en cada parte aprobada ao longo do curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalACTIVIDADES FORMATIVAS EN HORAS:
Traballo presencial no aula:
- Clases teóricas: 18 horas
- Prácticas: 18 horas
- Titoría en grupos: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas
Total: 42 horas
Traballo persoal do alumnado:
- Lectura e preparación de temas: 30 horas
- Realización de exercicios: 10 horas
- Prácticas: 20 horas
- Elaboración de traballos de curso: 5 horas
- Preparación de probas de avaliación: 5 horas
Total: 70 horas