Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071422 - Ordenación de Montes e Certificación Forestal (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ-MAROTO HIDALGO, IGNACIO JAVIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivo xeral

    Capacidade para aplicar as técnicas da ordenación forestal e da planificación do territorio, así como, os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedementos da certificación forestal.

    Obxectivos específicos

    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Ordenación de Montes e a Certificación Forestal. Facultade para seleccionar os tratamentos silvícolas, quendas e métodos de ordenación adecuados en cada caso. Utilización de ferramentas SIX e de toma de decisións.

    Contidos
    CONTIDOS XERAIS

    1. Concepto, obxectivos e historia da ordenación de montes
    2. Fundamentos silvícolas da ordenación de montes: Formas de masa, temperamento, tratamentos silvícolas,...
    3. Fundamentos económicos: Determinación de quendas, idades de madurez e diámetros de corta
    4. Estrutura e contido dun Proxecto de Ordenación: Normativa, plans anuais, revisións da ordenación. Plans Técnicos
    5. Métodos de ordenación de recursos madeireiros e non madeireiros
    6. Toma de decisións na xestión forestal
    7. Certificación forestal: Concepto de xestión forestal sostible, orixe e significado da certificación da xestión forestal sostible, certificación da cadea de custodia, os sistemas de certificación forestal, criterios e indicadores de xestión sostible, as auditorías, situación actual e perspectivas da certificación en España e, no resto do mundo

    PROGRAMA DA MATERIA "ORDENACIÓN DE MONTES E CERTIFICACIÓN FORESTAL"

    PROGRAMA TEÓRICO

    I.- INTRODUCIÓN
    Introdución. Concepto de ordenación de montes. Obxectivos e características da xestión forestal.

    II.- FUNDAMENTOS TÉCNICOS Y ECONÓMICOS
    A Silvicultura, a Dasometría e o Inventario Forestal como ferramentas da Ordenación de Montes.
    A toma de decisións na xestión forestal. Análise de inversións.
    Idades de madurez. Criterios de determinación.
    O modelo de xestión. Tipoloxía de cuarteis. O monte normal.

    III.- MÉTODOS DE ORDENACIÓN
    Métodos de ordenación: Introdución. Método de división por cabida.
    Ordenación do monte baixo e do monte medio.
    Ordenación do monte alto regular: Método de tramos periódicos.
    Ordenación do monte alto regular: Métodos do tramo único e do tramo móbil en rexeneración.
    Ordenación do monte alto regular: Método de ordenación por rodais.
    Ordenación do monte alto irregular: Método de ordenación por entresaca.
    Métodos de ordenación de sistemas pastorais e silvopastorais
    Métodos de ordenación de montes mediterráneos no pastorais. Ordenacións especiais: Resina, corcho, froitos.
    Métodos de ordenación baseados na programación lineal.

    IV.- MODELOS DE XESTIÓN FORESTAL MEDIANTE PROGRAMACIÓN MATEMÁTICA
    Fundamentos de programación lineal.
    Modelos de xestión de masas regulares.

    V.- CERTIFICACIÓN FORESTAL
    Certificación da xestión forestal sostible. Orixe e desenvolvemento. Sistemas de certificación.

    PROGRAMA PRÁCTICO

    I.- INSTRUCCIÓNS PARA A ORDENACIÓN DE MONTES
    Orixe e evolución das Instrucións de Ordenación. Estrutura dun Proxecto de Ordenación de Montes.

    II.- PROXECTO DE ORDENACIÓN: INVENTARIO
    Capítulo I: Estado legal.
    Capítulo II: Estado natural.
    Capítulo III: Estado forestal.
    Capítulo IV: Estado económico.

    III.- PROXECTO DE ORDENACIÓN: PLANIFICACIÓN
    Capítulo I: Fundamentos e fins.
    Capítulo II: Plan Xeral.
    Capítulo III: Plan Especial.
    Proceso de execución, seguimento e control (Plans anuais e revisións).

    IV.- TRABALLO PRÁCTICO
    Obxectivos e contido do traballo práctico.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    • BUONGIORNO, J. y GILLES, J.K., 1987. Forest management and economics. Ed. MacMillan, New York.
    • BUONGIORNO, J. y GILLESS, J.K., 2003. Decision Methods for Forest Resource Management. Ed. Academic Press. 439 pp.
    • DAVIS, L.S., JOHNSON, K.N., BETTINGER, P.S. y HOWARD, T.E. 2001. Forest Management to Sustain Ecological, Economic and Social Values. Fourth Edition, Ed. McGraw-Hill, New York. 804 pp.
    • GRUPO DE TRABAJO FSC ESPAÑA, 2007.Estándares Españoles de Gestión Forestal para la Certificación FSC. Madrid.
    • GRUPO DE TRABAJO FSC ESPAÑA, 2007. Guía Práctica sobre Certificación Forestal. Ministerio de Medio Ambiente, Madrid.
    • INFOR, 2002 Manual instructivo sobre Certificación Forestal http://www.infor.cl/webinfor/PWGMA/repositorio/Manual%20Instructivo%20de20%Certificacion.pdf
    • MADRIGAL, A., et al. 1994. Ordenación de montes arbolados. Instituto Nacional para la Conservación de la Naturaleza, Madrid. 375 pp.
    • PEFC España, 2008. Revisión del Sistema Español de Certificación Forestal. Madrid.

    Bibliografía complementaria

    • AVERY, T. y BURKHART, H., 1994. Forest mesurations. Ed. McGraw-Hill, New York.
    • BRAVO, F y DEL PESO C., 1999. Problemas de Ordenación de Montes. E.T.S.II.AA. Universidad de Valladolid, Palencia.
    • CLUTTER, J.L., FORSTSON, J.C., PIENAAR, LV., BRISTER, G.H. y BAILEY, R.L., 1983. Timber management. A quantitative approach. Ed. Wiley & Sons, New York.
    • DAVIS, L.S. y JOHNSON, K.N., 1987. Forest Management. Third Edition. Ed. McGraw-Hill, New York. 790 pp.
    • DUBOURDIEU, J., PRIETO, A. y LÓPEZ QUERO, M., 1993. Manual de Ordenación de Montes. Ed. Paraninfo, Madrid. 261 pp.
    • DUBOURDIEU, J., 1997. Manuel d’Aménagement Forestier. Office National des Forêts, Technique et Documentation Lavoisier, Paris. 244 pp.
    • FOREST STEWARDSHIP COUNCIL, 2002. El FSC anuncia una política para la certificación de la cadena de custodia en grupo (http://www.fscoak.org/fscnews/enefeb2002/not_120202.htm)
    • GONZÁLEZ MOLINA, J.M., PIQUÉ, M. y VERICAT, G., 2006. Manual de Ordenación por Rodales: Gestión multifuncional de los espacios forestales. Centre Tecnològic Forestal de Catalunya, Lleida. 205 pp.
    • MACKAY, E., 1944. Fundamentos y métodos de ordenación de montes (1ª parte). 336 pp., Escuela Especial de Ingenieros de Montes, Madrid.
    • MACKAY, E., 1949. Fundamentos y métodos de ordenación de montes (2ª parte). 768 pp., Escuela Especial de Ingenieros de Montes. Madrid.
    • LEUSCHNER, W.A., 1984. Introducction to forest resource management Ed. Wiley & Sons, New York.

    Normativa

    - Ministerio de Aricultura, 1971. Instrucciones Generales para la Ordenación de Montes Arbolados. 118 pp., Dirección General de Montes, Caza y Pesca Fluvial. Madrid.
    - Junta de Castilla y León, 1999. Instrucciones generales para la ordenación de montes arbolados en Castilla y León. Junta de Castilla y León.
    - Ley 43/2003, de 21 de noviembre, de Montes.
    - Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
    - Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.
    - Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
    - Convenio europeo del paisaje, aprobado en Florencia el 20 de octubre de 2000 a propuesta del Consejo de Europa, entrado en vigor el 1 de marzo de 2004.

    Competencias
    Deberá capacitarse aos alumnos para:

    1. Coñecer os principios e as utilidades da Ordenación de Montes e a Certificación Forestal.
    2. Capacidade para que os alumnos podan aplicar as técnicas da ordenación forestal e da planificación do territorio.
    3. O coñecemento racional dos tratamentos silvícolas, quendas e métodos de ordenación adecuados en cada caso concreto.
    4. O coñecemento dos criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos diferentes sistemas de certificación forestal.
    5. A utilización de ferramentas SIX e de toma de decisións na ordenación de montes.
    6. O coñecemento da principal lexislación relacionada con ditas disciplinas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia corresponde ao primeiro semestre do cuarto curso do Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural impartido na Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    A parte teórica impartirase, principalmente, en clases maxistrais nas que se explicarán os contidos básicos de xeito que sexa posible unha participación activa do alumnado. As prácticas realizadas durante o curso, son de carácter obrigatorio e, axudaran ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. O traballo práctico, tamén obrigatorio, que os alumnos deben realizar durante o curso, facilitara e reforzara ó aprendizaxe dos contidos da materia. En ambos dous casos, prácticas e traballo práctico, os temas versaran sobre a análise individualizado, ou ben, en grupos, de distintos exemplos de montes, onde se están a desenvolver proxectos de ordenación cun obxectivo principal diferente, por exemplo, a produción madeireira, os usos protectores do monte, o seu uso social. Non obstante, non debemos perder de vista que a posta en funcionamento de calquera proxecto de ordenación persigue fundamentalmente potenciar o uso múltiple do monte.

    Tamén, está previsto a realización dunha viaxe de prácticas, sempre que sexa posible, para o estudo global dun monte onde se este desenvolvendo o seu correspondente Proxecto de Ordenación, ou ben, no seu caso, seu Plan Técnico.
    Sistema de evaluación
    Os alumnos serán examinados da parte teórica da materia mediante un exame escrito tipo test que terá lugar nas datas aprobadas polo centro. As prácticas, tal e como comentouse anteriormente, son de asistencia obrigatoria e os alumnos deberán entregar por escrito os resultados acadados en cada una delas.

    O cómputo de cada unha das partes da materia será o seguinte: 1) Parte teórica: 40%; 2) Prácticas: 25%; 3) Traballo práctico: 25%; 4) Asistencia a clase e ao viaxe de prácticas, así como a participación activa do alumno no desenvolvemento da materia: 10%.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os créditos desta materia son 6,0. Isto supón un número total de horas computables de 150 horas, das cales 58 son presenciais e 92 correspóndense co traballo persoal do alumno.

    a) Distribución da docencia presencial:

    24 h clases expositivas
    24 h clases interactivas
    3 h de titorías en grupo
    3 h de titorías individuais
    4 h de actividades de avaliación

    b) Traballo persoal do alumno:

    Estímase unha dedicación mínima de 1,5 horas, por hora de docencia expositiva, para a lectura e a preparación dos temas ademais da realización dos exercicios, é dicir, 36 horas. Por outra banda, o alumno deberá dedicar 46 horas totais de traballo persoal, na preparación das prácticas e os traballos do curso. Finalmente, para a preparación das probas de avaliación estímase un total de 10 horas por alumno. Isto quere dicir que, en total o alumno dedicará 92 horas totais ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos de prácticas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Trátase dunha materia obrigatoria que pertence a Área de Coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. O alumno vai a estudar unha materia que consiste na correcta planificación das actuacións silvícolas, os aproveitamentos directos e indirectos e calquera outra actividade que se leve a cabo no monte, de xeito que se asegure o continuo uso de seus produtos e servizos e a perpetuación dos ecosistemas que o integran, é dicir a súa, Xestión Forestal Sostible no marco dos diferentes sistemas de certificación forestal. O concepto de Ordenación Forestal pode trasladarse tamén á xestión dun recurso natural concreto dende a perspectiva do uso múltiple do monte.

    Recoméndase a asistencia e participación activa nas clases, e a consulta de dúbidas nas titorías. Tamén é moi importante completar os contidos explicados nas clases mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria.