G4071423 - Prevención e Loita contra Incendios Forestais (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaOs lumes forestais constitúen un importantísimo problema mediambiental no noso país e en extensas áreas do mundo. As súas implicacions económicas, sociais e ecolóxicas son enormes. Ademais todos os anos producense accidentes e pérdida de vidas humanas relacionadas cos mesmos. Con esta materia pretendese conciencia ao alumno do problema dos lumes, dalos a coñecer os fenómenos fisicoquímicos implicados no inicio e no desenvolvemento do incendio, ensinalos as principais técnicas de extinción e os recursos materiais e humanos existentes para acometelas. Darase especial importancia á seguridade durante a extinción e falarase das diferentes formas de prevención e dos principais efectos do lume sobre o ecosistema.
ContidosBLOQUE I: coñecer o incendio forestal
TEMA 1: AS BASES DO INCENDIO FORESTAL
1.1 CONCEPTO DE INCENDIO FORESTAL
1.2 O PROCESO DE COMBUSTIÓN
1.3 MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE CALOR NO INCENDIO
1.4 FORMAS DE COMBUSTIÓN NO INCENDIO
1.5 O MEDIO DE DESENVOLVEMENTO DO INCENDIO
TEMA 2: O COMBUSTIBLE FORESTAL
2.1 CONCEPTO DE COMBUSTIBLE E CLASIFICACIÓN
2.2 CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DAS FORMACIÓNS VEXETAIS
2.3 PROPIEDADES DAS PARTÍCULAS
2.4 A HUMIDADE DO COMBUSTIBLE
2.5 MODELOS DE COMBUSTIBLE
TEMA 3: ESTUDO DO INCENDIO E DO SEU COMPORTAMENTO
3.1 ZONAS E ELEMENTOS DO INCENDIO
3.2 A CHAMA: CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS
3.3 FORMA DO INCENDIO
3.4 VARIABLES BÁSICAS DO COMPORTAMENTO DO LUME
3.5 TIPOS DE INCENDIOS
3.6 O COMBUSTIBLE E O COMPORTAMENTO DO LUME
3.7 O TEMPO ATMOSFÉRICO E O COMPORTAMENTO DO LUME
3.8 A TOPOGRAFÍA E O COMPORTAMENTO DO LUME
BLOQUE II: Extinguir o incendio
TEMA 4: OS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS (S.D.C.I.F.)
4.1 ¿QUEN SE OCUPA DO COMBATE DOS INCENDIOS?
4.2 OS PLANS AUTONÓMICOS; CASO DO S.D.C.I.F. DE GALICIA
4.3 COMPETENCIAS DO ESTADO
TEMA 5: VIXILANCIA, DETECCIÓN E COMUNICACIÓNS
5.1 REDES DE VIXILANCIA E DE COMUNICACIÓNS: FUNCIÓNS
5.2 SISTEMAS DE VIXILANCIA E DETECCIÓN DE INCENDIOS
5.3 SISTEMAS DE COMUNICACIÓN
TEMA 6: CONCEPTOS PREVIOS, ACCIÓNS, E OPERACIÓNS PARA O COMBATE
6.1 ACCIÓNS BÁSICAS PARA EXTINGUIR O LUME
6.2 MÉTODOS DE COMBATE
6.3 AS FASES (OPERACIÓNS) DO COMBATE
TEMA 7: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN I: medios manuais
7.1 CLASIFICACIÓN
7.2 BATELUMES
7.3 EXTINTOR DE MOCHILA
7.4 FERRAMENTAS METÁLICAS CON MANGO
7.5 EXTINTOR DE EXPLOSIÓN
7.6 FACHO DE GOTEO
TEMA 8: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN II: vehículos motobomba
8.1 COMPOÑENTES BÁSICOS DO VEHÍCULO
8.2 CLASIFICACIÓN DOS VEHÍCULOS
8.3 EQUIPO AUXILIAR DA MOTOBOMBA
8.4 CONSIDERACIÓNS PARA EXECUTAR UN TENDIDO
8.5 CONSIDERACIÓNS PARA CARGAR A CISTERNA
8.6 TIPOS E ESTABLECEMENTO DE TENDIDOS
8.7 COMBATE DO INCENDIO CON MOTOBOMBA
TEMA 9: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN III: maquinaria pesada (bulldozer)
9.1 CONDICIÓNS DA MÁQUINA E DO TRASLADO
9.2 USO DO BULLDOZER
9.3 UTILIZACIÓN NO ATAQUE AO INCENDIO
9.4 UTILIZACIÓN NA LIQUIDACIÓN
TEMA 10: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN IV: medios aéreos
10.1 MISIÓNS (UTILIDADES)
10.2 TIPOS DE AERONAVES
10.3 SISTEMAS DE DESCARGA DE AUGA EN HELICÓPTEROS
10.4 TRANSPORTE DE PERSOAL EN HELICÓPTERO
10.5 LANZAMENTO DE AUGA NO COMBATE
10.6 EFICACIA E LIMITACIÓNS DOS MEDIOS AÉREOS
10.7 BASES DE MEDIOS AÉREOS
TEMA 11: SEGURIDADE NA EXTINCIÓN
11.1 MENTALIZACIÓN DA PELIGROSIDADE DO TRABALLO EN EXTINCIÓN
11.2 FACTORES DE RISCO
11.3 MEDIDAS E MEDIOS DE PROTECCIÓN PERSOAL
11.4 REPASO DE SITUACIÓNS ESPECIALMENTE PERIGOSAS
BLOQUE III: efectos e prevención de incendios
TEMA 12: EFECTOS DO LUME
12.1 EFECTOS SOBRE O CHAN
12.2 EFECTOS SOBRE A VEXETACIÓN
12.3 EFECTOS SOBRE A AUGA
12.4 EFECTOS SOBRE O AIRE
12.5 EFECTOS SOBRE A FAUNA
TEMA 13: PREVENCIÓN SOCIAL
13.1 CONCEPTO DE PREVENCIÓN SOCIAL
13.2 VÍAS DE ACTUACIÓN DA PREVENCIÓN SOCIAL
13.3 AS CAUSAS DOS INCENDIOS
TEMA 14: ACTUACIONES NAS MASAS
14.1 SELVICULTURA PREVENTIVA
14.2 ACTUACIÓNS LINEALES
14.3 ACTUACIÓNS SUPERFICIAIS; AREAS CORTALUME
14.4 INTEGRACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
14.5 MÉTODOS DE MODIFICACIÓN DO COMBUSTIBLE
14.6 OBRAS E INSTALACIÓNS
Bibliografía básica e complementaria-Aguirre F. Manual de formación de incendios forestales para cuadrillas. 2ª edición revisada. Ed:Gobierno de Aragón/Tragsa. ISBN: 84-7753-460-8
-Gómez R. (coordinadora). 2004. Incendios Forestales. Causas, situación actual y propuestas. WWF/Adena.
-Grillo F., Didac F., Molina D. 2009. Incendios Forestales I: módulo básico. Ediciones AIFEMA. ISBN: 978-84-613-7861-6.
-Porrero M.A. 2001. Incendios Forestales. I. Investigación de Causas. Mundi-Prensa. ISBN: 84-7114-954-0.
-Ruiz, A.D. Inicio y comportamiento del fuego en los incendios forestales: fundamentos y modelización. Unicopia
-Segovia E. (coordinador). 2006. Grandes Incendios Forestales. Causas y efectos de una ineficaz gestión del territorio. WWF/Adena.
-Vega J.A (coordinador). 2001. Manual de queimas prescritas para matogueiras de Galicia. Colección Técnica Medio Ambiente. Xunta de Galicia. ISBN:84-453-3142-6
-Vélez R. (coordinador). 2000 y 2009. La Defensa contra Incendios Forestales. Fundamentos y experiencias. McGraw-Hill. ISBN 84-481-2742-0
-Villalba M.A. 2008. Infraestructuras de defensa contra incendios forestales. Ediciones AIFEMA. ISBEN: 978-84-612-5532-0
Páxinas web de interese para a materia
http://www.wwf.es
http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/incendios-forestales/
CompetenciasCapacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de:
Prevención e loita contra os Incendios forestais.
Capacidade de diagnóstico do comportamento do lume, da sua dificultade de extinción e da sua perigosidade.
Coñecemento de alternativas para a prevención de incendios.
Capacidade para planificar e dirixir a extinción de incendios con seguridade para o persoal.
Capacidade para evaluar os efectos do lume e a respuesta da vexetación.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas acompañadas de presentacións en Powerpoint para ilustrar gráficamente os contidos da materia que intercalaranse con clases participativas.
Material didáctico colgado na aula virtual (USC virtual) da materia.
Prácticas de campo.
Nas clases de laboratorio se proxectaránse vídeos didácticos de incendios forestais e resolveránse casos prácticos.
Sistema de evaluaciónO alumno dispón da posibilidade de aprobar por parciais (evaluación continua) o nas convocatorias oficiais. Valorarase positivamente a asistencia e o aproveitamento das clases teóricas, prácticas de campo e prácticas de laboratorio.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades formativas en horas:
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 18 horas de traballo presencial.
Traballo persoal do alumno: Lectura e preparación de temas, 30 horas.
Realización de exercicios, 7horas
Prácticas (con grupos reducidos): 18 horas de traballo presencial
Traballo persoal do alumno: Preparación previa das
prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 6 horas.
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 2horas de traballo presencial.
Traballo persoal do alumno: Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais), 15 horas
Titorías individuais: 2 horas de traballo presencial
Traballo persoal do alumno: Preparación de probas de avaliación, 10.5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendable ter aprobadas as materias de Selvicultura, Repoboacións Forestais e Mecanización Forestal I.