Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041446 - Xestión do Medio Urbano (Intensificación en Transportes e Servizos Urbanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 9.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS RODRIGUEZ, MARIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
    A continuación relaciónanse os obxectivos específicos da materia, vinculados aos novos coñecementos ou habilidades a adquirir coa mesma:

    • Aprender a analizar a paisaxe e a forma urbana, e a identificar os elementos que as integran
    • Coñecer os principais modelos de cidade, tanto os desenvolvidos historicamente como os derivados da teoría urbanística recente
    • Familiarizarse cos conceptos básicos do deseño urbano e os estándares urbanísticos
    • Entender o mecanismo de crecemento da cidade na actualidade: a súa formulación, os organismos intervenientes, a lóxica da súa tramitación,…
    • Coñecer as diferentes ferramentas de xestión, control da edificación e protección da legalidade urbanística: licenzas, declaracións de ruína, sancións, inspeccións técnicas de edificios. Coñecer a técnica da valoración urbanística, os tipos de valores e os seus supostos de aplicación


    OBXECTIVOS XENÉRICOS
    A continuación relaciónanse os obxectivos xenéricos da materia, vinculados á destreza no manexo de ferramentas de análise, aprendizaxe, coñecemento e formación, a adquirir coa mesma:
    • Desenvolvemento da capacidade de abstracción e modelización. O contido da materia forzará ao alumno ao estudo e investigación de fenómenos complexos, resultado de multitude de axentes e sucesos aparentemente independentes. Para a súa comprensión, a materia deberá estimular no alumno a súa capacidade para a modelización dun fenómeno como paso previo á súa análise.
    • Aprendizaxe en procura e selección de información.- No seu futuro exercicio profesional, o alumno necesitará unha constante actualización dos seus coñecementos, polo cal, no seu período de estudante deberá familiarizarse con calquera técnica que, de xeito autodidacta, lle axude a mellorar a súa formación. Neste sentido, a materia deberá fomentar a habilidade e versatilidade do alumno na procura de información e a súa inmediata e adecuada selección e tratamento.
    • Manexo de aplicacións informáticas.- O contido da materia animará ao alumno a iniciarse en aplicacións informáticas específicas.

    Contidos
    DESCRIPTORES E BLOQUES TEMÁTICOS
    A materia organízase en cinco temas:

    TEMA 1.- O MEDIO URBANO COMO ESPAZO FÍSICO. A FORMA URBANA

    CONCEPTO DE MEDIO URBANO
    O MEDIO URBANO COMO ESPAZO FÍSICO: A PAISAXE URBANA. ELEMENTOS DA PAISAXE URBANA
    • A vivenda
    • O espazo público viario: a rúa
    • O espazo intervías: a mazá, a edificación, a praza, o parque
    • Elementos singulares: o barrio, os mercados, o centro da cidade
    CONCEPTO DE FORMA URBANA
    A FORMA URBANA A TRAVÉS DA HISTORIA
    A FORMA URBANA NAS CIDADES PLANIFICADAS
    O MEDIO AMBIENTE NA CIDADE

    TEMA 2.- O MEDIO URBANO COMO ESPAZO DE ACTIVIDADE

    A ACTIVIDADE NO MEDIO URBANO. Concepto de actividade
    • Evolución histórica da actividade nos asentamentos urbanos. O casco urbano medieval. O ensanche decimonónico. A Revolución Industrial. Propostas urbanas no século XIX. O Movemento Moderno
    • Experiencias recentes
    • A especialización funcional no medio urbano. Áreas de actividade
    • O transporte urbano como infraestrutura
    CARACTERIZACIÓN DAS ACTIVIDADES URBANAS: HABITAR, TRABALLAR, RECREARSE, DESPRAZARSE
    ACTIVIDADE E ÁREAS RESIDENCIAIS URBANAS
    • Razón e caracterización tipolóxica. Experiencias recentes. Conceptos elementais de deseño
    • Estándares urbanísticos para áreas residenciais
    ACTIVIDADE E ÁREAS DOTACIONAIS E TERCIARIAS URBANAS
    • Razón e caracterización tipolóxica. Experiencias recentes. Conceptos elementais de deseño
    • Estándares urbanísticos para áreas dotacionais e terciarias
    ACTIVIDADE E ÁREAS INDUSTRIAIS URBANAS
    • Razón e caracterización tipolóxica. Experiencias recentes. Conceptos elementais de deseño
    • Estándares urbanísticos para áreas industriais
    ESTUDO DE CASOS SINGULARES
    • Centros urbanos. Cascos antigos. Espazos degradados

    TEMA 3.- CONCEPTOS ELEMENTAIS DE ORDENACIÓN URBANA
    • Tipoloxía e ordenación
    • Ferramentas de control da edificación
    • Fondos e alturas. Uso e actividade
    • Edificabilidade
    • Ocupación

    TEMA 4.- FERRAMENTAS DE XESTIÓN

    O CRECEMENTO DA CIDADE
    A PLANIFICACIÓN E A XESTIÓN URBANÍSTICA
    O MEDIO URBANO COMO MERCADO
    • O problema da vivenda. Intervención pública no Mercado do Solo
    VALORACIÓNS
    • Criterios e técnicas de valoración. Lexislación de referencia
    • Valor intrínseco, valor urbanístico e valor de reposición. Valor catastral
    • Valoración de fincas ruinosas
    • Estudos de mercado
    DECLARACIÓN DE RUÍNA

    TEMA 5.- O MEDIO URBANO COMO PROBLEMA. A SUSTENTABILIDADE
    O MEDIO URBANO COMO HÁBITAT. A SOCIEDADE URBANA
    • O final da dualidade medio rural-medio urbano?
    • Ecoloxía urbana. A organización social no medio urbano
    • O xigantismo das cidades
    O PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL: NATUREZA URBANA?
    O CONCEPTO DE SUSTENTABILIDADE E A SÚA APLICACIÓN AO MEDIO URBANO
    • Razón e oportunidade. Formulación do concepto de sustentabilidade
    • Avaliación ambiental urbana. Ensaios de aplicación de ferramentas de xestión ambiental no medio urbano
    CIDADES SUSTENTABLES
    • Intervención urbana sobre as bases da sustentabilidade. Experiencias recentes. Análise crítica

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía xeral

    • LEONARDO BENEVOLO, Diseño de la ciudad. Gustavo Gili, Barna, 1977. Ensayo ya clásico y de gran difusión en torno a la evolución del paisaje urbano a través de los siglos. El método de análisis, confrontación de modelos y representación que usa Benevolo para ilustrar tipos de ciudad ya desaparecidos es particularmente digno de mención. Un magnífico libro para entender la ciudad
    • J. A. SANTAMERA, Introducción al planeamiento urbano. CICCP, 1996

    Bibliografía específica

    BLOQUE TEMÁTICO 1.- O ESTUDO DO MEDIO URBANO
    • A.E.J. MORRIS, History of urban form. G.Godwin Ltd. Londres, 1974
    • F. CHUECA GOITIA , Breve historia del urbanismo. Alianza Ed., 1968
    • H. SUKOPP, P. WERNER, Naturaleza en las ciudades. MOPT, 1989
    • F. MOLA de ESTEBAN, La defensa del medio humano, M.Fomento,1995


    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se suscitan na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
    Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
    Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    Capacidade de análise e síntese.
    Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
    Utilización da información bibliográfica e de internet.
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
    Coñecemento da influencia das infraestruturas na ordenación do territorio e para participar na urbanización do espazo público urbano, e nos proxectos de servizos urbanos, tales como distribución de auga, saneamento, xestión de residuos, sistema se transporte, tráfico, iluminación, etc.
    Coñecemento do marco de regulación da xestión urbanística. Coñecemento da xestión do medio urbano, en termos de análises, ferramentas de control, mecanismo regulado de crecemento.
    Coñecemento dos problemas actuais do medio urbano. Coñecemento analítico do medio urbano: variables de control, usos, axentes, autoridades, modelos teóricos. Coñecemento dos principios de regulación. Coñecemento do mecanismo de crecemento regulado das cidades, a súa evolución recente e as súas distintas formulacións.
    Coñecemento da natureza do mercado do solo. Coñecemento das técnicas e regulación normativa da valoración de bens inmobles. Coñecemento dos problemas actuais, modelos de xestión e financiamento das áreas urbanas.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS
    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións.

    PRÁCTICAS
    Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da materia, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas.
    Durante o curso académico, os alumnos deberán realizar un traballo práctico que consistirá na execución en grupos reducidos dun traballo sobre a temática da materia. Estas prácticas servirán de complemento e ampliación dos contidos teóricos relacionados co exposto no temario.
    Os grupos deberán entregar os seus traballos ao profesor para a súa corrección. Trala mesma, entregarase a versión definitiva do informe coas correccións e suxestións realizadas polo profesor.

    TITORÍAS
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para resolver dúbidas relacionadas coas tarefas propostas noutras actividades da materia (seminarios interactivos, prácticas, etc.).

    Sistema de evaluación
    Exercicio de ordenación [en torno ao 50% da cualificación]
    Exame [restante]

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas en horas:

    Traballo presencial na aula:
    - Clases teóricas: 18 horas
    - Prácticas: 18 horas
    - Titoría en grupos: 2 horas
    - Actividades de avaliación: 4 horas
    Total: 42 horas

    Traballo persoal do alumnado:
    - Lectura e preparación de temas: 30 horas
    - Realización de exercicios: 10 horas
    - Prácticas: 10 horas
    - Elaboración de traballos de curso: 10 horas
    - Preparación de probas de avaliación: 10 horas
    Total: 70 horas