Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071424 - Proxectos (Enxeñaría do Medio Forestal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Proxectos de Enxeñaría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PALACIOS ESTREMERA, JORGE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Coñecementos
    - Coñecer o contexto do exercicio da Enxeñaría de proxectos
    - Coñecer as fases e as metodoloxías asociadas ao Proxecto de Enxeñaría.
    - Coñecemento e identificación dos distintos axentes do Proxecto.
    - Adquirir unha formación básica ampla para permitir unha visión de conxunto.
    - Identificar problemas, necesidades e oportunidades no mundo rural.
    - Aprender a identificar, valorar e ter en conta os factores humanos, sociais e ambientais que afectan e son afectados polo Proxecto.
    2.- Comprensión
    - Comprender os elementos que integran un Proxecto e a necesidade do enfoque integrado. - Comprender os factores que condicionan o Proxecto.
    - Comprender as relacións entre os axentes do Proxecto.
    - Comprender a dimensión temporal do Proxecto de Enxeñaría.
    3.- Aplicación
    - Aplicar as metodoloxías de Formulación, Avaliación, Xestión e Seguimento de Proxectos. Aplicar técnicas de toma de decisións multicriterio.
    - Representar sobre planos as solucións propostas.
    4.- Análise
    - Analizar e clasificar problemas, necesidades e oportunidades no mundo rural.
    - Analizar axentes e beneficiarios dos proxectos. Distinguir, atribuír, xerarquizar, contrastar e comparar problemas, necesidades e oportunidades a grupos sociais.
    - Analizar dende unha óptica multicriterio o Proxecto de Enxeñaría.
    5.- Síntese
    - Propoñer alternativas estratéxicas. - Deseñar medidas que solucionen problemas.
    - Elaborar un traballo ou estudo de viabilidade en grupo. Planificar a realización do traballo en equipo
    - Concluír achegas por escrito, desenvolvendo a capacidade de síntese. Comunicar oralmente o traballo realizado, desenvolvendo habilidades para a comunicación e presentación das súas ideas.
    6 Avaliación
    - Avaliar proxectos desde un punto de vista económico, social e ambiental.
    - Xulgar un proxecto dende unha óptica multicriterio. Defender as súas propias ideas.


    Contidos
    1ª Presentación (Introdución)
    1.- Contido da materia. 2.- Estruturación en módulos e programa de clases. 3.- Prácticas: modalidade de realización e puntuación. 4.- Tipo de exames. Recomendacións para superar a materia
    2ª Ciencia, técnica e enxeñaría (Módulo I Capítulo 1)
    1.- Ciencias, técnicas, ciencias tecnolóxicas e enxeñarías. 2.- Universidade: Facultades e Escolas de Enxeñaría 3.- Especificidade da enxeñaría agroforestal 4.- Marco estratéxico e contexto socioeconómico
    3ª Contribución da enxeñaría ao progreso social (Módulo I Capítulo 1).
    1.- Progreso integral da persoa e da sociedade 2.- Produtividade. Competitividade. Sustentabilidade. Distribución equitativa da riqueza. 3.- Contribución do proxecto de enxeñaría ao progreso 4.- Atribucións e ámbitos profesionais do enxeñeiro.
    4ª Exercicio profesional da enxeñaría (Módulo I Capítulo 1)
    1.- Colexios Oficiais: colexiación; visado e honorarios 2.- Normalización e certificación 3.- Racionalidade e liberdade. Sociabilidade e subsidiaridade. Solidariedade e ben común. 4.- Ordenamento moral obxectivo. Ética e deontoloxía. Ética e dereito
    5ª Seminario sobre 1ª Práctica (Módulo I Capítulo 1)
    Informe sobre a Profesión e os Colexios Profesionais
    6ª Definición de proxecto de enxeñaría (Módulo I Capítulo 2).
    1.- Diferenza entre proxecto de enxeñaría e exercicio académico. 2.- Proxecto de investimento e proxecto empresarial. 3.- Notas características dun proxecto de enxeñaría. 4.- Cadros lóxicos de formulación e de execución dun proxecto.
    7ª Proxecto programa (Módulo I Capítulo 2).
    1.- Proxecto como sistema. 2.- Planificación estratéxica. Niveis de planificación. Tipos de planificación. 3.- Configuración de proxecto programa. Efectos e impactos da execución. 4.- Articulación en serie que conduce ao proxecto como unidade mínima de investimento
    8ª Axentes do proxecto previos á decisión de investimento (Módulo I Capítulo 2)
    1.- O promotor. Factores externos de incidencia na promoción. Calidades do promotor 2.- Entidades de promoción de proxectos, públicas e privadas. 3.- O proxectista. O avaliador. 4.- Axentes do financiamento
    9ª Axentes do proxecto posteriores á decisión de investimento (Módulo I Capítulo 2)
    1.- Axentes da execución do proxecto. 2.- Axentes da posta en marcha e explotación. Outros axentes 3.- Traballo en equipo 4.- Tipo de proxectos segundo a natureza do promotor e dos seus obxectivos globais
    10ª Actuación da Unión Europea no desenvolvemento (Módulo I Capítulo 3)
    1.- Principios de actuación da Unión Europea 2.- Marco institucional 3.- Instrumento lexislativo, executivo e xudicial 4.- Instrumento financeiro. Fondos
    11ª Políticas comunitarias de desenvolvemento (Módulo I Capítulo 3)
    1.- Política Rexional e de cohesión 2.- Rexións obxectivo Converxencia; Competitividade rexional e emprego; Cooperación territorial europea 3.- Política Agrícola Común e de Desenvolvemento Rural 4.- Procedemento e principios de aplicación das políticas de desenvolvemento
    12ª Seminario sobre 2ª Práctica (Módulo I Capítulo 2 e 3)
    Planificación - Programación - Proxecto programa. Eixe LEADER Elaboración da articulación en serie de cadros lóxicos
    13ª Enfoques temporal e lóxico (Módulo I Capítulo 4)
    1.- Itinerario virtual. Ciclo do proxecto 2.- Función de incerteza e compromiso financeiro 3.- Enfoque temporal: etapas da formulación. Enfoque lóxico: fases da formulación 4.- Función de retroalimentación vertical e horizontal
    14ª Etapa de formulación (Módulo I Capítulo 4)
    1.- Licitación: procedementos 2.- Adxudicación. Negociación. Contratación 3.- Termos de referencia e plan de traballo preliminares 4.- Termos de referencia e plan de traballo definitivos.
    15ª Seminario sobre Prácticas Exercicios 3 e 4 (Módulo I Capítulo 4)
    Ideas que esixen estudos: Identificación, Viabilidade, Proxectos de execución. 3.- Preparar os termos de referencia. 4.- Preparar unha oferta.
    16ª Etapas do ciclo do proxecto (Módulo I Capítulo 5)
    1.- Período de pre investimento 2.- Período de investimento 3.- Período de post investimento 4.- Etapas da formulación
    17ª O diagnóstico na formulación dun proxecto (Módulo II Capítulo 1)
    1.- Fundamentos dos traballos de diagnóstico 2.- Orde lóxica dos grupos de variables a determinar 3.- Itinerario dos traballos de diagnóstico 4.- Criterios e principios para a colecta de información
    18ª Métodos de diagnóstico (Módulo II Capítulo 1)
    1.- Vía ascendente. Vía descendente. Vía prospectiva 2.- Método DAFO para presentar as conclusións e recomendacións 3.- Coñecemento do medio físico e a contorna socioeconómica 4.- Coñecemento dos axentes
    19ª Formulación do plan e proceso de produción (Módulo II Capítulo 2)
    1.- Variables do plan e proceso de produción 2.- Variables estratéxicas e tácticas
    3.- Proceso de selección entre alternativas 4.- Informes preliminares e final
    20ª Formulación dos compoñentes de investimento (Módulo II Capítulo 3)
    1.- Parámetros de deseño dos compoñentes de investimento 2.- Integración dos compoñentes de investimento 3.- Enxeñaría das obras: niveis de deseño 4.- Proceso de formulación de obras e instalacións
    21ª Análise financeira básica de proxectos (Módulo II Capítulo 4)
    1.- Inmobilización de recursos: proxectos produtivos e non produtivos 2.- Análise financeira, económica e social 3.- Análise financeira básica e detallada 4.- Simplificacións propias da análise básica
    22ª Instrumentos de análise financeira: as contas (Módulo II Capítulo 4)
    1.- Análise básica propia de cada etapa da formulación. 2.- Contas de Produción, Resultados e Tesouraría 3.- Estrutura da conta de tesouraría. Procedencia dos datos 4.- Taxa de actualización: significado; estimación
    23ª Indicadores de rendibilidade (Módulo II Capítulo 4)
    1.- Valor Actual Neto (VAN): significado; utilización 2.- Taxa Interna de Retorno (TIR): significado, aplicación. 3.- Outros indicadores: relacións B/C. 4.- Análise de sensibilidade
    24ª Seminario sobre Prácticas Exercicios 6 e 7 (Módulo II Capítulo 4)
    Prezos básicos de operacións mecanizadas. Prezos básicos de operacións durante o período de explotación. Análise financeira básica dun proxecto
    25ª Morfoloxía dos documentos dun proxecto (Módulo III Capítulo 1)
    1.- Finalidade dos documentos dun proxecto. 2.- Destinatarios dos documentos do proxecto e funcións que desempeñan. 3.- Configuración dos documentos e estruturación. 4.- Formatos do texto, táboas e figuras. Criterios de redacción
    26ª Memoria (Módulo III Capítulo 2)
    1.- Partes do documento. Destinatarios e funcións 2.- Resumo e Informe principal: estrutura e contido 3.- Memoria descritiva e Memoria construtiva 4.-Anexos: estrutura e contido. Secuencia lóxica de presentación
    27ª Planos (Módulo III Capítulo 3)
    1.- Clases de planos, destinatarios e funcións 2.- Requisitos dos planos temáticos e dos construtivos 3.- Formatos. Simboloxía. 4.- Instrumentos informáticos
    28ª Pregos (Módulo III Capítulo 4)
    1.- Destinatarios e funcións 2.- Pregos xerais e particulares 3.- Pregos de cláusulas administrativas: facultativas, económicas e legais 4.- Pregos de cláusulas técnicas
    29ª Orzamento (Módulo III Capítulo 5)
    1.- Destinatarios e funcións 2.- Medicións. Estrutura e operatividade 3.- Cadros de prezos 4.- Orzamentos propiamente ditos
    30ª Seminario sobre Prácticas Exercicios 8, 9 e 10 (Módulo III)
    Informe de supervisión. Presentación formal dos documentos. Comprensión e coherencia da Memoria. Operatividade dos documentos contractuais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    • J. Palacios 2010 Formulación de proyectos de ingeniería agroforestal. Unicopia Lugo 2010

    Complemetaria
    • Bridier, M. Michaïlof, S.1995. Guide pratique d'analyse de projets. Évaluation et choix des projets d'investissements. Ed Économica. 1995. Paris.
    • Cazorla, A. Planificación para la sostenibilidad: Proyectos de Ingeniería en un ámbito ural-local. UPM. ETSIA. 2006.
    • Cazorla, A. Trabajando con la gente: modelos de planificación. UPM. ETSIA. 2004.
    • De los Rios, I. Innovación para el Desarrollo Rural: la iniciativa LEADER como laboratorio de aprendizaje. Ed. Comunidad de Madrid. 2002
    • Dufumier, M.1996. Les projets de développement agricole.Manuel d'expertise. CTA - KARTHALA. Paris 1996
    • EUROPEAN COMMISSION. Manual Project Cycle Management. (2001). Europe Aid Cooperation Office General Affairs Evaluation.
    • • F.A.O. Formulación de proyectos de inversión agrícola y rural. Instrumentos de lanificación, estudios de casos y ejercicios. Servicio de Apoyo para Políticas Agrarias.
    • Dufumier, M.1996. Les projets de développement agricole.Manuel d'expertise. CTA - KARTHALA. Paris 1996
    • F.A.O Guía para la formulación de Proyectos de Inversión Agrícola y Rural. 1998. Servicio de Estudios y Capacitación sobre Política de Desarrollo. Dirección de Análisis de políticas. FAO Roma.
    • Gregersen, H. y al.. 1995. Análisis de impactos de proyectos forestales: problemas y estrategias. Estudios FAO: Montes nº 114. FAO. Roma 1995.
    • Morilla Abad, I. 1996. Guía metodológica y práctica para la realización de proyectos. Colegio de Caminos Canales y Puertos. Servicio de Publicaciones. Colección Escuelas. Madrid 1996.
    • Ramos, A; Glaría G. y otros. 1992. Guía para la elaboración de estudios del medio físico. Contenido y metodología. Ministerio de Obras Públicas y Transportes. Madrid
    • Trueba, I y otros. 1985. Proyectos Agrarios y de Desarrollo Rural. Formulación. Departamento de Proyectos y Planificación Rural. E.T.S.I. Agrónomos. U.P. de Madrid.
    • Trueba, I y otros. 1991. Teoría de proyectos: Morfología del proyecto. Departamento de Proyectos y Planificación Rural. E.T.S.I. Agrónomos. U.P. de Madrid.
    • Trueba, I. y otros. 1995. Proyectos Empresariales. Formulación y evaluación. Editorial Mundi Prensa. Madrid

    Competencias
    Competencias
    Desenvolvemento de habilidades para elaborar un Estudo de Viabilidade Anteproxecto ou Proxecto cun contido real en grupo
    - Practicar técnicas de traballo en equipo. Planificar a realización do traballo en equipo e en rede.
    - Concluír achegas por escrito, desenvolvendo a capacidade de síntese.
    - Comunicar oralmente o traballo realizado. Desenvolvemento de habilidades para a comunicación e presentación das súas ideas. Practicar a exposición pública de traballos.
    - Procura bibliográfica. Utilizar medios informáticos e novas tecnoloxías.

    Metodoloxía da ensinanza
    • Clases maxistrais, a cargo do profesor ou profesores responsables da materia e, ocasionalmente, de profesores invitados.
    • Estudo de caso. Presentación de traballos profesionais reais e discusión
    • Lecturas da bibliografía recomendada ao longo do curso
    • Traballos prácticos, a realizar polos alumnos en equipo coa titoría do profesor e co contido marcado polo carácter de cada parte da materia.
    • Titorías, individuais e en grupo
    • Presentación e defensa pública do traballo por parte dos seus autores.
    • Probas de avaliación, orientadas a comprobar o cumprimento dos obxectivos didácticos por parte dos alumnos.

    Sistema de evaluación
    Realizarase un exame final de toda a materia. O tipo de exame consiste en 5 a 7 preguntas curtas, relacionadas co explicado en clase, e 1 ou 2 exercicios relacionados cos desenvolvidos durante o curso

    A cualificación final: Obtense segundo a seguinte expresión:
    Cualificación Final= 50 a 70 % de cualificación de teoría + 50 a 30 % da cualificación de exercicios prácticos
    A cualificación dos exercicios prácticos realizados durante o curso conta cun 10% suplementario da nota do exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Dependerá da capacidade e interese do alumno cun mínimo de 70 h


    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor
    Consultar dúbidas durante o desenvolvemento da clase correspondente ou en titoría.
    Repaso da materia explicada en clase e elaboración dunha síntese esquemática