Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4041447 - Firmes e Conservación de Vías (Intensificación en Transportes e Servizos Urbanos) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASTRO PONTE, ALBERTE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Aprender a dimensionar os firmes de estradas seguindo a Norma 6.1-IC.
    - Aprender a proxectar rehabilitacións de firmes de acordo coa Norma 6.3-IC.
    - Coñecer os principios da conservación de estradas.
    - Coñecer as características esixidas para o proxecto, execución e control de firmes.
    - Aprender a realizar a medición e valoración dos firmes.
    - Coñecer as diferentes mesturas bituminosas existentes, as súas propiedades principais e o ámbito de aplicación para a execución de obras.
    - Identificar as principais características superficiais dos pavimentos e as técnicas e ferramentas de medición de dicha características.
    - Identificar as deterioracións máis habituais nos firmes flexibles e ríxidos.
    - Identificar tramos de estradas potencialmente perigosos e expor solucións de mellora.
    - Coñecer as actuacións preventivas e de baixo custo máis habituais en conservación de estradas.
    - Coñecer os sistemas de balizamento e defensas de uso común en estradas.
    - Entender o ámbito de aplicación dos tratamentos superficiais, as súas propiedades e os principais tipos existentes.
    - Lograr unha visión xeral acerca dos ligantes bituminosos, as estabilizacións de chans, as capas granulares (balastro e macadam) e os áridos para estradas.
    - Sensibilizar ao alumno acerca da importancia dos firmes e a conservación de estradas na mellora da seguridade viaria.
    - Motivar no estudante o interese polos temas relacionados coa materia
    Contidos
    BLOQUE 1 - FIRMES

    TEMA 1: CONCEPTOS XERAIS DE FIRMES
    Introdución. Descrición e funcións dos firmes. Características funcionais e estruturais. Constitución e funcións das súas capas. Materiais empregados na formación de firmes. Tipoloxías de firmes. Factores de deseño.

    TEMA 2: ÁRIDOS
    Introdución. Propiedades xerais. Propiedades do árido groso. Propiedades do árido fino. Po mineral (filler).

    TEMA 3: CAPAS GRANULARES
    Introdución. Macádam. Zahorras. Preparación e posta en obra.

    TEMA 4: LIGANTES E CONGLOMERANTES
    Introdución. Cales aéreos e conglomerantes hidráulicos e puzolánicos. Ligantes hidrocarbonados. Especificacións e ensaios de caracterización.

    TEMA 5: CAPAS TRATADAS
    Introdución. Capas tratadas con cemento. Outras capas tratadas

    TEMA 6: TRATAMENTOS SUPERFICIAIS
    Introdución. Conceptos básicos. Regos sen gravilla. Regos con gravilla.Leitadas bituminosas

    TEMA 7: MESTURAS BITUMINOSAS
    Introdución. Clasificación. Principais tipos de mesturas. Características xerais. Proxecto. Especificacións. Fabricación. Posta en obra. Control de calidade

    TEMA 8: FIRMES RÍXIDOS
    Introdución. Características xerais. Tipos de pavimentos. Características dos materiais. Proxecto. Execución. Control de calidade

    TEMA 9: DIMENSIONAMIENTO DE FIRMES. NORMA 6.1-IC

    Introdución. Métodos de dimensionamiento. Norma 6.1-IC. Métodos de dimensionamiento analítico.

    TEMA 10: CARACTERÍSTICAS SUPERFICIAIS
    Introdución. Xeometría da superficie e a súa interacción co vehículo. Medición e avaliación das características superficiais. O ruído dos vehículos. Criterios de actuación.

    BLOQUE 2 – DOTACIONES VIARIAS

    TEMA 11: SINAIS, MARCAS VIALES E BALIZAS
    Introdución. Sinais e carteis. Marcas viales. Balizas, paneis e captafaros. Semáforos.

    TEMA 12: DISPOSITIVOS PARA A CONTENCIÓN DE VEHÍCULOS
    Introdución. Niveis de contención, homologación. Barreiras de seguridade. Pretiles. Amortiguadores de impacto. Leitos de freado. Catálogo de sistemas de contención de vehículos. Sistemas para protección de motociclistas.

    TEMA 13: OUTRAS DOTACIONES VIARIAS
    Introdución. Iluminación. Comunicacións. Detectores e sensores. Cerramentos. Pantallas. Plantacións. Zonas de peaxe. Zonas de descanso. Instalacións de servizo. Túneles.

    BLOQUE 3 – CONSERVACIÓN DE VÍAS

    TEMA 14: CONSERVACIÓN DE VÍAS. INTRODUCIÓN
    Actuacións de conservación. Niveis. Estratexias. Contratos de conservación integral do Ministerio de Fomento. Sistema de xestión da conservación en autopistas.

    TEMA 15: CONSERVACIÓN DE FIRMES: REHABILITACIÓN. NORMA 6.3-IC
    Actuacións ordinarias de conservación de firmes. Auscultación do estado estrutural do firme. Deflexións. Técnicas de reciclado de firmes. Análise de Datos. Diagnóstico sobre o estado do firme. Análise de solucións.

    TEMA 16: A CONSERVACIÓN DE ESTRADAS E MELLORA DA SEGURIDADE VIAL
    Factores que inflúen nos accidentes. Partes de accidentes. Medidas de seguridade vial. Tipos de actuacións preventivas. Caracterización xeral de tramos de estudo. Intensidades de tráfico. Estudo de accidentalidade. Sinalización. Firmes. Iluminación. Reordenación de accesos. Tratamento de interseccións. Diagnóstico de seguridade e xustificación da proposta.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Kraemer, Carlos; Del Val, Miguel Angel y otros (2004): “Ingeniería de Carreteras”, Vol. II,
    McGraw-Hill.
    - Norma 6.1-IC (2003) "Secciones de Firme" de la Instrucción de Carreteras.
    - Norma 6.3-IC (2003) "Rehabilitación de Firmes" de la Instrucción de Carreteras.
    - Pliego de Prescripciones Técnicas Generales para Obras de Carreteras y Puentes (PG-3/75).
    - Kraemer, Carlos (2002): "Pavimentos de hormigón: vibrado, compactado, adherido
    (whitetopping) y de apertura rápida al tráfico (Fast-Track)".
    - Medina Rodríguez, R; Pérez Pérez, I (2002): "Comprobación estructural de las secciones de
    firme de la Instrucción de Carreteras 6.1 y 6.2-IC", Revista de Obras públicas.
    - Kraemer, Carlos; Albelda, Raúl (2004): "Evaluación técnico-económica de las secciones de
    firme de la Norma 6.1-IC", VI Congreso Nacional de Firmes.
    - Pardillo Mayora, J.Mª (2004): "Procedimientos de estudio, diseño y gestión de medidas de
    seguridad vial en las infraestructuras".
    - VI Congreso Nacional de Firmes: Normalización e Innovación (2004), Junta de Castilla y León.
    - VII Congreso Nacional de Firmes (2006), Asociación Española de la Carretera.
    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análises, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
    - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
    - Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito.
    - Coñecemento da historia da Ingeniería Civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    - Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamiento e o proxecto dos elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nesta materia emprégase un sistema de aprendizaxe continua no que se premia a regularidade no traballo e realízanse diferentes actividades baseadas na aprendizaxe cooperativo. As actividades metodolóxicas da asignatura son as seguintes:
    CLASES EXPOSITIVAS
    Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, suscitando dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións.
    SEMINARIOS
    Resolución de exercicios e problemas breves relacionados co temario práctico da asignatura, co obxectivo de aplicar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas.
    Preparación de temas da asignatura e/ou traballos específicos de investigación sobre firmes por parte dos alumnos en grupos reducidos. Os alumnos deberán preparar presentacións e expoñer publicamente o seu traballo.
    PRÁCTICAS DE CAMPO
    Durante o curso académico, programarase unha visita a unha central de produción de mesturas bituminosas e visitas a infraestruturas en construción que aporten unha visión práctica relacionada cos firmes e a conservación de estradas. Con anterioridade, o profesor presentará a visita en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.
    TUTORÍAS EN GRUPO REDUCIDO
    As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para traballar sobre actividades propostas nos seminarios e resolver dúbidas relacionadas cos contidos da asignatura.
    TUTORÍAS INDIVIDUAIS
    Fixarase ao comezo do semestre un horario no que os alumnos poderán acudir ao despacho do profesor para suscitar e resolver as dúbidas que teñan en relación ás súas tarefas dentro da materia.

    EXAME FINAL
    Realizarase un exame final no que avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos.

    Sistema de evaluación
    Nesta materia emprégase a un sistema de avaliación continua no que se premia a regularidade no traballo, e se avalían diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.

    A continuación, recóllense os aspectos que se utilizarán para levar a cabo a avaliación do alumno e o valor porcentual sobre un máximo de 10 puntos que ese aspecto pode alcanzar no cómputo da cualificación global da asignatura:

    1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: 10%
    2) Realización de exercicios e problemas breves propostos: 30%
    3) Elaboración e presentación de temas e/ou traballos: 30%
    4) Exame: 30%

    Para aprobar a asignatura o alumno deberá cumprir dúas condicións:

    - Obter unha cualificación mínima de APTO en cada aspecto de avaliación.
    - Obter unha cualificación global superior a 5 puntos sobre 10 puntos.

    OPORTUNIDADE ORDINARIA (XUÑO)

    Aqueles alumnos que non superen algún dos aspectos de avaliación terán a seguinte cualificación final en función do aspecto non superado

    1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: NON PRESENTADO
    2) Realización de exercicios e problemas breves propostos: NON PRESENTADO
    3) Elaboración e presentación de temas e/ou traballos: NON PRESENTADO
    4) Exame: CUALIFICACIÓN OBTIDA NO MESMO

    Aqueles alumnos que superen TODOS os aspectos de avaliación terán unha cualificación final igual á media ponderada das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.

    OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA (XULLO)
    A cualificación obtida polo alumno naqueles aspectos de avaliación superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xuño) conservarase para a oportunidade extraordinaria de avaliación (Xullo).

    Os aspectos de avaliación non superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xuño) poderanse recuperar ata obter unha cualificación mínima de APTO mediante a realización das actividades de recuperación propostas polo profesor.

    No caso do exame, si una das dúas partes independentes do exame superouse durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xuño) conservarase para a oportunidade extraordinaria de avaliación (Xullo).

    Unha vez superados TODOS os aspectos de avaliación os alumnos terán unha cualificación final na oportunidade extraordinaria (Xullo) igual á media ponderada das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.

    ALUMNOS REPETIDORES

    En caso de non superar a asignatura e matricularse novamente o alumno no seguinte curso académico (alumnos repetidores), a cualificación obtida nos aspectos de avaliación superados durante o curso académico anterior conservaranse baixo as seguintes condicións:

    1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: CONSÉRVASE DURANTE UN CURSO ACADÉMICO
    2) Realización de exercicios e problemas breves propostos: NON SE CONSERVA
    3) Elaboración e presentación de temas e/ou traballos: CONSÉRVASE
    4) Exame: NON SE CONSERVA

    Tempo de estudo e traballo persoal
    De maneira orientativa exponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes a cada unha das actividades metodolóxicas propostas:

    Clases expositivas: 20 horas aproximadamente
    Prácticas: 20 horas aproximadamente Tutorías: 2 horas aproximadamente
    Actividades de avaliación: 20 horas aproximadamente