G4061326 - Xardinería e Paisaxismo I (Tecnoloxía da Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreparar os alumnos para que poidan desempeñar a súa actividade profesional no sector da xardinería e o paisaxismo. En particular na planificación e deseño de espazos verdes, e na identificación, uso,características, implantación do material vexetal e mantemento do material vexetal e do espazo verde no seu conxunto.
ContidosIntrodución:
1. O xardín na historia. O paisaxe. Tipoloxías dos espazos verdes actuais. Lexislación. Marco legal.
Planificación e deseño:
2. Estudio de condicionantes: Investigación preliminar. Investigación do emprazamento. Necesidades do usuario. Propostas de deseño. Deseño detallado. Principios e elementos do deseño. Escala e proporción. Criterios de selección do material vexetal.
Botánica ornamental:
3. Coníferas. Palmaceas. Frondosas. Arbustos. Principais especies e cultivares. Características ornamentais. Necesidades de clima e solo. Usos.
Técnicas de xardinería e paisaxismo:
4. Implantación do material vexetal: céspedes. Plantacións. Transplantes de grandes exemplares. Técnicas de restauración paisaxística: estabilización de pendentes. Hidrosementeiras. Uso das especies leñosas.
5. Mantemento: céspedes (labores de conservación, maquinaria, control de pragas e enfermidades). Plantacións (labores de conservación, técnicas de poda de árbores e arbustos). Materiais duros. Rede de rego. Iluminación. Preparación da oferta de mantemento. Mantemento en áreas especiais.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Brickell, C. 1990. “Enciclopedia de plantas y flores”. The Royal Horticultural Society Ed. Grijalbo. Barcelona.
Brickell, C. 1994. “Enciclopedia de la jardinería”. The Royal Horticultural Society. Ed. Grijalbo. Barcelona.
Falcón, A. 2007. Espacios verdes para una ciudad sostenible: planificación, proyecto, mantenimiento y gestión. Gustavo Gili, D.L. Barcelona.
Iglesias, Mª I. 1997. “Diseño de plantación”. Escuela Politécnica Superior. Lugo.
Merino Merino, D., y J. Ansorena Miner. 1998. “Césped deportivo. Construcción y mantenimiento”. Dpto de Agricultura y Medio Ambiente, Diputación Floral de Guipuzkoa.
Michau, E. 1996. “La poda de los árboles ornamentales”. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Naves Viñas, F., J.Pujol Solanich, X. Argimon de Vilardaga y L. Sampere Montillól. 1992. “El árbol en jardinería y paisajismo”. Ed. Omega. Barcelona.
Páez de La Cadena, F. 1982. “Historia de los Estilos en Jardinería”. Ed. Istmo. España.
Ros Orta, S. 1996. “La Empresa de Jardinería y Paisajismo”. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Stevens, D., L. Huntington & R. Key. 1991. “The complete book of garden design, construction and planting”. Ward Lock Limited. London.
Tandy, Cliff. 1982. “Paisaje Urbano”. Ed. H. Blume. Madrid.
Normativas:
- AENOR. 1999. "Equipamiento deportivo". AENOR. Madrid.
- Flechoso Sierra, José. J. 2001. "Áreas de juego infantil. Normativa europea y concursos públicos". Ed. AENOR. Madrid.
- Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo.1993-2004. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas y Peritos Agrícolas de Cataluña.
CompetenciasDeberá capacitarse ó alumno para:
1. A recollida de información previa, necesaria para abordar un proxecto de deseño dun espazo verde. Realizar o estudio de todos os condicionantes que afectan ó deseño.
2. Organizar e utilizar a información de maneira efectiva no proceso de deseño, planificando así, o espazo verde, as súas zonas, accesos e circulacións; distribución das plantacións de acordo coas súas funcións; selección das especies adecuadas; selección dos materiais duros; etc..
3. Recoñecer os diferentes estilos históricos. Deseñar xardíns en calquera dos estilos estudados, aplicando as regras de composición e o vocabulario de elementos utilizados neles.
4. Utilizar a imaxinación para crear seus propios deseños, cumprindo as funcións que demande a zona verde.
5. Planificar e deseñar as instalacións necesarias para o funcionamento do xardín, elixindo o tipo de instalacións máis adecuado para cada caso particular.
6. Planificar e dirixir as labores a realizar na implantación dun xardín, e o aprovisionamento do material vexetal e elementos complementarios, así como a plantación das especies vexetais.
7. Planificar e dirixir as labores de mantemento e conservación anuais que necesitará un espazo verde específico, e elaborar unha oferta de mantemento ó propietario da zona verde.
9. Planificar e dirixir a restauración paisaxística de zonas afectadas por diferentes intervencións humanas, seleccionando as especies máis adecuadas e as técnicas apropiadas para a súa implantación; planificar e dirixir as labores de conservación e mantemento nestas áreas.
10. Redactar un proxecto profesional.
Metodoloxía da ensinanza A materia impártese no segundo semestre. A parte teórica comprende as clases presenciais, nas que se explican os contidos básicos. A materia complementase a través da aula virtual. As prácticas realizadas durante o curso, de carácter obrigatorio, axudan ó alumno a entender a teoría explicada. Os alumnos deben realizar tamén traballos prácticos. Realízanse prácticas de campo, como mínimo un viaxe de prácticas a xardíns, onde se explican e analizan in situ conceptos explicados na teoría. A materia se imparte a través da USC virtual.
Sistema de evaluaciónOs alumnos serán examinados da parte teórica da materia mediante exame escrito nun exame final. Haberá tamén un exame das prácticas de identificación de especies ornamentais, que será necesario aprobar para superar a materia. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Computaranse a parte de teoría (50%), a parte práctica (35%) se reparte en: identificación de especies (25%) e traballos prácticos (10%), a asistencia a clase e a participación do alumno (15%). Os alumnos deberán realizar os traballos prácticos que se fixen durante o curso. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 6 créditos e o número total de horas computables e de 150 horas das cales 51 son presenciais e 99 traballo persoal do alumno.
Distribución da docencia presencial:
24h clases expositivas
24h clases interactivas
3 h de titorías individuais
Traballo persoal do alumno:
Estímase unha dedicación mínima de 2 horas de estudio por hora de docencia expositiva. O alumno deberá dedicar unhas 30 horas totais de traballo persoal na preparación das prácticas e traballo das mesmas. Para a realización de traballos de curso estímase un total de 21 horas por alumno ou grupo. En total o alumno dedicará unhas 99 horas totais ao estudo dos contidos da materia, a comprensión e realización de traballos de prácticas.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o estudio da materia de modo progresivo a través do campus virtual e facendo os cuestionarios elaborados polos profesores para facilitar o aprendizaxe e comprensión da teoría.
A asistencia as titorías axuda a resolver as dúbidas que se presenten durante o estudo da materia.
Recoméndase abordar o estudio das plantas ornamentais desde un punto de vista moi práctico, de modo individual ou en grupo, aprendendo a recoñecelas en saídas a parques e xardíns e observando as súas posibilidades de emprego.
O análise individualizado ou en grupos de distintos tipos de espazos verdes axudará a comprensión da materia, tanto nos aspectos de deseño, como na adecuación da plantación, deficiencias de mantemento, etc.. .axudando a entender a teoría.