G4061327 - Cultivos Herbáceos Extensivos (Tecnoloxía da Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA.- OBXECTIVO XENÉRICO: Que os alumnos de Cultivos Herbáceos Extensivos coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos herbáceos extensivos, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista.
B.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
- Recoñecer especies de cultivos herbáceos extensivos e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudio e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes á formación do produto final comercializable.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo dos mesmos.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies e variedades para cada situación concreta.
- Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de produción de sementes, e no seu caso, outros tipos de propagación de especies polos métodos axeitados.
- Coñecer a problemática da colleita e os criterios de calidade dos produtos.
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
ContidosEsta materia constitúe por sí unha rama da fitotécnia xeral que engloba aos cultivos cuxas técnicas se encarga do estudo dos cultivos En cada un deles abordaranse coñecementos xerais sobre os cultivos que engloban, coñecementos particulares aplicados a cada especie, e relación coas demais especies cultivadas, e co entorno no que se desenvolven, permitíndolle ao alumno a planificación dun manexo sostible dos sistemas agrarios.
Cultivos Herbáceos Extensivos
Tema 1. Introducción aos cultivos herbáceos extensivos. Concepto de cultivo extensivo. Factores limitantes.
Tema 2. Clasificación dos cultivos herbáceos para o seu estudio.
Tema 3. Rotacións e alternativas de cultivos.
Tema 4. Cerealicultura. Aspectos xerais.
Tema 5. Cereais de inverno. O trigo, o centeo.
Tema 6. Cereais de verán. O millo.
Tema 7. As leguminosas de gran. Aspectos xerais.
Tema 8 A soia.
Tema 9. A faba.
Tema 10. Plantas Oleaxinosas. O xirasol.
Tema 11. Plantas Tuberosas. A pataca
Bibliografía básica e complementariaAlba, A. y Llanos, M. 1990. “El girasol”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Cadenas, A. 1995. “Agricultura y desarrollo sostenible”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Cubero, J.I. y Moreno, M.T. (eds). 1983. “Leguminosas de grano”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Guerrero, A. 1999. “Cultivos herbáceos extensivos”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Leguminosas de Grano. 1992. “I jornadas técnicas sobre leguminosas de grano”. E.U.I.T.A. Palencia. 28-30 de septiembre de 1992. Universidad de Valladolid. Junta de Castilla y León.
Loomis, R.S. y Connor, D.J. 2002. “Ecología de cultivos: productividad y manejo en sisetemas agrarios”. Ediciones Mundi-Prensa.
Lopez Bellido, L. 1991. “Cultivos herbáceos. Vol. I. Cereales”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
López Bellido, L. 1986. El altramuz. Investigación y Ciencia. nº de abril: 8-15.
Llanos, M. 1984. “El maíz: su cultivo y aprovechamiento”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Metcalfe, D.S. y Elkins, D.M. 1980. “Crop production: principles and practices”. Macmillan Publishing Co., Nueva York.
Summerfield, R.J. and Roberts, E.H. (eds). 1985. “Grain legume crops”. Collins, Londres.
Urbano, P y Moro, R. 1992. “Sistemas agrícolas con alternativas y rotaciones de cultivo”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Van Schoohaven, A. y Voysest, O. (eds) 1991. “Common beans: research for crop improvement”. CAB International, Cambridge.
Villalobos, F.J. et al. 2002. “Fitotecnia. Bases y tecnologías de la prucción vegetal”. Mundi-Prensa, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Otros libros y artículos en revistas científicas.
CompetenciasCoñecer, comprender e aplicar os fundamentos de manexo dos diferentes cultivos herbáceos intensivos e extensivos, para a súa aplicación á hora da planificación dunha explotación, ou sistema de cultivo no marco da agricultura sostible
Metodoloxía da ensinanza - Unha primeira parte de ensinanza teórica: clase maxistral e traballos de alumnos a través do material audiovisual, desenvolvendo o contido dos temas do programa de teoría.
- Aplicación dos conceptos adquiridos nas clases de teoría mediante clases prácticas, que serán tanto no laboratorio, coma no invernadoiro e no campo de prácticas da Escola, onde se levará a cabo entre outras cousas a realización dunha sementeira, repicado, transplante e seguemento fenolóxico de diferentes cultivos.
- Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector. En principio hai previstas 2 viaxes a dúas comarcas representativas e diferenciadas deste tipo de cultivos; en concreto, a Xinzo de Limia e a súa comarca, e a Carballo (Comarca de Bergantiños).
Sistema de evaluación- Será preciso aprobar conxuntamente as partes teórica e práctica da materia.
A avaliación da teoría farase mediante un exame e a cualificación dos traballos realizados.
- Nas prácticas avaliarase a asistencia e implicación do alumno, así como os posibles traballos que se realicen. As viaxes de prácticas valoraranse como prácticas, considerando un peso ponderado na nota respecto dunha práctica ordinaria, proporcional á súa duración.
- As cualificacións corresponderán un 60% á teoría e un 40% á práctica.
Tempo de estudo e traballo persoal- Por cada hora de clase de teoría ou práctica, o alumno debería dedicar por término medio de 1,5 horas de estudio.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir a clase e levar a materia ao día.
- Estudio razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
- Tentar manter un contacto cos factores do entorno relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
- Consulta da bibliografía recomendada