G4061328 - Electrificación Rural (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObxectivos específicos
Coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos das máquinas eléctricas para así poder seleccionalas e aplicalas nas instalacións eléctricas no ámbito agrario
Coñecemento e comprensión dos elementos necesarios que constitúen as instalacións eléctricas.
Seleccionar e instalar os aparatos de protección e seguridade segundo a normativa vixente nunha instalación eléctrica e comprensión da súa función.
Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito das súas competencias profesionais.
Proxectar e dirixir a instalación de liñas de distribución de enerxía eléctrica, tendo en conta a seguridade da subministración e a normativa vixente.
Busca autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas
Obxectivos actitudinais
Sensibilizar ao alumno na importancia dos riscos das instalacións eléctricas, que son evitados con instalacións correctamente deseñadas e de acordo coa normativa vixente.
Sensibilizar ao alumno en relación a importancia da elección de maquinaria eléctrica dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
ContidosContidos teóricos:
Aparatos. Aparatos de protección. Intensidades de curtocircuíto
Sistemas de posta a terra. Interruptores diferenciais.
Luminotecnia e instalacións de iluminación. Magnitudes e unidades. Leis fundamentais. Tipo de lámpadas. Características. Tipos de luz. Luminarias
Regulamento de Baixa Tensión. Instalacións agrarias máis importantes.
Principios xerais das máquinas eléctricas.
Transformadores. Transformador monofásico ideal. Transformador real.
Transformadores trifásicos. Centros de transformación
Máquinas asíncronas.
Motores monofásicos.
Contidos prácticos:
Representación e protección de instalacións eléctricas mediante programas informáticos
Cálculo luminotécnico de interiores e exteriores mediante programas informáticos
Arranque e inversión de xiro de motores asíncronos
Bibliografía básica e complementariaCarmona Fernández, Diego. 2004. Manual de Instalaciones Eléctricas. @becedario.
Carmona Fernández, Diego. 2003. Cálculo de Instalaciones y Sistemas Eléctricos: proyectos a través de supuestos. @becedario.
Chapman S.J. 2004. Máquinas Eléctricas. Mc Graw Hill.
Fernandez, L. ; Landa, J. 1993. Luminotecnia. MC Graw Hill.
Fraile, J. 1992. Máquinas Eléctricas. UPM.
García Trasancos, J. 1999. Instalaciones Eléctricas en Media y Baja Tensión. Paraninfo.
Luna Sánchez, L. 2008. Instalaciones Electricas de Baja Tensión en el Sector Agrario y Agroalimentario. Mundi Prensa.
Martínez Domínguez, F. 1998. Instalaciones Eléctricas de Alumbrado e Industriales. Paraninfo.
Martínez Domínguez, F. 2003. Tecnología Eléctrica: adaptado al nuevo RBT. Paraninfo
Martínez Requena, J. 1998. Puesta a Tierra de Edificios y en Instalaciones Eléctricas. Madrid.
Moreno., N. et al. 2003. Problemas Resueltos de Tecnología Eléctrica. Thomson.
Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión. Mº de Industria. 2003
Roger Folch et al. 2000. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis.
Sanz Serrano, J. L. 2004. Instalaciones Eléctricas: Resumen del REBT. Esquemas, Aplicaciones y Ejercicios Resueltos. Thomson. Paraninfo.
Trashorras Montecelos, J. 2002. Diseño de Instalaciones Eléctricas de Alumbrado. Thompson-Paraninfo.
CompetenciasCompetencias xerais
Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrico e enerxético, os límites impostos polos factores presupuestarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións o edificacións e explotacións agrarias, os espazos relacionados ca xardinería e o paisaxismo co seu entorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e o seu entorno cas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continuo, así como unha capacidade de adaptación a novas
Competencias transversais
Capacidade de análises e síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Utilización da información bibliográfica e da internet.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Metodoloxía da ensinanza O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes clasifícanse como segue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases é proporcionar ó alumno os coñecementos básicos que lle permitan aborda-lo estudio da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema. O estudante disporá do seguinte material depositado na Aula Virtual da materia:
• Boletíns de exercicios resoltos
• Boletíns de exercicios propostos
Preténdese que interactúen profesor e os estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
3. Titorías en grupos reducidos: sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
4. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituída por cuestións e exercicios dun conxunto de temas. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas.
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de 2 exames parciais a realizar ao longo do curso, un exame final, traballos, test ou resolución de exercicios de forma individual e/ou por grupo e a realización de prácticas que terán o seguinte peso na cualificación final.
DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
Apartados a avaliar Porcentaxe
Exames 60%
Traballos, tests, actividades 30%
Prácticas 10%
A porcentaxe dedicado a exames (60%) pódese obter na súa totalidade no exame final. A avaliación do curso divídese en dúas partes: instalacións (50%), máquinas (50%). A obtención dunha nota maior ou igual a 5 nos exames parciais permitirá aos estudantes eliminar esa parte da materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que será como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os estudantes que xa cursaran a materia e que entregaran a memoria de prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando exclusivamente a nota de prácticas. Os traballos só terán validez durante o curso académico.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada un dos apartados a avaliar
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final do segundo período, examinándose das partes que teña suspensas.
A cualificación de non presentado estará reservada para aqueles alumnos que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula/Horas
Clases expositivas 24,0
Clases interactivas 0,0
Prácticas 12,0
Titorías en grupo 1,0
Actividades de avaliación 6,0
Total: 43,0
Traballo persoal do alumnado Horas
Lectura e preparación de temas 13,5
Realización de exercicios 25,0 25,0
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre éstas 3,0
Elaboración de traballos de curso 24,0
Preparación de probas de avaliación 4,0
Total: 69,5
TOTAL: 112,5 Horas 4,5 Créditos
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberían ter cursado e superado a materias de Matemáticas e Física do primeiro curso e a materia de Electrotecnia de segundo curso. Recoméndase o traballo continuo durante o curso e consulta de dúbidas que podan xurdir tanto en clases, como nas titorías.
ObservaciónsA admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
O idioma empregado será o galego.