G4071441 - Procesos Industriais Xiloenerxéticos (Intensificación en Industrias Forestais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCapacitar o alumno para manexar os diversos conceptos que se utilizan na conversión dos procesos industrias xiloenerxéticos.
Capacitar o alumno para acometer o deseño e o cálculo dunha instalación de aproveitamento e conversión da biomasa forestal.
Busca autónoma e manexo de materiais, informáticos, normativos e comerciais de utilidade na xestión da biomasa e nos proxectos de instalacións de su conversión.
Sensibilizar ao alumno na importancia do aproveitamento da biomasa
Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
ContidosMateria prima da biomasa forestal
Utilización da biomasa forestal
Aproveitamento dos residuos selvícolas
Tecnoloxías de conversión térmica
Biocombustibles sólidos
Biocombustibles líquidos
Produción eléctrica e coxeración
Tecnoloxías de control de residuos e emisións
Tecnoloxías de recuperación de enerxía
Bibliografía básica e complementariaDamien, A. La biomasa: fundamentos, tecnologías y aplicaciones. Madrid : AMV Ediciones : Mundi-Prensa, 2009.
Biocombustibles: retos y oportunidades / editores, Juan M. Lema Rodicio, Pastora Mª Bello Bugallo
Sebastian, F.; García Galindo, D.Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa (vol.I). Prensa Universitarias de Zaragoza
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata.
U. Pontificia de Comillas. Asociación N. de Ingenieros del ICAI.
CompetenciasCompetencias xerais
Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais maderables e non maderables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas. (CG 11)
Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar. (CG 14)
Competencias transversais
Capacidade de análises e síntese.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Utilización da información bibliográfica e da internet.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Competencias específicas
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios do subministro de materias primas na industria forestal
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios dos procesos industriais xiloenergéticos.
Metodoloxía da ensinanza O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes clasifícanse como segue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa. O obxectivo destas clases é proporcionar ó alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudio da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema. Preténdese que interaccione profesor e os estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios de forma autónoma.
3. Titorías en grupos reducidos: sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia.
4. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituída por cuestións e exercicios dun conxunto de temas. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas.
Sistema de evaluaciónEfectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de dun exame final, traballos ou resolución de exercicios de forma individual e/ou por grupo e a realización de prácticas que terán o seguinte peso na cualificación final.
DISTRIBUCIÓN DA CUALIFICACIÓN
Exames: 70%
Traballos, tests, actividades: 15%
Prácticas: 15%
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS
Clases expositivas: 18.0
Clases interactivas: 8.0
Prácticas: 10.0
Titorías grupo: 2.0
Subtotal: 38.0
Examen e revisión: 4.0
Total : 42.5
HORAS TRABALLO ALUMNO:
Clases expositivas: 39.5
Clases interactivas: 14.0
Prácticas: 1.5
Titorías grupo: 5.5
Subtotal: 60.0
Examen e revisión: 10
Total : 70
HORAS TOTAIS: 112.5
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberían ter cursado e superado a materias de Matemáticas e Física do primeiro curso e a Tecnoloxía da Madeira