Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061329 - Rega e Instalacións Hidráulicas (Hidráulica e Hidroloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rey Sanjurjo, Benjamín.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIL_02HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal da materia é dotar o alumno de ferramentas para o estudo, a compresión e a utilización dos sistemas e tecnoloxías da rega, drenaxe e deseño de rega en areas verdes. Outros obxectivos atinxen ao fornecemento e distribución de auga en instalacións agrarias. Búscase que o alumno acade un grao suficiente de coñecemento da hidráulica que será necesario en calquera tipo de instalación hidráulica.
    Neste sentido, búscase que os alumnos poidan dominar con soltura os principios teóricos e prácticos da enxeñaría no campo da hidráulica aplicada. Ademais, preténdese que adquiran unha visión dos diferentes campos de aplicación destes coñecementos. Considérase de gran importancia a capacidade de interrelacionar os contidos, e aplicacións, da disciplina impartida con outras materias.


    Contidos
    - Deseño, cálculo e elementos constitutivos das instalacións de subministración e de distribución interior de auga nas explotacións agrarias.
    - Deseño, cálculo e elementos constitutivos das instalacións de sistemas de saneamento agrícola.
    - Métodos de Rega
    - Rega de espazos verdes
    - Deseño e cálculo de sistemas de rega
    - Automatización e telecontrol de sistemas de rega
    - Quimirrigación
    - Obras e instalacións hidraulicas.
    Bibliografía básica e complementaria
    -Agüera, J., 1996. Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. IV Edición. Editorial Ciencia 3, S.A. 700 pp
    -Arviza, J., Balbastre, I., González, P. 2002. Ingeniería Rural. Hidráulica. UPV.388 pp
    -De Paco, J.L., 1992. Fundamentos del cálculo hidráulico en los sistemas de riego y de drenaje. IRYDA-Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    -IRYDA., 1985. Normas para proyectos de riego por aspersión. IRYDA. Madrid.
    -Leiton, J.S. 1985. Riego y drenaje. EUNED. 179 pp
    -Martínez, M.A. 1993. Hidráulica aplicada a proyectos de riego. Univ. Murcia. 312 pp
    -Pizarro, F., 1996. Riegos localizados de alta frecuencia. 3ª edición. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    -Tarjuelo, J.M., 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ediciones Mundi-Prensa. 569 pp.

    Competencias
    Búscase que os alumnos poidan dominar con soltura os principios teóricos e prácticos da enxeñaría no campo da Hidráulica aplicada. Ademais, preténdese que adquiran unha visión dos diferentes campos de aplicación destes coñecementos.
    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia articúlase mediante as clases teóricas, os seminarios e as prácticas de laboratorio. No transcurso das clases teóricas, facilitase o acceso do alumno ás bases científicas e técnicas da materia impartida. O profesor encargado de cada unidade encárgase da exposición, dun xeito participativo, dos fundamentos teóricos e da súa comprensión por parte dos alumnos. A ensinanza é de carácter práctico e aplicado. Unha vez que o alumno coñece as principais fontes de información, a materia desenvólvese dun xeito eminentemente práctico, mediante a realización de exercicios aplicados e a resolución de supostos.

    Os seminarios dedícanse á resolución de problemas numéricos que sirvan para comprender mellor os conceptos teóricos e a súa aplicación a casos reais. Con este tipo de exercicios estimúlase a capacidade de análise, relación e creatividade dos alumnos. Ademais, ao analizar un problema práctico, os alumnos acostúmanse a fixarse cáles son os datos de partida, qué queremos calcular e, por suposto, cómo. Nas horas dedicadas a seminarios tamén se tratan temas específicos de xeito monográfico que complementen as clases teóricas.

    As clases prácticas de laboratorio concíbense como continuación das prácticas desenvolvidas no primeiro ciclo e perseguen a mellor comprensión dos conceptos explicados nas clases teóricas. Nelas, os alumnos manexarán equipos e instalacións reais e comprobarán os principais principios teóricos nos que se sustenta a hidráulica aplicada. Tamén se utilizarán programas de simulación hidrolóxica e hidráulica utilizados no exercicio profesional, para familiarizarse tanto cos seus principios teóricos como co seu manexo, e podelos aplicar á resolución de problemas reais.

    Con carácter voluntario, ofrécese a realización de traballos aos alumnos. O tema será unha situación real e concreta onde o alumno tería que buscar as fontes de información, propoñer alternativas e resolver o problema proposto. O profesor encargaríase de guiar o alumno neste traballo.

    Neste apartado tamén é importante mencionar as titorías, o apoio non presencial á docencia e as actividades complementarias programadas.

    As titorías permítenlles aos profesores realizar un labor docente personalizado. Unha das principais utilidades das horas de titorías consiste na resolución das dúbidas presentadas sobre a materia explicada ou sobre algún tipo de problema ou exercicio proposto na clase.

    A Universidade de Santiago de Compostela proporciona un soporte ás actividades de ensinanza, tanto presencial como a distancia, mediante o Campus Virtual. Ademais, tamén está á disposición dos alumnos, e de calquera persoa interesada nalgún tipo de consulta, a páxina web da Escola Politécnica Superior de Lugo (http://www.lugo.usc.es/epslugo/) e a do Departamento de Enxeñaría Agroforestal (http://www.lugo.usc.es/~enagr/), onde se pode atopar información relativa á docencia da materia.


    Sistema de evaluación
    Normas curso 2012-2013

    - Un exame final (6,5 puntos)
    - Prácticas e traballos voluntarios, as cualificacións das prácticas conservaranse durante dous cursos académicos (2 puntos máximo) e sumarase á nota do exame. Para avaliar as prácticas será necesario a asistencia ás mesmas e facer un traballo sobre elas.
    - Titorias en grupo e individualizadas (1,5 puntos), válidas para un curso académico

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial en aula (clases, seminarios, prácticas, titorias, avaliación): 43,5 horas

    Traballo persoal do alumno ( lectura e preparación temas, preparación previa prácticas, preparación probas de avaliación): 69 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    Aínda que non é obrigatoria, a asistencia participativa á clase é moi importante. Esta asistencia recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas.