G4041452 - Enxeñaría e Ecoloxía dos Sistemas Litorais (Intensificación en Hidroloxía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía, Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Ecoloxía, Enxeñaría Hidráulica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO plano de estudios determina que esta materia contribuirá á adquisición das seguintes competencias xerais:
Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Civil coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Civil.
Capacidade para a realización de estudios de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
Os obxectivos específicos da materia son os seguintes:
Que o alumno coñeza a estrutura e o funcionamento dos ecosistemas en xeral e dos ecosistemas litorais en particular.
Que o alumno coñeza as figuras de protección que se aplican ós en xeral e ós ecosistemas litorais en particular.
Que o alumno coñeza a avaliación ambiental estratéxica de planos e programas y a avaliación de impacto ambiental das obras de enxeñaría.
ContidosOs contidos da materia agruparanse nos seguintes temas:
PARTE TEÓRICA
Bloque 1: Ecoloxía dos sistemas litorais
1: Os organismos e o medio.
2: As poboacións: a súa estrutura e dinámica.
3: As comunidades: estrutura e dinámica das comunidades.
4: Os factores físicos nos medios litorais.
5: Ecosistemas costeiros sobre substratos rochosos.
6: Ecosistemas costeiros sobre substratos sedimentarios.
7: Lexislación e figuras de protección dos ecosistemas litorais.
Bloque II. Impacto Ambiental: Avaliación e Corrección.
8: Introdución á avaliación ambiental. Factores e accións.
9: Avaliación de impacto ambiental. Avaliación ambiental estratéxica.
10: Metodoloxía de avaliación de impacto ambiental das obras de enxeñaría. Aplicación ás obras de enxeñaría no litoral
PARTE PRÁCTICA
Programarase unha saída ó campo para observar in situ os ecosistemas litorais estudados na parte teórica da materia e diversos alteracións que sofren estes sistemas. Os alumnos realizarán un traballo no que estudarán o impacto dunha obra ou proxecto de obra no litoral.
Bibliografía básica e complementariaBegon, M; Harper, J L; Townsend, C R (1994). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Omega, Barcelona.
Conesa Fernández-Vitora, V. (2010). Guía Metodológica de Evaluación de Impacto Ambiental. Mundi-Prensa, Madrid.
Garmendia Salvador, A. (2010). Evaluación de Impacto Ambiental. Pearson/Prentice Hall, Madrid.
Little, C (2000). The biology of soft shores and estuaries (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Little, C; Kitching, R L (1994). The biology of rocky shores (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Smith, R L; Smith, T M (2007, 6ª ed.). Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid.
CompetenciasAs persoas que teñan cursado a materia serán capaces de:
Recoñecer os diferentes tipos de ecosistemas litorais presentes na costa.
Identificar o seu nivel de protección.
Avaliar as alteracións que sofren ou poden sufrir como resultado das obras civís proxectadas ou realizadas no litoral.
Metodoloxía da ensinanza Empregaranse clases expositivas para a presentación e desenvolvemento dos contidos teóricos.
Faranse seminarios en grupos reducidos na aula ou na aula de informática para traballar sobre aspectos aplicados relacionados coa teoría.
Faranse saídas ó campo para coñecer in situ os ecosistemas descritos na teoría e coñecer os impactos que e ameazas que sofren na actualidade.
Farase uso do Campus Virtual para que os alumnos poidan acceder ós materiais do curso, sobre todo aqueles que non son documentos de texto (imaxes, ligazóns na Internet, follas de cálculo, software), e tamén para a coordinación de actividades e corrección de exercicios feitos nas sesións prácticas e resolución dos problemas que poidan xurdir no traballo do alumno na casa.
Sistema de evaluaciónÓ rematar o semestre haberá un exame final no que se avaliará o coñecemento da parte teórica do curso. O seu valor representará ata o 70% da nota final.
Os traballos realizados na parte práctica da materia representarán ata o 20% da nota final.
A asistencia ás clases tamén se incluirá na avaliación de forma proporcional á asistencia do alumno e ata un máximo do 10% da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de traballo presencial requirirá entre dúas e tres horas de traballo de revisión, resolución de exercicios e preparación da proba final.
Recomendacións para o estudo da materiaMalia incluír aspectos aplicados, a parte de ecoloxía da mateira inclúe unha forte carga teórica na que se definen termos, se describen estruturas e se analiza o funcionamento dos ecosistemas en diferentes niveis de organización. Cómpre ser capaz de relacionar estreitamente todos estes coñecementos porque a avaliación final tentará determinar a capacidade de integración e análise do alumno máis que a de memorización.
Polo tanto, o traballo persoal debe estar orientado a revisión dos conceptos e á poñer en relación o que se vai vendo no percorrer do curso nas actividades presenciais. Compre, polo tanto, revisar o material a medida que se vai presentando e analizalo en función do que xa se ten visto anteriormente. Xurdirán dúbidas, dificultades e cuestións, e será importante acudir ás titorías para resolvelas.
ObservaciónsO Campus Virtual será unha ferramenta importante para o desenvolvemento da materia. Os materiais necesarios para o curso poderán ser baixados de alí, e as informacións detalladas do desenvolvemento da materia estarán dispoñibles no seu calendario.