G4061241 - Zooloxía e Fisioloxía Animal (Intensificación en Explotacións Agropecuarias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaa) Xerais:
- Fomentar a curiosidade científica, inculcando o desexo de coñecer, investigar e comprender o mundo animal e o seu funcionamento.
- Habituar o alumno no manexo de fontes bibliográficas.
- Dispoñer dunha base de terminoloxía e principios zoolóxicos e fisiolóxicos elementais.
- Coñecer as técnicas elementais do estudo zoolóxico e fisiolóxico.
- Coñecer os diferentes modelos de organización animal baseándose na morfoloxía e bioloxía dos distintos grupos.
- Comprender que a actual diversificación animal é consecuencia do proceso evolutivo.
b) Específicos:
- Coñecer os principais taxons de interese agrario, sobre todo aqueles que poden causar ou controlar pragas, os que sexan susceptibles de aproveitamento ou os que necesitan de protección e conservación.
- Coñecer a fisioloxía destes grupos coa finalidade de poder manipulalos para obter os mellores resultados.
- Analizar os fenómenos de converxencia e diverxencia evolutiva dos sistemas funcionais como resposta adaptativa aos continuos cambios medioambientais.
- Coñecer as relacións interespecíficas que poidan condicionar as distintas especies e as súas características medioambientais.
- Inculcar nocións para a conservación da diversidade nos ecosistemas agrarios.
ContidosLección 1.- Concepto de zooloxía, morfoloxía, anatomía e fisioloxía animal. Fauna de interese agrario. Definición de fauna edáfica; principais grupos que a integran. Importancia ecolóxica xeral da fauna de interese agrario.
Lección 2.- Nematodos: definición e caracteres xerais, anatomía e fisioloxía, reprodución e ciclos vitais das formas edáficas, zooparasitas e fitoparasitas. Significación ecolóxica e fisioloxía ambiental
Lección 3.- Anélidos Oligoquetos: definición, anatomía e fisioloxía, reprodución e desenvolvemento embrionario.
Lección 4.- Moluscos Gasterópodos terrestres: estudo anatómico e fisiolóxico.
Lección 5.- Artrópodos: Estrutura e propiedades da cutícula. Muda. Organización corporal: cefalización e tagmatización. Estrutura e diversidade dos apéndices. Sistema tegumentario e esquelético. Clasificación
Lección 6.- Artrópodos terrestres: Hexápodos: diagnose. Cabeza: órganos sensoriais, apéndices bucais e tipos de aparellos bucais. Tórax: patas e ás. Abdome. Principais grupos de interese agrario
Lección 7.- Organización interna e función. Reprodución e desenvolvemento embrionario. Metamorfose e crecemento; control hormonal da muda. Quiescencia e diapausa.
Lección 8.- Cordados: definición e caracteres xerais; vertebrados: caracteres xerais e clasificación
Lección 9.- Peixes: caracteres xerais e clasificación; adaptacións morfolóxicas e fisiolóxicas; reprodución e desenvolvemento.
Lección 10.- Aves: orixe e caracteres xerais; peculiaridades morfofuncionais; réximes alimenticios e dixestión; reprodución e desenvolvemento
Lección 11.- Mamíferos: caracteres xerais e clasificación; peculiaridades morfofuncionais; sistema dixestivo e nutrición; reprodución e desenvolvemento; mamoxénese e lactancia
SEMINARIOS
Lumbricultura
Helicicultura
Apicultura, Sericultura e Piscicultura
Fauna e Agro
Biodiversidade e conservación
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Práctica 1.- Explotación de miñocas a pequena escala ao longo de todo o semestre
Práctica 2.- Morfoloxía externa de invertebrados non artrópodos
Práctica 3.- Captura de fauna edáfica (trampas de caída e mostras de solo). Identificación no laboratorio dos principais grupos de interese agrario
Práctica 4.- Morfoloxía externa de artrópodos e identificación das ordes de insectos de interese agrario (coleópteros, larvas de lepidópteros, larvas de tipúlidos, etc)
Práctica 5.- Morfoloxía de peixes, anfibios, reptiles, aves e mamíferos: plumas, patas, picos, cranios, etc.
PRÁCTICAS DE CAMPO:
Haberá unha saída ao campo para colocar as trampas de caída e tomar mostras de solo
Realizarase unha segunda saída para visitar unha explotación de miñocas
Bibliografía básica e complementariaBarber, A. M. e Ponz, F., Fisiología Animal: funciones vegetativas, Ed. Síntesis, 1991.
Barja de Quiroga, G., Fisiología Animal e Evolución. Hacia una visión más objetiva de los seres vivos, Ed. Akal, Madrid, 1993.
Barnes, R. S. K., Calow, P., e Olive, P. J. W., The Invertebrates: a new synthesis, Blackwell Scientific Publications, Oxford, 1993.
Benckiser, G.. Fauna in soil ecosystems: recycling processes, nutriente fluxes and agricultural production. Ed.Marcel Dekker 1997
Birch, M. C. e Hainer, K. F., Feromonas de insectos, Ed. Oikos-Tau, Barcelona, 1990.
Bonnet, J.C., Aupinel, P. e Vrillon, J.L.- L'escargot Helix aspersa: biologie-élevage. INRA 1989
Bush, A. O., Fernández, J. C., Esch, G. W. e Seed, J. R., Parasitism. The diversity and ecology of animal parasites, Cambridge University Press, 566 pp, 2001.
Brusca, R. C., e Brusca, G. J.,.- Invertebrados. Ec. McGraw-Hill-Interamericana, 2005
Curry, J.P.- Grassland Invertebrates: Ecology, influence on soil fertility and effects on plant growth. Ed. Chapman&Hall, 1994
de la Fuente, J. A., Artrópodos. I. Características xerais, Dpto. Zoología, Univ. Salamanca, 1982.
de la Fuente, J. A., Zoología de Artrópodos, Ed. McGraw-Hill-Interamericana de España, Madrid, 1994.
Díaz, J. A. e Santos, T., Aproximación evolutiva a la diversidad e organización de los animales, Ed. Síntesis, Madrid, 1998.
Eckert, R., Randall, D., e Augustine, G., Fisiología animal. Mecanismos e adaptaciones, Ed. McGraw-Hill Interamericana de España, Madrid, 1991.
Hickman, C. P., Roberts, L. S., Keen, S.L.,Larson, A., l'Anson, H e Eisenhour, D.J. Principios integrales de Zoología, Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 14ª edición, 2008.
Kardong, K. V., Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución, Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 1999.
Malakhov, V. V., Nematodos: Structure, Development, Classification and Phylogeny, Smithsonian Institution, 1994.
Lavelle, P. e Spain, A.V.- Soil Ecology. Kluwer Academic Publishers 2001
Mayordomo Exojo, I.- Cría Biológica del Caracol. Ed. Agrotecnicas, 2003
Meléndez-Hevia, E., La evolución del metabolismo: hacia la simplicidad, ed. Eudema Biología, 1992.
Randall, D., Burggren, W. e French, K., Fisioloxía animal. Mecanismos e adaptaciones, Ed. McGraaw-Hill Interamericana, Madrid, 1998.
Richards, O. W. e Davies, R. G., Tratado de Entomología Imms. 1 Estructura, Fisiología y Desarrollo, ed. Omega, Barcelona, 1983.
Richards, O. W. e Davies, R. G., Tratado de Entomología Imms. 2. Clasificación y Biología, ed. Omega, Barcelona, 1984.
Schuldt, M.- Lombricultura: Teoría y práctica. Ed. Mundi-Prensa 2006
Vaughan, T. A., Mamíferos, Interamericana, México, 1988.
Weichert, C. K. e Presch, W., Elementos de anatomía de los cordados, Ed. McGraw-Hill, México, 1981.
Wessels, N. K., Adaptaciones estructurales de los vertebrados en Scientific American: Vertebrados: estructura y función, Ed. Blume, Madrid, 1979a.
CompetenciasCompetencias xerais:
• Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
• Capacidade de análise e de síntese.
• Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
• Planificación e xestión do traballo.
• Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
• Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
• Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
• Compromiso social, ético e ambiental e asunción de responsabilidades
Competencias específicas disciplinares (saber):
• Entender o concepto de diversidade zoolóxica e a necesidade da súa conservación.
• Distinguir os diferentes grupos de animais.
• Familiarizarse co manexo do material óptico do laboratorio e claves dicotómicas.
• Manipulación no laboratorio de representantes dos distintos grupos animais de interese agrario.
• Coñecer e empregar as técnicas de captura, conservación e disección de material zoolóxico.
Competencias específicas profesionais (saber facer):
• Establecer e/ou asesorar sobre as especies máis axeitadas para cada zona e sobre as técnicas óptimas para o seu manexo.
• Loitar contra pragas ou axentes infecciosos mediante o emprego de métodos de control biolóxico ou químico que anulen as accións destrutivas sobre as colleitas, pero non lles afecten ao medio natural.
• Programar e dirixir explotacións agropecuarias.
• Analizar a rendibilidade xeral dunha explotación.
Competencias específicas académicas (querer facer):
• Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
• Buscar e xestionar a información relacionada coa súa actividade
• Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional
• Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
• Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
• Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
• Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
• Habilidade no manexo das TICs.
• Utilización de información en lingua estranxeira.
• Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
• Capacidade de resolver problemas con creatividade, metodoloxía e razonamento crítico
• Capacidade de liderazgo, comunicación e transmisión
Metodoloxía da ensinanza A docencia teórica terá lugar durante o segundo semestre, segundo o horario aprobado polo centro, e o material empregado en cada clase de teoría estará á disposición do alumno con anterioridade na plataforma virtual. As clases teoricas consistirán na explicación dos contidos da asignatura, por parte do profesorado e axudándose da pizarra e dos medios audiovisuais.
Los seminarios son actividades complementarias sobre aspectos aplicados que serán impartidas por el profesorado; se dedicarán los últimos minutos para la exposición de aspectos relacionados con las prácticas de laboratorio y del trabajo que tendrán que presentar los alumnos.
Al prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos e estarán orientadas cara a adquisición de habilidades e experiencia práctica por parte do alumnado.
Docencia práctica (servirá para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia práctica):
- Breve introdución por parte do profesor.
- Realización da práctica polos alumnos, seguindo as directrices marcadas por un guión, baixo o seguimento e a supervisión do profesor.
Todas as tarefas do/a estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
USC-virtual:
- Utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para prover aos alumnos do material necesario para o desenrolo da materia (presentacións, apuntes, textos de apoio, bibliografía, etc.) e para establecer unha comunicación fluída co profesor.
Sistema de evaluaciónA cualificación da materia obterase a partir dos resultados dun exame teórico (55% da nota final), a asistencia a prácticas (10% da nota final), elaboración dun traballo sobre os resultados da práctica 1 (15% da nota final), a elaboración e presentación dun traballo a partires dun artigo científico (10 %) e dunha avaliación continua mediante a resposta duns cuestionarios ao final de cada tema e a paticipación nas clases (10% da nota final).
As prácticas serán obrigatorias e a non asistencia a elas supón ter que presentarse a un exame práctico ao final do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas: 18 horas
Lectura e preparación dos temas: 27,5 horas
Clases interactivas (laboratorio e seminarios): 20 horas
Realización de exercicios: 5 horas
Elaboración e exposición de traballos: 20 horas
Tutorías en grupos reducidos: 2 horas
Preparación de exame: 11
- Horas totais de dedicación do alumno: aproximadamente 105 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia presencial e participativa nas clases de teoría e, moi especialmente, nas prácticas de laboratorio.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Uso das horas de titoría dos profesores para consultas e aclaracións.