Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071445 - Protección, Conservación e Construción en Madeira (Intensificación en Industrias Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Mariño Allegue, Ramón Ángel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento da madeira como material estrutural especialmente no que se refire ás propiedades físico-mecánicas, así como a súa conservación e emprego no contexto da construción actual. Adquisición de coñecementos no cálculo de estruturas de madeira, analizando as bases de cálculo, o comportamento fronte ao lume, a durabilidade e a proteción fronte aos axentes de deterioro, etc.

    Contidos
    Grado de proteción da madeira.
    Clases de risco da madeira.
    Degradación por factores abióticos e bióticos.
    Os produtos protectores da madeira e os métodos de aplicación.
    Protección térmica da madeira.
    Protección da madeira fronte ao lume.
    A madeira como material construtivo. Propiedades da madeira relacionadas coa durabilidade.
    Condicionantes para o emprego da madeira na construción.
    Deseño e cálculo de estructuras de madeira. Normativa específica.
    Determinación de propiedades físicas e mecánicas.
    Tipos estructurais.
    Metodoloxías para a inspección, valoración e diagnose de elementos de madeira: principais técnicas non destrutivas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Arriaga Martitegui, F.; Argüelles Álvarez, R. 2003. Estructuras de madera. Diseño y cálculo. AITIM. Madrid.
    - Código Técnico de la Edificación. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. 2010. Ministerio de Fomento. Madrid.
    - Eurocódigo 5. 2006. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto en situación de incendio. AENOR. Madrid.

    Bibliografía complementaria:
    - Dupraz, P.A.; Mooser, M.; Pflug, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
    - Fernández-Golfín Seco, J.I.; Díez Barra, M.R.; Hermoso Prieto, E.; Mier Pérez, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.
    - Herzog, T.; Natterer, J.; Schweitzer, R.; Volz, M: Winter, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.

    Competencias
    Competencias xerais da materia:
    - Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestales, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
    - Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais maderables e non maderables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
    - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións.


    Competencias específicas da materia:
    - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de:
    Estrutura anatómica interna e propiedades macroscópicas da madeira.
    Subministro de materias primas na industria forestal.
    - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira.
    - Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de carpintería, secado, descortizado e trituración da madeira.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases teóricas empregaremos o método expositivo, de xeito que o alumno recibe unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos por parte do alumno que lle permitan aproveitar as clases. Asemade, realizaranse seminarios nos que se debaterá sobre temas concretos, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo. A materia contempla tamén a realización de prácticas baseadas na utilización dos equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas do laboratorio de cálculo de estruturas, e nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos á resolución de casos prácticos.
    Como complemento, realizaranse prácticas de campo cunha saída no mes de maio.

    Sistema de evaluación
    Docencia expositiva:
    - Exame final teórico-práctico. 25%
    - Valoración dos traballos de curso propostos polo profesor. 50%

    Docencia interactiva:
    - Exame de prácticas. 25%


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por termo medio, considérase necesario dedicar unha hora de estudo por cada hora de carácter teórico na materia, ás que se lle engade unha media de dúas horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia á clase, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.


    Observacións
    Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma Blackboard onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, guión de prácticas, acceso a páxinas Web de interese, etc.