Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061242 - Materiais e Elementos da Edificación (Intensificación en Mecanización e Construcións Rurais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA ELENA.SI
MENDEZ LODOS, MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo da materia é que o alumnado dispoña do coñecemento sobre os materiais e elementos empregados na edificación agrogandeira, desenvolvendo a capacidade para definir e valorar distintas alternativas en función das condicións de partida do edificio, de modo que poida seleccionar a máis adecuada.
    Contidos
    Contidos expositivos:
    - Bloque temático I. Aspecto clave dos materiais
    Cuestións básicas sobre os materiais. Materiais metálicos férricos. Materiais metálicos non férricos. Materiais non metálicos.
    - Bloque temático II. Materiais estruturais usuais
    Propiedades físico-mecánicas. Madeira e os seus produtos. Aceiro. Formigón.
    - Bloque temático III. Elementos estruturais
    Estruturas. Cimentos.
    - Bloque temático IV. Elementos de edificación
    Illamento térmico. Cubertas. Cerramentos e soleiras. Obra civil.

    Contidos interactivos de seminario:
    Materiais metálicos non férricos na construción agrogandeira. Materiais non metálicos na construción agrogandeira. Madeira. Aceiro estrutural. Formigón. Estruturas de naves destinadas a actividades agrogandeiras. Tipos de cimentación. Illamento térmico. Cubertas. Cerramentos e soleiras. Obra civil.

    Contidos interactivos de laboratorio:
    Equipos e ensaios. Elementos estruturais. Elementos de cuberta, cerramento, pavimentos e obra civil.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Argüelles Álvarez, R. et al. 2005. Estructuras de acero. Ed. Bellisco, Madrid.
    Calavera Ruiz, J.; Fernández Gómez, J. 2001. Prefabricación de edificios y naves industriales. Ed. Intemac, Madrid.
    Crespo Escobar, S. 2010. Materiales de construcción para edificación y obra civil. San Vicente: Editorial Club Universitario.
    ITEA. 1999. Guía de diseño para edificios con estructura de acero. Ed. ITEA, Gipuzkoa.
    Medina Sánchez, E. 2008. Construcción de estructuras de hormigón armado. Ed. Delta, Madrid.
    Regalado Tesoro, F. 1999. Breve introducción a las estructuras y sus mecanismos resistentes. Ed. Cype Ingenieros S.A., Alicante.
    Vaquero, J. et al. 1996. Edificación con prefabricados de hormigón. Ed. IECA, Madrid.
    Vázquez, I. et al. 2009. Materiales de construcción: materiales metálicos. Ed. Fundación Ingeniería Civil de Galicia, A Coruña.

    Bibliografía complementaria:
    Engel, H. 2000. Sistemas de estructuras. Ed. Gustavo-Gili, Barcelona.
    Degussa Construction Chemicals. 2004. Prontuario B.L. Buildins Systems. Ed. Degussa Construction Chemicals, Barcelona.
    Arredondo Verdú, F. 1990. Generalidades sobre materiales de construcción. Ed. Servicio de Publicaciones, Colegio de Ing. De Caminos, Canales y Puertos, Madrid.
    Torroja Miret, E. 1996. Razón y ser de los tipos estructurales. Ed. Cesicc, Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja, Madrid.
    Gordon, J. E. 1999. Estructuras o por qué las cosas no se caen. Ed. Celeste, Madrid.
    Calavera Ruiz, F. 2005. Patología de hormigón armado y pretensado. Ed. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones, Madrid.
    Mamlouk, M.S. 2009. Materiales para ingeniería civil. Ed. Pearson, Madrid.

    Competencias
    Competencias xerais:
    Segundo o plano de estudos, as principais competencias xerais que persegue esta materia son as seguintes:
    - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións) e a xardinería e o paisaxismo.
    - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos á explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións.

    Competencias específicas:
    - Coñecemento das propiedades físicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais máis empregados na construción.
    - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios relativos aos elementos estruturais das construcións agrarias e os materias necesarios adecuados ás circunstancias das edificacións.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análise e de síntese.
    - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
    - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía inclúe os seguintes elementos:
    - Clases expositivas, de teoría e de carácter maxistral. Estas clases levaranse a cabo na aula empregando o método expositivo, buscando a participación do alumnado.
    - Clases interactivas de seminario. No desenvolvemento destas clases afondarase en aspectos concretos de determinados contidos.
    - Clases interactivas de laboratorio. Estas clases serán o marco para a realización de actividades prácticas relacionadas coa proposta de alternativas en canto a solucións estruturais e de materiais para naves agrogandeiras baixo circunstancias coñecidas.
    - Titorías en grupo.
    - Titorías individualizadas.
    - Probas de avaliación.

    Sistema de evaluación
    A avaliación inclúe dous apartados:
    - O 80% da cualificación final corresponde ao exame final de contido teórico-práctico.
    - O 20% da cualificación final corresponde á asistencia ás actividades programadas e aos traballos realizados nas clases interactivas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de estudo e traballo persoal estimado é dunhas 95 horas, para as cales se presenta a continuación unha proposta de organización:
    - Lectura e preparación dos contidos expositivos: 1.5 horas/hora de clase expositiva.
    - Revisión de contidos de clases interactivas de seminario e realización de exercicios propostos: 1.5 horas/hora de clase interactiva.
    - Elaboración de traballos de curso relacionados coas clases interactivas de laboratorio: 1.5 horas/hora de clase interactiva.
    - Preparación de probas de avaliación: 1 hora/hora de clase expositiva.

    Deste xeito, as horas dedicadas á materia axustaríanse, máis ou menos, ao previsto:
    6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clases. Repaso posterior ás clases dos contidos desenvoltos nas mesmas. Estudo regular dos contidos, completando co manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías.
    Observacións
    O alumnado poderá acceder a un curso virtual na plataforma da USC donde disporá de material de diversa natureza: guía docente da materia, bibliografía, acceso a páxinas web de interese, etc.