Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071446 - Industrias de Segunda Transformación da Madeira (Intensificación en Industrias Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ ROCHA, JESUS.NON
Vila Lameiro, Pablo.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a importancia económica da industria de segunda transformación da madeira e as características da materia prima
    - Coñecer os distintos fluxos de fabricación e maquinaria
    Contidos
    DEFINICIÓNS, IMPORTANCIA ECONÓMICA DA INDUSTRIA. CARACTERÍSTICAS DA MATERIA PRIMA
    - Definición
    - Relación madeira-produto final
    - Importancia económica das industrias de transformación da madeira en Galicia
    - Características da madeira para a industria
    - Despeces dun tronco na industria e cortes que se poden efectuar
    - Defectos da madeira en rolo e serrada.

    FABRICACIÓN E MAQUINARIA
    - Fluxo de fabricación das industrias de 2ª transformación
    - Fluxo de fabricación dun taller de carpintería de ocos e revestimentos
    - Fluxo de fabricación dunha industria do moble
    - A maquinaria e as súas funcións

    ENSAMBLES E UNIÓNS DA MADEIRA
    - Tipos de unións
    - Maquinaria empregada para realizar as unións

    TECNOLOXÍA DO ENCOLADO DA MADEIRA
    - Principios do encolado
    - Tecnoloxía do encolado

    O LIXADO DA MADEIRA
    - Obxectivos
    - Características da ferramenta
    - Principios do lixado
    - Maquinaria de lixado

    O ACABADO DA MADEIRA
    - Obxectivos
    - Fases do acabado
    - Criterios para a elección dun verniz
    - Tipos de vernices
    - Equipos de aplicación de vernices

    TECNOLOXÍA DA FABRICACIÓN DE PORTAS DE MADEIRA
    - Definicións
    - Clasificación
    - Tecnoloxía da fabricación de portas planas
    - Fluxo de fabricación de portas planas estándar

    TECNOLOXÍA DA FABRICACIÓN DE VENTÁS DE MADEIRA
    - Definicións
    - Elementos dunha ventá
    - Clasificación dunha ventá
    - Fluxo de fabricación de ventás

    TECNOLOXÍA DA FABRICACIÓN DE SOLOS DE MADEIRA
    Introdución
    Clasificación
    Parqués
    Tarimas
    Parqué flotante
    Bibliografía básica e complementaria
    1. TECNOLOGÍA DE LA MADERA. Santiago Vignote. MAPA

    2. LA MADERA Y SU TECNOLOGÍA. Luis García Esteban. AITIM

    3. TECNOLOGÍA DE LA MADERA Y DEL MUEBLE. W. Nutsch. Editorial Reverté

    4. MUNUAL DE LA MADERA. LA CARPINTERÍA Y LA EBANISTERÍA. Albert Jackson. Ediciones del Prado.

    5. APUNTES DE IDUSTRIAS DE SEGUNDA TRANSFORMACION DE LA MADERA. A. Babío

    6. LA MADERA EN LA CONSTRUCCIÓN. AITIM

    7. ACABADOS DE LA MADERA. S. W. Gibbía. CEAC.

    8. PRÁCTICAS DEL CHAPEADO DE LA MADERA. Charles H. Hayward. CEAC.

    9. APUNTES DE TECNOLOGÍA GENERAL DE PRODUCTOS FORESTALES. CEAC.

    10. REVISTAS AITIM Y MONTES

    Competencias
    Competencias
    - Capacidad para coñecer, comprender e utilizar os principios de suministro de materias primas na industria forestal
    - Distinguir os distintos procesos de fabricación da industria de segunda transformación
    - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de:
    1.- Ensambles e unións da madeira
    2.- Encolado da madeira
    3.- Lixado da madeira
    4.- Acabado da madeira
    5.- Fabricación de portas de madeira
    6.- Fabricación de ventás de madeira
    7.- Fabricación de solos de madeira

    Metodoloxía da ensinanza
    É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na asignatura, así como a amplitude e diversidade de obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.

    Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.

    Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia débese por a disposición do alumno toda a información necesaria, auxiliándose nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.

    Ademais, a asignatura integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.

    Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional alleo á universidade.
    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación
    - Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
    Asistencia a lo menos, ó 80% das clases presenciais (teóricas, titorías e visitas guiadas)

    - Méritos imputables en la avaliación numérica
    Preguntas breves 20 % da nota final
    Preguntas tema 10 % da nota final
    Traballos de documentación 70 % da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 4 horas de dedicación á asignatura, o cal supón un total de, aproximadamente 80 horas. A isto sería necesario engadirlle un complemento de 10-15 horas para a preparación das titorías en grupo.

    É dicir, son necesarias un total de 90/95 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia continuada a clase para tomar nota das explicacións puntuais e aclaracións que o profesor fai sobre la materia

    Recoller información para os traballos individuais de forma progresiva, elaborando estes en contacto continuado co profesor, quen ten que actuar de guía para solucionar dúbidas de contido, forma e presentación dos manuscritos

    Lectura diaria da materia explicada, para, se ben non lograr a súa total comprensión, si para fixar contidos básicos

    Comezar a fase final de estudio da materia con unha antelación suficiente que impida problemas de última hora

    Completar as explicacións de clase coa bibliografía recomendada