Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4071447 - Mellora Xenética Forestal e Viveiros (Intensificación en Explotacións Forestais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal, Xenética
  • Áreas: Produción Vexetal, Xenética
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA.NON
FERNANDEZ LORENZO, JUAN LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    •Coñecemento e comprensión dos principios da herdanza cara a súa aplicación na mellora produtiva e na conservación da diversidade biolóxica.
    •Coñecemento e comprensión das bases da produción viveirística de planta forestal de calidade, a raíz núa e en envase
    •Adquisición dun espíritu crítico na liña do método científico.
    •Achegamento do estudante, mediante actividades interactivas, á resolución de problemas e á experimentación no ámbito da xenética, no contexto de investigación dos departamentos universitarios implicados na docencia.
    .Achegamento á realidade viveirística do país mediante viaxes de prácticas. Capacidade de resolución de problemas viveirísticos de índole práctica.
    •Fomento do desenvolvemento de capacidades transversais: análise, síntese, razoamento e argumentación; procura de información axeitada, diversa e actualizada; resolución de problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos; exposición de coñecementos en público de forma clara, atractiva e coherente.

    Contidos
    3.1. Programa teórico

    •Tema 1. Principios do material hereditario.
    Visión xeral sobre o ADN, os cromosomas e o cariotipo.

    •Tema 2. Bases da herdanza dos caracteres: Xenética mendeliana.
    Os experimentos de Mendel e as súas conclusións. Patróns de herdanza.

    •Tema 3. Ligamento e mapas xenéticos.
    Herdanza de xenes localizados no mesmo cromosoma. Grupo de ligamento. Entrecruzamento xenético. Frecuencia de recombinación. Mapas xenéticos.

    •Tema 4. Xenética cuantitativa.
    A naturaleza da variación continua. Modelo xenético para os caracteres cuantitativos: os estudos de Johannsen e de East. Partición da varianza fenotípica: compoñentes xenético e ambiental. Compoñentes da varianza xenética. Concepto de herdabilidade e métodos de estimación.

    •Tema 5. Aplicacións da Xenética.
    Xenética da conservación. Enxeñería Xenética.

    •Tema 6. Principios e obxectivos da mellora xenética forestal. Os programas de mellora xenética forestal. Particularidades da mellora xenética en especies arbóreas de interese forestal.

    •Tema 7. Hortas de semente. Obxectivo, tipos e ubicación. Deseño experimental. Xestión.

    •Tema 8. Ensaios de procedencias e introdución de especies. Concepto de rexión de procedencia. Ensaios en viveiros. Deseño experimental dos ensaios. Instalación e seguemento.

    •Tema 9. Viveiros forestais. Factores que condicionan a instalación. Estrutura básica do viveiro.

    •Tema 10. Invernadoiros para a produción forestal. Compoñentes. Calefacción. Refrixeración. Iluminación artificial. Fertilización carbónica.

    •Tema 11. Cultivo a raíz núa. Preparación do terreo. Fertilización. Regas. Poda radical. Transplante e arranque. Transporte da planta.

    •Tema 12. Cultivo en envase. Características diferenciais da planta en envase. Envases para produción de planta forestal: características xerais, tipos, criterios de elección. Substratos orgánicos e inorgánicos: tipos, propiedades, mesturas. Fertilización: fertirrega. Micorrización controlada.

    •Tema 13. Propagación por sementes. Conservación e pretratamento das sementes. Sementeiras a raíz núa e en envase. Sementadoras.

    •Tema 14. Multiplicación vexetativa. Principios e obxectivos. Estacaxe. Enxerto. Porbaixa

    •Tema 15. Propagación mediante cultivo in vitro. Concepto. Medios e condicións ambientais dos cultivos. Tipos de micropropagación. Fases. Sistemas de rexuvenecemento de material adulto. Aplicacións en mellora xenética.

    •Tema 16. Protección en viveiros forestais. Protección contra meteoros: vento, xeadas, insolación. Pragas e doenzas frecuentes nos viveiros forestais. Prevención e loita.

    3.2. Programa práctico

    •Práctica 1. Estudo xenético da herdanza de caracteres cualitativos.

    •Práctica 2. Análise xenética de caracteres cuantitativos.

    •Práctica 3. Resolución de problemas de xenética (Varias sesións).

    •Práctica 4. Micropropagación. Preparación de medios e subcultivos.

    •Práctica 5. Sementeiras en envase de especies forestais.

    •Práctica 6. Estacaxe de leñosas.

    •Práctica 7. Práctica de campo. Visita a viveiros de produción de planta forestal en envase e a raíz núa.

    Bibliografía básica e complementaria
    Non se segue ningún texto específico, podéndose empregar calquera manual de Xenética Xeral ou de Viveiros Forestais da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo. Entre outros:

    Parte xenética:

    Aldridge, S, 1999. “El hilo de la vida”. Cambrigge University Press.
    Cubero, JI.2003. “Introducción a la Mejora Vegetal”. 2ª Ed. Mundi Prensa Libros, Madrid.
    Falconer, D.S. 1996. “Introduction to Quantitative Genetics”. Longmans Green, Harlow.
    Fita Fernández, AM. 2008. “Genética y Mejora Vegetal”. UPV.
    Frankham, DS; Ballou, JD; Briscoe, DA. 2003. “A Primer on Conservation Genetics”. CambridgeUniversity Press.
    Griffiths, AJF; Wessler, SR; Lewontin, RC; Carroll, SB. 2008. “Genética”. McGraw-Hill Interamericana.
    Klug, WS; Cummings, MR; Spencer, CA. 2008. “Conceptos de Genética”. Pearson-Prentice Hall, D.L.
    Mensua Fernández JL. 2003. “Genética: problemas y ejercicios resueltos”. Síntesis.
    Martínez Moreno, F y Solís Martel, I. 2010. “Mejora Vegetal para Ingeniería Agronómica”. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
    Pierce, B.A. 2009. “Genética. Un enfoque conceptual”. Medica Panamericana.
    Watson, J.D. (2003) “ADN El secreto de la vida”. Editorial Taurus.
    White, TL, Adams, WT and Neale, DB. 2007. “Forest Genetics”. CAB International.

    Parte Viveiros:

    Aldhous, JR y Mason, WL (eds.) (1994). Forest Nursery Practice. Forestry Commission Bulletin 111, HMSO, Londres.
    Bonga, JM y Von Aderkas, P. 1992. In vitro culture of trees. Kluwer Acad. Publ.
    Catalán Bachiller, G (1977). Semillas de árboles y arbustos forestales. Monografía Nº 17. ICONA. MAPA. Madrid.
    Foucard, JC. 1997. Viveros, de la producción a la plantación. Mundi Prensa. Madrid
    García Salmerón, J (1995). Manual de repoblaciones II. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid.
    Hartmann, HT y Kester, DE. 1987. Propagación de plantas. Principios y técnicas. Cia.
    Macdonald, B. 1986. Practical woody plant propagation for nursery growers. Vol. I. Timber Press. Oregón.
    Peñuelas, JL y Ocaña, L. 1996. Cultivo de plantas forestales en contenedor. MAPA y Mundi-Prensa.
    Ruano Martínez, JR (2003). Viveros forestales. Ediciones Mundi-Prensa.
    Serrada Hierro R (2000). Apuntes de repoblaciones forestales. Fundación Conde del Valle de Salazar. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal. Madrid.
    Ed. Continental S.A. México.

    Competencias
    Ao longo do programa desenvolveranse conceptos xenéticos e viveirísticos esenciais, de proxección eminentemente práctica, que o estudante deberá entender e dominar para adquirir as competencias específicas da materia. Entre outros, na parte de mellora xenética, identificaranse os distintos modos de herdanza en relación ás proporcións observadas na descendencia, analizaranse pedigrís para caracteres biolóxicos de interese produtivo, e desenvolveranse criterios para ofrecer consello xenético. O estudo da recombinación xenética iniciará ao estudante na elaboración de mapas xenéticos, unha importante ferramenta para coñecer a organización dos xenomas e para a aplicación biotecnolóxica na produción vexetal. O estudante abordará o concepto de herdabilidade, parámetro esencial para o desenvolvemento de programas de mellora xenética e asemesmo as técnicas de análise xenética, citoxenética, molecular e poboacional para avaliar rasgos biolóxicos de interese produtivo, con énfase na súa aplicación á mellora xenética (manipulación cromosómica, selección artificial, organismos tranxénicos). O estudante coñecerá igualmente os aspectos básicos dos deseños experimentais das hortas de semente e os ensaios de procedencias, como ferramentas de traballo nos programas de mellora forestal. No aspecto viveirístico, aprenderá a identificar e avaliar os factores básicos que condicionan a ubicación e deseño do viveiro forestal, coñecerá os sistemas de produción viveirística de planta forestal, incluindo a produción de planta en invernadoiro, e adquirirá coñecementos básicos dos principais métodos de multiplicación vexetativa, incluíndo o cultivo in vitro, e a súas aplicacións no eido forestal, tanto a nivel produtivo como no ámbito da mellora.

    De xeito xeral, fomentarase o acceso a diversas fontes de información: 1) sobre os conceptos xenéticos básicos para a aplicación na xestión e mellora de especies produtivas e a conservación dos recursos xenéticos naturais e, 2) sobre a aplicación práctica da produción viveirística de planta forestal de calidade, tanto por vía sexual como vexetativa.

    As actividades interactivas prácticas, no ámbito da mellora xenética, perseguen reforzar a formulación e resolución de problemas xenéticos, así como o achegamento á análise experimental, contribuíndo á comprensión dos conceptos esenciais da materia.

    No que atinxe ao bloque e viveiros, coas actividades interactivas preténdese que o alumno coñeza e manexe diversas técnicas de multiplicación de plantas (sementes, estacaxe, cultivo in vitro) e coñeza in situ diversos aspectos da produción viveirística a raíz núa e en envase.

    Metodoloxía da ensinanza
    • Docencia expositiva

    É para o grupo completo.
    Nela trataranse os contidos específicos de cada un dos temas do programa. O seu desenvolvemento farase coa axuda de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentación PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, lousa, etc …).

    • Docencia interactiva

    É, en xeral, para grupos reducidos e comprende:

    Prácticas de laboratorio : Contan cun guión específico que o profesor presentará a cada grupo de estudantes. A realización das prácticas farase en xeral en grupos de 2 personas. Cando remate cada una delas os estudantes completarán e entregarán un cuestionario específico a avaliar.

    Prácticas de campo: Consistirán nunha viaxe conxunta a dous viveiros de produción a raíz núa e en envase ubicados na nosa Comunidade. Precisarase a entrega dun informe individual da viaxe de prácticas

    Prácticas de invernadoiro: Contan cun guión específico que o profesor presentará a cada estudante. A realización das prácticas será individual. Cando remate cada una delas os estudantes analizarán e discutirán os resultados obtidos.

    Seminarios prácticos: Os estudantes resolverán boletíns de problemas relacionados con conceptos xenéticos e/ou viveirísticos

    Titorías en grupo: Resolución, discusión e presentación de problemas e casos prácticos propostos polos profesores para cada unha das sesións previstas.


    Sistema de evaluación
    1) Prácticas de laboratorio e campo
    A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia.

    2) Avaliación continua
    Aqueles estudantes que asistan ao 80% das clases expositivas poderán facer una avaliación continua (máximo de faltas sen xustificar: 20%). Nesta modalidade a avaliación farase mediante:
    -Participación activa nas clases expositivas e interactivas: ata 10% da nota do bloque.
    -Realización de cuestionarios: 15% da nota do bloque.
    -Realización de actividades propostas, presenciais ou en aula virtual (incluídos exames parciais e informes de prácticas): 75% restante.

    3) Exame final
    Cando o estudante segue a modalidade de avaliación continua, pero a cualificación obtida non é suficiente para superar a materia, poderá realizar un exame final, ben da totalidade dos contidos ou só dalguna/s partes.
    Os estudantes que non teñan asistido ao 80% das clases e que non realizaran as actividades empregadas para a súa avaliación continua, poden obter como nota máxima 8,5.

    4) Alumnos repetidores
    No caso dos alumnos repetidores, estes estarán exentos da asistencia ás prácticas que teñan superado no ano anterior (de laboratorio, invernadoiro (2) e práctica de campo (viaxe)). Terían polo tanto, unha nova oportunidade de seren avaliados de xeito continuo na participación, nas probas parciais e nas actividades propostas na aula virtual, ademáis do exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase unha proporción de 1,75 horas de traballo persoal por cada hora de docencia presencial.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para ter o menor número de dificultades coa materia recoméndase ao estudante:

    Preguntar todas as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases expositivas.
    Facer os boletíns de xenética e os exercicios propostos de viveiros correspondentes aos diferentes temas tratados na teoría.
    Utilizar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións relacionadas coa materia.
    Ler e consultar fontes de información (bases de datos, libros, revistas, páxinas web) que sempre enriquecerán as perspectivas do alumno, xa que abordan mais casuística que a tratada nas clases.
    Asimesmo, as prácticas son unha boa ocasión para refrescar ideas ou conceptos, así como para expor dúbidas que aínda poidensen quedar.