G4071449 - Producións Complementarias do Bosque (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaFormar os alumnos nos conceptos teóricos e prácticos relacionados cas producións secundarias (non madeireiras) dos sistemas forestais de cara a complementar a súa formación no campo da xestión dos recursos forestais e o aproveitamento sustentable dos sistemas forestais.
ContidosOs sistemas forestais como suministradores de produtos. Tipos de aproveitamentos forestais. Límites dos sistemas de aproveitamento: biolóxicos, legais, produtivos e de xestión.
Aproveitamentos micolóxicos. Principais grupos de fungos produtores de cogomelos. Lexislación sobre os aproveitamentos micolóxicos. Técnicas de recolección, procesado e comercialización. Exemplos de xestión da riqueza micolóxica.
Caracterización botánica, ecolóxica e utilidades terapéuticas das principais plantas medicinais presentes en Galicia. Tipos de aproveitamento: recolleita silvestre "versus" cultivo. Especificidades do cultivo das plantas medicinais (requerimentos edáficos e climáticos, densidades, marcos de plantación, etc.), recolección, procesado e análise de mercados.
Aproveitamento das plantas melíferas presentes nos sistemas forestais galegos. Especies autóctonas produtoras de pequenos froitos: caracterización botánica, esixencias ecolóxicas, posibilidades de aproveitamento, procesado e expectativas de mercados
Bibliografía básica e complementariaBruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
Cetto, B. (1978). Guía de los hongos de Europa. Ed. Omega.
Castro, M., Justo, A., Lorenzo, P. & Soliño, A. (2005). Guía micolóxica dos ecosistemas galegos. Coleción Natureza verde, nº 17. Baía Edicións. A Coruña. 445 pp.
Coque, M., Díaz, Mª.B., Ciordia & M., García, J.C. (1994). El cultivo del frambueso y la zarzamora. Principado de Asturias. Consejería de Medio Rural y Pesca.
De Diego Calonge, F. (1990). Setas. Guía ilustrada. Ed. Mundi-Prensa.
Fernández de Ana-Magán, F. & Rodríguez, A. (2000). Os cogumelos nos ecosistemas forestais galegos. Ed. Xerais.
Fernández Pola, J. (1996). Cultivo de plantas medicinais, aromáticas e condimentarias. E. Omega. Barcelona.
Font Quer, P. (1990). Plantas medicinais. El Dioscórides renovado. Editorial Labor. S.A.
Fundación Alfonso Martín Escudero. (1999). Las plantas con extractos. Bases para un plan de desarrollo del Sector. Ed. Melissa S.A.
Hornok, L. (1992). Cultivation and processsing of medicinal plants. Wiley and Sons. Bruneton, J. (1979). Plantas tóxicas. Ed. Acribia. S.A.
CompetenciasOs alumnos acadarán unha visión xeral dos aproveitamentos secundarios potenciais e con maior rendemento económico dos sistemas forestais existentes no NW Ibérico.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas con emprego de presentacións por computador.
- Clases prácticas de laboratorio de identificación de fungos, plantas medicinais, aromáticas, melíferas e pequenos froitos.
- Saídas ó campo e visitas a industrias de transformación.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación consta de dúas partes. Unha proba escrita sobre os contidos teóricos que consta de dúas partes (parte relacionada cos aspectos xerais da materia e a dedicada aos cogomelos, e parte relacionada cas plantas medicinais, melíferas e pequenos froitos), que terán que ser superadas por separado para aprobar a materia. Manterase ata xullo o aprobado en calquera das dúas partes.
Ademais se terá en conta a asistencia e participación nas clases interactivas (prácticas), de realización obrigatoria. A asistencia e aproveitamento das mesmas garante o aprobado na parte práctica. Aqueles alumnos que non asistan as prácticas terán que realizar un exame práctico para poder superar a materia.
Como complemento do anterior, os alumn@s poderán facer de forma voluntaria un traballo de campo que consistirá nunha avaliación da potencialidade dos aproveitamentos non madeireiros nunha determinada zona que o alumno elixa.
Tempo de estudo e traballo persoalPreparación de traballos relacionados coa materia (opcional ) 1 hora/semana.
Estudio persoal e manexo de bibliografía: 2 horas/semana.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumn@s deberían ter coñecementos básicos de bioloxía vexetal e botánica.
O estudo debe realizarse de xeito regular e apoiándose en libros e revistas especializadas.
Recoméndase asistir as titorias para resolver as dúbidas e, na medida do posible, acostumarse a sair ó campo (complementando as saídas realizadas cos profesores) para identificar e valorar "in situ" os distintos aproveitamentos.