G4071450 - Xestión do medio Natural (Planificación e Xestión Forestal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAchegar ó alumnado o concepto de diversidade biolóxica e as técnicas e tácticas aplicables no eido da conservación e recuperación de espazos e especies
ContidosO PROGRAMA TEÓRICO
ENTRE PARÉNTESE INDICASE O TEMPO, APROXIMADO, QUE LEVA CADA TEMA.
CANDO APARECE Á ABREVIATURA “EXER”, INDICA QUE ESE TEMA LEVA ASOCIADO UN OU MÁIS EXERCICIOS DE CLASE
Tema 0. ¿Por que conservar? O marco filosófico. ¿Como conservar? O marco científico
Bloque I: Biodiversidade
Tema 1. O valor da biodiversidade. Valores directos e indirectos. Valores de uso consumible e non consumible. Valores monetarios. (4 HORAS, TEMAS 0,1 e A PRESENTACIÓN DO CURSO)
Tema 2. Biodiversidade. Definición. Compoñentes: xenes, especies, ecosistemas. A orixe da diversidade. Distribución da biodiversidade no mundo. Centros de Vavilov. (2 HORAS)
Tema 3. Calidades da diversidade. Endemismos e rarezas: definición e características. Tipos e causas de rareza. Índices de rareza. Aplicación á selección de especies e zonas de interese. (3 HORAS) EXER
Tema 4. Medida da diversidade ecolóxica. Características dos estatísticos . Índices de riqueza, distribución, abundancia e dominancia. Elección dun bo descritor: método de salto no cálculo. (3 HORAS )EXER
Tema 5. O ecosistema como elemento integrador: relacións diversidade- estrutura e función do ecosistema. A importancia dos grupos funcionais. Concepto de integridade biolóxica ou ecolóxica. (2 HORAS) EXER
Bloque II. A Alteración do medio: procesos e avaliación . O desenvolvemento sostible
Tema 6. Ameazas para a biodiversidade. Poboación humana e recursos. Alteración e sobrexplotación do medio. Situación mundial: indicadores ambientais de presión e alteración. O desenvolvemento sustentábel (2 HORAS) EXER
Tema 7. A xestión do sistema forestal. Impacto no ecosistema a nivel funcional (ciclos) e estrutural (diversidade). Emprego de indicadores de integridade ecolóxica. Impacto espacial: o plano forestal galego e a estratexia forestal española. Modelos de xestión sustentábel. (4 HORAS)
Tema 8. Impactos sobre o ecosistema fluvial. O ecosistema fluvial: características e beneficios. Os planos hidrolóxicos autonómico e nacional. A directiva augas da UU.EE. Modelos de xestión sustentábel. (2 HORAS)
Tema 9. A Fragmentación do territorio. Análise da modificación da paisaxe. A concentración parcelaria. Modelos sustentábeis de uso do espacio agrícola. (2 HORAS)
Tema 10. Avaliación da contaminación: Os conceptos de contaminación e polución. Emprego de sistemas vivos como indicadores: Bioindicación e biomonitorización. Niveis de fondo. Exemplos: eutrofización, contaminación por metais pesados e polución por biocidas. (3 HORAS)
Tema 11. Consecuencias das alteracións. As extincións. Evolución histórica. O papel da especie e do ecosistema no proceso da extinción: as especies chave, efecto cascada e ecosistemas críticos. As listas vermellas.
Tema 12. Introdución á conservación. Conservación in situ-ex situ. A Xestión Integral. Recursos naturais e estruturas sociais. Niveis de xestión: político-administrativo, socioeconómico, medio biolóxico. A xestión ecosistémica do medio. (3 HORAS, TEMAS 11 E 12)
Bloque III. A Xestión Integral do medio.
Conservación de Especies e Viabilidade de Poboacións
Tema 13. Introdución. A ecoloxía da paisaxe e a bioloxía da conservación. Desenvolvemento histórico e ámbito de aplicación. Tendencias actuais: a ecoloxía da conservación. (2 HORAS, TEMAS 13-14-15)
Tema 14. Conservación e estrutura espacial do territorio. I: A paisaxe. Definición, formación, características e principios de funcionamento. Elementos: manchas, matriz, corredores e redes.
Tema 15. Conservación e estrutura espacial do territorio. II: Manchas e Corredores. Tipos, formación e características (forma e tamaño: o efecto de borde). Corredores: tipos e estrutura. Interaccións entre manchas: índices. Influencia da estrutura da paisaxe na conservación: tamaño de malla. Exemplos.
Tema 16. Teoría de Illas. Relación especies/área. Hipóteses do equilibrio. O deseño de reservas naturais: selección de tamaño, forma e distribución. Índice de Higgs y Margules. (2 HORAS) EXER
Tema 17. Conservación das poboacións. Variables xenéticas e demográficas. A transmisión e conservación de la variabilidade xenética. Perda de variabilidade: deriva xenética e endogamia. Número efectivo de poboación. Tamaño mínimo viable. (2 HORAS)
Tema 18. Conservación das poboacións. II: Expresión espacial das variables xenéticas e demográficas: Metapoboacións. Modelo de Metapoboación: o modelo de Levins. Tempo de vida media dunha metapoboación: modelos de Nisbet y Gurney. Aplicación á conservación na paisaxe: redes e corredores. (1 HORA) EXER
Bloque IV. Xestión actual da diversidade.
Tema 19. Tratados Internacionais e Programas europeos sobre conservación. Fundamentos, planos e estratexias derivados. Transposición o estado Español e a Galicia (Lei 4/89). Directivas Aves e Hábitat. Rede natura 2000. Estratexia Nacional sobre biodiversidade. Planos de conservación e Instrumentos financeiros. (2 HORAS)
Tema 20. Aplicación práctica da lexislación ambiental. Figuras legais de conservación e selección de zonas. As ferramentas de xestión: PORN, PRUX… Planos de seguimento e xestión diaria: directrices básicas. O Modelo do Montseny. Impacto do turismo. (2 HORAS) EXER
O PROGRAMA PRÁCTICO
Mentres que o programa de teoría supón (ou orientase preferentemente) unha análise da materia, configurándose como un guión que estableza dunha maneira lóxica o estudio dos seus contidos e a racionalización do tempo (número de temas), o Programa Práctico debe supoñer unha síntese da análise feita polo programa teórico. E dicir, condensar e canalizar, de cara a análise e manipulación crítica e científica da realidade que nos rodea, os coñecementos básicos teóricos, para facilita-lo seu emprego práctico.
Este obxectivo tentase acadar ó traveso da realización de tres viaxes de prácticas y dunha práctica global de gabinete. As viaxes de prácticas son obrigatorias, e sempre se farán en función da dispoñibilidade dos centros de acollida correspondente.
VIAXES DE PRÁCTICAS
I. Visita de campo a un Parque Natural de Galicia con dous obxectivos fundamentais:
1. Coñecemento dos valores naturais do noso pais.
2. Constatación na realidade da xestión actual dos nosos Parques Naturais. Medidas e estratexias de xestión diaria, así como problemas na súa implantación.
As visitas serán precedidas dunha exposición oral por parte do alumnado sobre a temática e o espazo a visitar. Dito traballo, así como a súa exposición, será en grupo.
PRÁCTICAS DE GABINETE
Introdución á Ecoloxía da Paisaxe.
O obxectivo desta práctica é introducir ó alumnado no emprego dos Índices principais da Ecoloxía da Paisaxe aplicados á avaliación espacial dun territorio, co obxecto de determina-la súa capacidade para conservar especies autóctonas. Ó traveso da metodoloxía desenvolta familiarizarase ó alumno/a coa realización de cartografía temática, emprego de referencias bibliográficas sobre a distribución de especies en Galicia, utilización de listas vermellas e propostas das Directivas Aves e Hábitats da Unión Europea.
EXERCICIOS DE CLASE E LECTURAS COMPLEMENTARIAS
Como complemento ós temas puramente teóricos, o longo do curso acompañaremos ditas clases maxistrais con exercicios relacionados cos temas en cuestión, co obxecto que acadedes un hábito de consulta bibliográfica, sistematización da información e exposición en público. Tamén se vos subministrará unha series de artigos (Lecturas complementarias) que vos axuden a mergullares en determinados temas.
Bibliografía básica e complementariaBiodiversidade
• THE PRESERVATION AND VALUATION OF BIOLOGICAL RESOURCE. Orians, G.H. et al
• BIODIVERSITY AND CONSERVTION. Jeffries.
• BIODIVERSITY .Wilson, E.O.
• THE PRESERVATION OF SPECIES. Norton
• CODE OF PRACTICE FOR CONSERVATION OF THREATENED ANIMALS AND PLANTS AND THE OTHER SPECIES OF INTERNATIONAL SIGNIFICANCE. United Nations
• BIODIVERSITY. Shiva et al.
• DIVERSIDAD ECOLÓGICA Y SU MEDICIÓN: Magurran
Alteración
• EL COMERCIO MUNDIAL Y EL MEDIO AMBIENTE. Anderson
• ENVIRONMENTAL ECOLOGY. THE ECOLOGICAL EFFECTS OF POLLUTION, DISTURBANCE AND OTHER STRESSES. Freedman
• EFECTOS ECOLÓGICOS DE E. globulos EN GALICIA. INIA
• EL EUCALIPTO EN GALICIA. Rosa Calvo de Anta. Unv. de Santiago (Servicio de Publicacións)
• PLAN FORESTAL DE GALICIA. Xunta de Galicia .
• MANUAL DE CONTAMINACIÓN AMBIENTAL. Mapfre/ITSEMAP Ambiental
• AQUATIC POLLUTION. AN INTRODUCTORY. Laws
• CONTAMINACIÓN DEL AIRE. Strauss e outros
Xestión integral
• MEDIO AMBIENTE Y DESARROLLO SOSTENIBLE
• INDICADORES DE DESARROLLO SOSTENIBLE
• INTEGRATED ENVIRONMENTAL MANAGAMENT. Cairns
• ESTRATEGIA NACIONAL PARA LA CONSERVACIÓN Y EL USO SOSTENIBLE DE LA DIVERSIDAD BIOLÓGICA. Mopu.
• www.esp-sostenible.net ESTRATEGIA ESPAÑOLA DE DESARROLLO SOSTENIBLE
• GESTIÓN SOSTENIBLE DE LOS BOSQUES
• EL DESAFÍO DE LA ORDENACIÓN FORESTAL SOSTENIBLE
• SISTEMAS DE REALIZACIÓN DE LA GESTIÓN FORESTAL SOSTENIBLE
Viabilidade de poboacións
• MODERN ECOLOGY.BASIC AND APPLIED ASPECTS. Eseer e Overdieck. (Ecoloxía da Paisaxe).
• PRINCIPLES AND METHODS IN LANDSCAPE ECOLOGY.Farina.
• ECOLOGÍA INSULAR. Gorman.
• ECOLOGÍA. Begon. (Th. de Illas)
• VIABLE POPULATIONS FOR CONSERVATION. Soulé.
• Calquer libro de Xenética Xeral.
Xestión de Parques
• PRÁCTICAS PARA LA PLANIFICACIÓN DE ESPACIOS NATURALES. Castroviejo (ed).
• GESTIÓN DE ESPACIOS NATURALES. Azqueta y Pérez.
• Calquer tratado de Lexislación ambiental.
Textos Xerais (abranguen os distintos temas)
1. ESSENTIALS ON CONSERVATION BIOLOY. Primack.
2. INVITACIÓN A LA ECOLOGÍA. LA ECONOMÍA DE LA NATURALEZA. Ricklefs.
3. CONSERVATION BIOLOGY. Fiedler et al.
4. VIDA. LA NATURALEZA EN PELIGRO. Miguel Delibes.
CompetenciasO alumno deberá ser capaz de manexar indicadores que lle permitan establecer criterios mínimos para a conservación das especies e para deseñar principios básicos na restauración de espazos degradados.
Específicamente deberá te-la capacidade de:
- Avaliación da estrutura dun territorio dende o punto de vista da conservación de especies.
- Avaliación dos efectos das actividades humanas na conservación/alteración da diversidade biolóxica.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais
Exercicios/Traballos de clase
Exposición oral de traballos
Traballo de curso no modelo de traballo de equipa cooperativa
Sistema de evaluaciónPara a cualificación final terase en conta as cualificacións obtidas nos exercicios de clase, no traballo de prácticas e no exame final, na proporción 20:40:40
PARA ACADA-LO APROBADO FINAL SERÁ NECESARIO SUPERAR DE MANEIRA INDEPENDENTE OS EXERCICIOS DE CLASE, O TRABALLO DE PRÁCTICAS E O EXAME.
“A esencia dunha persoa que queira que o outro aprenda é obrigalo a pensar, non hai máis”. (En GROS e ROMAÑA, 1995).
En calquera tratado de docencia e recoñecido o que segue:
“Os profesores/as universitarios deberiamos ensinar a pensar ós alumnos/as, máis que limitarnos a transmitir unha información”.
Nestes dous parágrafos debuxase a liña que seguirá a avaliación do esforzo realizado durante o curso. E dicir, tanto na avaliación do exame, como dos traballos de prácticas de gabinete e dos exercicios de clase, tenderase de cotío por este profesor (sempre a vosa disposición) a aprecia-la capacidade de raciocinio e contribución persoal, e non tanto (moito menos) o grao de memorización e/ ou repetición automática.
En calquera proba escrita avaliarase (repetimos) a contribución persoal, capacidade de expresión profesional, lóxica de razoamento, relación de conceptos teóricos e a súa aplicación.... polo que a capacidade de memorización non será o básico, e o emprego incorrecto de conceptos fundamentais da Xestión e da Ecoloxía contará negativo.
A detección de PLAXIOS (cópiete) suporá a DESCUALIFICACIÓN TOTAL e INMEDIATA ( un cero, vamos) ata a convocatoria de Setembro.
Como consecuencia lóxica o delineamento anteriormente exposto, a continuación téde-las normas a seguir no proceso de avaliación dos exames:
Normas de revisión de exames e traballos
1. Só se discutirán os contidos expostos por escrito no exame e/ou traballo
2. Nunca se entrará a discutir sobre cuestións persoais
3. Teoría e traballos/exercicios son independentes, e coa mesma importancia no referente a súa realización e valoración.
4. Xuño e xullo comprenden dúas únicas convocatorias, as cales rematan definitivamente o día asignado para face-lo exame e/ou entrega-los traballos.
A persoa que só presente o exame ou o traballo de prácticas, contaralle como presentado (suspenso) na convocatoria correspondente.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO DE CURSO: 35 HORAS
EXERCICIOS DE CLASE: 10 HORAS
LECTURAS: 10 HORAS
ESTUDO DA MATERIA: 25
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistencia á clase
2. Realización dos exercicios de clase
3. Lectura dos artigos
4.Emprego das titorías
“a mellor maneira de aprender é ensinar, a mellor maneira de ensinar é seguir aprendendo, e o que conta no momento derradeiro é compartir unha experiencia e reflexionar xuntos” (Oppenheimer/Delacòte, 1998)
De cote sempre nos queixamos da masificación da ensinanza universitaria e do seu carácter impersoal. Pois ben, o uso das titorías por parte do alumnado supón a oportunidade para rachar esta relación (anti-relación) profesor/a alumna/o.
As titorías (6 horas semanais) supoñen un punto de encontro onde o alumno/a pode resolve-las dúbidas, atopar camiños cara temas que lle interesan, resolver problemas de orientación no estudio da materia, etc., e para o profesor, neste caso, denotar que partes da materia establecen máis dificultades de comprensión, ou que hábitos do docente poden non favorece-la comprensión polo alumnado dos contidos transmitidos durante a clase.
As titorías deben ser empregadas ó longo do ano, como aclaración de dúbidas, etc., e non dous días antes dos controis escritos, xa que a finalidade deste tempo dedicado as alumnas/os no é a de impartir Clases Particulares da materia.
ObservaciónsDERRADEIRO COMENTARIO:
Como podedes comprobar, moitos dos textos están en inglés, en consecuencia ó longo do curso, este profesor irá deixando na fotocopiadora unha serie de artigos (en galego ou castelán) que vos permitirá afondar (ós que os leades) en determinados temas relacionados coa materia.
Co ánimo de incentiva-la lectura destes textos complementarios, os mesmos constitúense en materia de exame.