Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051121 - Cartografía I (Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
INIESTO ALBA, MARIA JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os principais obxectivos da materia son:
    • proporcionar unha visión xeral sobre a teoría e a práctica da cartografía e os aspectos da geomática relacionados coa xestión, manipulación, análise, interpretación e representación de datos espaciais.
    • mellorar as habilidades conceptuais e analíticas dos estudantes e aplicaras ás tarefas de cartografía.
    • permitir aos estudantes desenvolver habilidades no emprego de cartografía con diferentes tecnoloxías e enfoques.
    • introducir os temas clave no deseño e produción de mapas.
    • examinar e coñecer os principais produtos e produtores cartográficos.

    Contidos
    Os contidos teóricos da materia distribúense en seis partes fundamentais, ao longo das cales se desenvolven os seguintes temas:

    PARTE 1: Conceptos fundamentais de cartografía
    . Tema 1. Definición de cartografía. Problemas de representación da Terra. O proceso de comunicación cartográfica. Cartografía e SIG. Cartografía e Internet.
    . Tema 2. Sistemas de localización, medida e representación.
    . Tema 3. O concepto de Escala.
    . Tema 4. Aproximacións á Figura da Terra. Superficies de referencia.
    . Tema 5. Proxeccións cartográficas.
    . Tema 6. A proxección UTM.
    . Tema 7. Sistemas de coordenadas e transformacións entre sistemas.
    . Tema 8. Breve historia da cartografía.

    PARTE 2: Os fenómenos xeográficos e a súa representación cartográfica
    . Tema 9. Fenómenos Xeográficos. Compoñentes, características e clasificación. Modelo de datos xeográfico.
    . Tema 10. Representación de elementos planimétricos. Hidrografía. Xeografía humana. Vexetación e Cultivos.
    . Tema 11. Representación do relevo.
    . Tema 12. Toponimia.

    PARTE 3: Clasificación da cartografía e os tipos de mapas
    . Tema 13. Clasificación da cartografía. Lei de ordenación da cartografía.
    . Tema 14. Mapas Topográficos.
    . Tema 15. Mapas Temáticos.

    PARTE 4: Organismos produtores de cartografía
    . Tema 16. Organismos produtores de cartografía nacionais, autonómicos e internacionais.

    PARTE 5: Semioloxía cartográfica e deseño de mapas
    . Tema 17. Semioloxía Gráfica. Variables visuais. As propiedades perceptivas das variables visuais.
    . Tema 18. Deseño cartográfico. Partes físicas dun mapa. Deseño da simboloxía. Rotulación. Composición cartográfica.

    PARTE 6: Fundamentos de produción e normalización da cartografía.
    . Tema 19. O proxecto cartográfico. Fases: Captura de datos, Tratamento de datos, visualización e reprodución cartográfica.
    . Tema 20. Normalización da cartografía.

    Os contidos prácticos desenvólvense en clases interactivas nas cales se afonda e poñen en práctica os contidos teóricos anteriores, unha vez finalizada a súa exposición teórica.


    Bibliografía básica e complementaria
    BERNABÉ, M.A.; ITURRIOZ, T. (1995). Elementos de Diseño Gráfico. Ed. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica. Universidad Politécnica de Madrid.
    CARTWRIGHT, W. et al. (1999). Multimedia Cartography. Springer-Verlag. New York.
    CONSEJO SUPERIOR GEOGRÁFICO (1984). Normas para la ejecución del Mapa Topográfico Nacional a escala 1:25.000 y 1:50.000. IGN. Madrid.
    CONSEJO SUPERIOR GEOGRÁFICO (1992). Normas para la ejecución del Mapa Topográfico Nacional a grandes escalas. IGN. Madrid.
    DENT, B. D. (1996). Cartography: Thematic Map Design. 4th edition. W. C. Brown Publishers. Dubuque IA.
    FELICÍSIMO, A.M. (1994). Modelos Digitales del Terreno. Pentalfa. Oviedo.
    IMHOF, E. (1982). Cartographic relief presentation. Walter de Gruyter, Berlin, New York.
    KEATES, J.S. (1989). Cartographic Design and Production. 2nd edition. Longman. London.
    KRAAK, M.J.; BROWN, A. (2001). Web Cartography: developments and prospects, Taylor & Francis, London.
    KRAAK, M.J; ORMELING, F; NATHANSON, J.A. (2003). Cartography: Visualization of Geospatial Data. 2nd edition. Pearson Education. UK.
    LERALTA DE MATIAS, C. (1999). Cartografía básica. El autor. Ávila.
    MACEACHREN, A.M.(1995). How Maps Work: Representation, Visualization, and Design. Guilford Press. New York.
    MALING D.H. (1992).Coordinate systems and map projections. 2nd ed. Pergamon Press, Oxford.
    MARTIN LOPEZ, J. (1999). Cartografía. Ed. C.O.I.T.Topografía. Madrid.
    RAISZ, E. (1974), Cartografía general. Traducido por: José María Mantero. Barcelona, España Edit. Omega.
    ROBINSON, A. H. et al. (1987). Elementos de Cartografía. Omega. Barcelona.
    ROBINSON, A.H., et al. (1995). Elements of cartography. 6th edition. John Wiley & Sons, Inc. New York.
    VÁZQUEZ MAURE, F. y MARTÍN LÓPEZ, J. (1989). Lectura de mapas, IGN, Madrid.

    Competencias
    Ao termo do curso o alumno será capaz de:
    • entender os conceptos básicos da xeodesia e os sistemas de proxección cartografía
    • determinar o mellor método de representación do relevo
    • describir e modelar o proceso de comunicación cartográfica
    • analizar e interpretar os contidos do mapa e a información cartográfica
    • coñecer e usar diferentes mapas topográficos e os principais tipos de mapas temáticos
    • deseñar e crear un mapa, tanto topográfico coma temático
    • definir o proceso xeral de produción cartográfica
    • coñecer as principais normas da cartografía.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
    • Clases maxistrais onde son introducidos os temas teóricos.
    • Prácticas supervisadas de laboratorio (en aula de informática) / de campo onde os estudantes son guiados sobre como utilizar a tecnoloxía
    • Prácticas de laboratorio e traballo de campo onde os estudantes aplican os coñecementos aprendidos realizando tarefas prácticas e traballo en grupos reducidos para resolver problemas reais
    •Seminarios e sesións de traballo, onde os debates e as técnicas de aprendizaxe cooperativa se utilizan para desenvolver e afondar nos contidos teóricos.
    Sistema de evaluación
    Os coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado na avaliación continua e na realización de exames. De tal maneira que os aspectos a avaliar e a súa correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
    . Probas parciais e/ou exame final, consistente nunha proba teórico-práctico sobre os contidos da materia: 50% (Os alumnos que superen os exames parciais eliminarán a parte correspondente da materia).
    . O traballo desenvolvido nos seminarios e sesións de traballo: 10% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
    . O traballo práctico, tanto de laboratorio coma de traballo de campo: 30% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
    . Os informes de prácticas: 10 %.
    A asistencia a prácticas, seminarios e sesións de traballo é obrigatoria para poder superar a materia.
    Os alumnos que non superasen a materia na convocatoria oficial, e teñan aprobadas as prácticas, só terán que realizar o exame da convocatoria extraordinaria de Xullo. Os alumnos que non aproben as prácticas deberán repetilas.
    Os alumnos repetidores conservasen a nota obtida en prácticas, seminarios e sesións de traballo para o curso seguinte, podendo realizar os exames parciais e/ou o final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempos de estudo:
    • Clases maxistrais: 24 horas (2 horas por semana)
    • Prácticas, sesións de traballo e seminarios (en grupos reducidos): 24 horas
    • Titorías en grupo: 3 horas
    • Probas e exame teórico-práctico: 6 horas
    • Estudo individual: 93 horas (incluídas lectura e terminación traballos prácticos)

    Recomendacións para o estudo da materia
    • Coñecementos básicos de informática.
    • Matemática elemental.
    • Asistencia ás clases expositivas e seminarios. As clases prácticas son obrigatorias.
    • Estudo diario da materia.
    • Asistencia ás titorías de grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida.

    Observacións
    Unha información máis ampla sobre este programa está dispoñible na guía docente de "Cartografía I".

    A materia tamén utiliza a USC virtual: http://www.usc.es/campusvirtual/