Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051221 - Sistemas de Información Xeográfica (Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 9.00
  • Total: 9.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 36.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 76.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTE RIVEIRA, INES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer os alumnos qué son os Sistemas de Información Xeográfica, como se implementan, cómo se utilizan e cales son as súas aplicacións. En definitiva, trátase de capacitar ao alumno para o emprego dos SIX na resolución de calquera tipo de problema relacionado coa enxeñaría, así como de aportarlle os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión do funcionamento e utilización dos SIX.
    Contidos
    BLOQUE 1. INTRODUCIÓN

    Tema 1. Introdución aos SIX
    - Definición de SIX
    - Historia e desenvolvemento dos SIX
    - Compoñentes dun SIX
    - Conceptualización e representación do espazo
    - Compoñentes da información xeográfica
    - Aplicacións

    BLOQUE 2. XESTIÓN DA INFORMACIÓN XEOGRÁFICA

    Tema 2. Modelos de datos espaciais
    - Estructura de datos raster e vectorial
    - Organización da información en datos raster
    - Organización da información en datos vectoriais
    - Formatos de datos raster e vectorial
    - Modelos Dixitais do Terreo

    Tema 3. Bases de datos espaciais
    - Fundamentos de bases de datos
    - Deseño de bases de datos relacionais
    - Deseño conceptual
    - Deseño lóxico
    - Normalización
    - Sistemas Xestores de Bases de Datos

    BLOQUE 3. FUNCIÓNS DOS SIX

    Tema 4. Operacións de entrada de datos
    - Dixitalización
    - Xeorreferenciación
    - Filtrado ou simplificación de liñas
    - Rasterización e vectorización

    Tema 5. Operacións de análise espacial en datos vectoriais
    - Medidas
    - Consultas espaciais e temáticas
    - Análise de veciñanza
    - Superposición de mapas
    - Operacións de solape e unión
    - Modificacións baseadas en atributos
    - Análise de redes

    Tema 6. Operacións de análise espacial en datos raster
    - Operacións locais
    - Operacións focais
    - Operacións zonais
    - Operacións globais

    Tema 7. Persentación da información
    - Visualización de capas vectoriais
    - Visualización de capas raster
    - Etiquetado
    - Combinación de capas

    BLOQUE 4. IMPLEMENTACIÓN E APLICACIÓN DOS SIX

    Tema 8. Deseño, análise, xestión e explotación de proxectos SIX
    - A importancia da organización
    - Organización dun proxecto SIX

    Tema 9. Aplicacións dos SIX
    - Xestión de recursos naturais
    - Xestión de riscos
    - Negocios e marketing
    - Ciencias sociais
    - Militar
    - Planificación territorial

    Tema 10. Sistemas de Axuda á Decisión Espacial
    - Definición
    - Compoñentes dun SADE
    - Funcións dun SADE
    - Aplicacións
    Bibliografía básica e complementaria
    BETTINGER, P., WING, M. G. (2004). Geographic Information Systems. Applications in Forestry and Natural Resources Management. New York: McGraw-Hill.
    BOSQUE SENDRA J. (1997) “Sistemas de Información Geográfica”. Ediciones Rialp, S.A., Madrid.
    BRUCE E. DAVIS (2001) "GIS: A visual approach". Onword Press. New York.
    CEBRIÁN, J. A., MARK, D. (1986). Sistemas de Información Geográfica. Funciones y estructuras de datos. Estudios Geográficos, 184, 277-299.
    CHRISMAN N. (1997) ”Exploring Geographic Information Systems”. John Wiley and Sons.
    COMAS D. Y RUIZ E. (1993) “Fundamentos de los sistemas de información geográfica”. ARIEL. Barcelona.
    DATE, C.J. (2001)  “Introducción a los Sistemas de Bases de Datos”. Pearson Education.
    DE MIGUEL, A. Y PIATTINI, M. (2000) “Diseño de base de datos relacionales”. AlfaOmega. Mexico.
    GEORGE B. KORTE (2001)  “The GIS Book”. Onword Press. New York.
    GUTIÉRREZ, J., GOULD, M. (2000). SIG: Sistemas de Información Geográfica. Madrid: Síntesis.
    OLAYA, V.(2012). "Sistemas de Información Geográfica". http://www.bubok.es/libros/191920/Sistemas-de-Informacion-Geografica
    RAMEZ ELMASRI, SHAMKANT B. NAVATHE. (1997) “Sistemas de bases de datos: conceptos fundamentales”. Addison-Wesley Iberoamericana. Buenos Aires.
    Competencias
    1. Coñecemento dos conceptos teóricos sobre representación da información xeográfica e técnicas de análise espacial.
    2. Capacidade para a utilización práctica dos SIX na análise e xestión da información espacial.
    3. Habilidade para a resolución de problemas típicos de análise territorial con SIX.
    4. Capacidade para o deseño e implantación de SIXs en organizacións
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas
    As clases teóricas teñen como obxectivo a exposición dos fundamentos teóricos dos SIX. Estas clases son imprescindibles para contextualizar as clases prácticas, de xeito que o alumno comprenda en qué se basean e para qué se poden empregar as funcións SIX aplicadas nas prácticas.
    En cada clase empregarase unha presentación do tema coas ideas básicas e, nalgúns casos, con algún exemplo práctico. Esta presentación facilitará o seguemento da clase. No curso virtual porase a disposición dos alumnos para cada tema un resumo do mesmo, os obxectivos, a bibliografía e a presentación empregada en clase, o que permitirá completar as notas tomadas en clase.

    Clases prácticas
    Nas prácticas traballarase na aula de informática con varios software SIX propietarios e libres. O alumno disporá dun guión de prácticas no curso virtual. O alumno deberá entregar unha memoria de prácticas seguindo este guión.

    Tutorías
    O profesor resolverá as dúbidas xurdidas tanto nas clases teóricas como nas prácticas.

    Sistema de evaluación
    Consideracións xerais: para a superación da materia é condición indispensable que a nota do exame de teoría sexa igual ou superior a 4. A asistencia ás clases prácticas debe ser superior ao 80% para que se considere a calificación das prácticas no cálculo da nota final. No caso de que o alumno non supere a materia, conservaráselle a nota de prácticas para as seguintes convocatorias. Por causas excepcionais (laborais ou de enfermidade) daráselle a opción ao alumno de sustituir a asistencia a prácticas por un exame práctico.
    Avaliación dos contidos teóricos (T): realizarase un exame final dos contidos de teoría. Avaliarase positivamente a asistencia ás clases teóricas.
    Avaliación das clases prácticas (P): controlarase a asistencia, esixíndose unha asistencia mínima do 80%. A calificación establecerase en función da asistencia ás clases prácticas e da memoria de prácticas presentada.
    A calificación final (N) calcularase do seguinte xeito:
    N = 0.7 T + 0.3 P

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas teóricas: 36 h presenciais - 72 h traballo persoal
    Horas prácticas: 36 h presenciais - 72 h traballo persoal (realización da memoria de prácticas)
    Titorías: 4 h presenciais
    Avaliacións: 5 h presenciais

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases prácticas e teóricas.
    Aproveitamento das horas de titorías.
    Consulta da bibliografía recomendada.