G4051222 - Instrumentos e Métodos Topográficos (Topografía ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 12.00
- Total: 12.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 48.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 102.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: Anual de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaXerar coñecementos básicos de Topografía. Descrición e manexo de instumentanción topográfica. Aplicación de todos os métodos topográficos, tanto planimétricos como altimétricos, necesarios para a realización de todo tipo de planos topográficos. Relación das redes topográficas ás diferentes áreas de coñecemento propias da titulación
ContidosFundamentos da topografía. Conceptos fundamentais
Instrumentación topográfica. Fundamentos, compoñentes, calibración, lectura, …
Teoría de erros. Precisión.
Redes planimétricas: radiación, poligonación, intersección, triangulación,…
Redes altimétricas: esfericidad e refracción, nivelacion xeométrica, nivelación trigonométrica, NAP, …
Aplicacións topográficas en Geomática
Bibliografía básica e complementaria• Chueca Pazos, M., Herráez Boquera, J., Berné Valero, J. L. (1996). "Teoría de errores e instrumentación," Ed. Paraninfo, Madrid.
• Chueca Pazos, M., Herráez Boquera, J., Berné Valero, J. L. (1996). "Métodos topográficos" Ed. Paraninfo, Madrid.
• Arrufat Molina, E (2006) "Instrumentos topográficos" Tirant lo Branch, Valencia
• DIOPTRA (2000). "Instrumentación para la Topografía y su cálculo," Ed. DIOPTRA, Lugo.
• Ojeda, J. L. (1984). "Métodos Topográficos y Oficina Técnica" Ed. J.L. Ojeda, Madrid.
• Domínguez García-Tejero, F. (1998). "Topografía General y Aplicada," 13/Ed., Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
• Carpio Hernández, Juan Pedro (2001). “Redes Topométricas” Ed. Bellisco
• M.T. Martín y J. rodríguez “Estudio y replanteo de alineaciones y curvas circulares”
• M.T. Martín y J. rodríguez “Estudio y replanteo de curvas de transición”
• Sanjosé, J.J., Martínez, E., López, M. (2009). "Topografía para estudios de Grado". Ed. Bellisco. Ediciones Técnicas y Científicas. Colección Biblioteca Técnica Universitaria. Madrid.
CompetenciasCompetencias xerais :
• Deseñar e desenvolver proxectos geomáticos e topográficos.
• Determinar, medir, avaliar e representar o terreo, obxectos tridimensionales, puntos e traxectorias.
• Planificación, proxecto, dirección, execución, e xestión de procesos de medida, sistemas de información, explotación de imaxes, posicionamento e navegación; modelización, representación e visualización da información territorial en, baixo e sobre a superficie terrestre."
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento, utilización, calibración e aplicación de instrumentos e métodos topográficos adecuados para a realización de levantamentos e replanteos.
• Coñecementos e aplicación da geodesia xeométrica.
• Coñecementos e aplicación dos métodos e técnicas geomáticas nos ámbitos das diferentes enxeñerías.
• Coñecemento, utilización, calibración e aplicación de instrumentos e métodos fotogramétricos e topográficos adecuados para a realización de levantamentos non cartográficos.
• Coñecementos e aplicación de métodos de axuste mínimo cuadráticos no ámbito de observacións topo-geodésicas, fotogramétricas e cartográficas.
Metodoloxía da ensinanza Os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
• Clases teóricas expositivas onde son introducidos os temas teóricos
• Seminarios, onde se profundará en casos prácticos de resolución dos conceptos introducidos nas principais clases teóricas. Resolución de exercicios e problemas
• Prácticas de campo onde os estudantes son guiados sobre como utilizar o instrumental e métodos de observación.
• USC virtual: http://www.usc.es/campusvirtual/
Sistema de evaluaciónOs coñecementos e competencias son avaliadas por:
• Participación (P): a participación de alumno pode chegar a significar un máximo de 10 puntos.
• Seminarios (S): as prácticas de lousa son avaliables obtendo ao final das mesmas unha nota media sobre 10 puntos.
• Prácticas de Campo (PC): o alumno debe elaborar un traballo coas prácticas de campo realizadas obtendo unha nota sobre 10 puntos.
• Exame teórico-práctico (Ex): o exame constará de cuestións teóricas e exercicios numéricos, obtendo unha nota final sobre 10 puntos.
A calificación final do alumno corresponderá as evaluaciones parciais obtidas de acordo ca seguiente ponderación:
Nota final = 5% P + 15% S + 30% PC+ 50% Ex.
Para aprobar-la asignatura é obligatorio obter unha calificación igual o superior a 4 puntos no examen teórico-práctico.
Tempo de estudo e traballo persoalTempos de estudo asignados:
• Clases teóricas expositivas 48 horas
• Seminarios 24 horas
• Prácticas 24 horas
• Tutorías en grupo 6 horas
• Estudo individual: 196 horas (incluídas lectura e terminación traballos prácticos)
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia ás sesións expositivas e seminarios.
• Uso do campus virtual.
• Estudo diario da materia.
• Realización dos exercicios propostos previamente á súa corrección en clase.
• Asistencia ás tutorías de grupo para discutir, aclarar ó resolver cualquera dúda.
Observacións• Os alumnos que houbesen cursado as prácticas de campo e téñanas aprobadas, gardaráselles durante dous cursos.
É obligatorio realizar e ter aptas as prácticas de campo para poder aprobar a asignatura