Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4051224 - Astrometría e Xeodesia Física (Astronomía e Xeodesia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 36.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Matemática Aplicada
  • Áreas: Astronomía e Astrofísica
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ANDRADE BALIÑO, MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Portugués


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo desta disciplina é estabelecer, con rigor matemático, os fundamentos da astrometría (bloque I) e da xeodesia física (bloque II). No primeiro bloque os principais temas son a definición dos sistemas de referencia celestes e terrestres e o estabelecemento das escalas de tempo, para o cal se abordará en detalle o estudo da rotación da Terra. O segundo bloque dedícase á análise do campo de gravidade e da figura da Terra, así como á determinación do xeoide e á definición de sistemas de altitudes válidos para as diversas aplicacións da xeodesia.

    Alén diso, estabelécese como obxectivo que alumnas e alumnos desenvolvan un papel activo na súa aprendizaxe. A fin de conseguilo procurarase seguir un método de ensino que promova a asistencia ás aulas e a realización regular de exercicios por parte das/dos estudantes, ao tempo que estimula o seu interese nos temas do curso.
    Contidos
    AULAS EXPOSITIVAS:

    1. Introdución á astrometría
    1.1 Que é a astrometría?
    1.2 O Sistema Solar
    1.3 Estrelas e galaxias
    2. Sistemas de referencia celestes
    2.1 Introdución
    2.2 Esfera celeste
    2.3 Sistemas de coordenadas celestes
    2.4 Correccións nas coordenadas celestes
    2.5 ICRS e ICRF
    3. Tempo
    3.1 Unidades básicas
    3.2 Escalas de medida de tempo
    3.3 Calendarios
    3.4 Data xuliana
    4. Sistemas de referencia terrestres
    4.1 Introdución
    4.2 Sistemas de coordenadas terrestres
    4.3 Sistema de Referencia Terrestre Internacional (ITRS)
    4.4 Base de Referencia Terrestre Internacional (ITRF)
    5. Parámetros de Orientación da Terra (EOP)
    5.1 Definicións
    5.2 Transformación ITRS-ICRS
    6. Introdución á xeodesia física
    6.1 Que é a xeodesia física?
    6.2 Problema da figura da Terra
    7. Fundamentos da teoría do potencial
    7.1 Preliminares físicos e matemáticos
    7.2 Gravitación e potencial
    7.3 Ecuación de Laplace en coordenadas esféricas
    7.4 Expansión do inverso da distancia
    7.5 Problemas de contorno da xeodesia física
    8. O campo de gravidade da Terra
    8.1 Gravidade
    8.2 Expansión do potencial terrestre en serie de harmónicos esféricos
    8.3 Campo de gravidade do elipsoide equipotencial
    8.4 Campo de gravidade anómalo
    8.5 Modelos globais de xeoide
    9. Reducións da gravidade
    9.1 Introdución
    9.2 Redución de ar libre
    9.3 Redución de Bouguer
    9.4 Redución de Poincaré e Prey
    9.5 Reducións isostáticas
    9.6 Método de condensación de Helmert
    9.7 Efecto indirecto
    10. Sistemas de altitudes
    10.1 Introdución
    10.2 Números xeopotenciais
    10.3 Altitudes dinámicas
    10.4 Altitudes ortométricas
    10.5 Altitudes normais
    10.6 Comparación entre os diferentes sistemas
    10.7 Nivelación GPS

    SEMINARIOS:

    1. Cálculo de fenómenos astronómicos
    2. Información astronómica en rede
    3. Representación gráfica de harmónicos esféricos de superficie
    4. Escolla dun modelo xeopotencial para o campo gravítico local
    5. Información xeodésica en rede

    PRÁCTICAS:

    1. Observación do ceo nocturno
    2. Observación das manchas solares
    Bibliografía básica e complementaria
    BLOCO I: ASTROMETRÍA

    Básica:

    - Abad, A., Docobo, J.A. e Elipe, A. Curso de Astronomía. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2002. 254 p. ISBN 978-84-7733-586-3
    - Docobo, J.A. e Elipe, A. Astronomía: 280 problemas resueltos. Santiago de Compostela: Observatório Astronómico da USC, 2004. 435 p. ISBN 978-84-300-9278-9
    - Kovalevsky, J. e Seidelmann, P.K. Fundamentals of Astrometry. Cambridge: Cambridge University Press, 2004. 404 p. ISBN 978-0-521-64216-3
    - Martín, F. Astronomía. Madrid: Paraninfo, 1990. 424 p. ISBN 978-84-300-7163-0
    - Urban, S. e Seidelmann, P.K. Explanatory Supplement to the Astronomical Almanac. Sausalito (USA): University Science Books, 2012. 768 p. ISBN 978-1-891389-85-6

    Complementar:

    - Anuario del Observatorio Astronómico de Madrid para 2012. Madrid: Instituto Geográfico Nacional, 2011. 450 p. ISSN 0373-5125
    - Bakulin, P.I., Kononóvich, E.V. e Moroz, V.I. Curso de Astronomía General. Madrid: Rubiños-1860, 2004. 568 p. ISBN 978-84-8041-003-8
    - Dickinson, T. Descubrir y comprender el Cosmos. Guía práctica para observar el cielo. Madrid: Tutor, 2007. 192 p. ISBN 978-84-7902-638-7
    - Galadí, D. e Gutiérrez, J. Astronomía general teórica y práctica. Barcelona: Omega, 2001 974 p. ISBN 978-84-2821-168-0
    - Iglesias, M.A. Trigonometría esférica: Teoría y problemas resueltos. Bilbao: Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco, 2004. 191 p. ISBN 978-84-8373-640-1
    - Karttunen, H., Kröger, P., Oja, H. et al. Fundamental Astronomy. Berlín: Springer, 2007. 522 p. ISBN 978-3-540-34143-7
    - Levy, D. Guía celeste de David Levy. Cambridge: Cambridge University Press, 2003. 407 p. ISBN 978-84-8323-350-4
    - Vorontsov-­Veliamínov, B.A. Problemas y ejercicios prácticos de Astronomía. Moscova: Mir, 1979. 294 p. ISBN 978-968-5008-01-3

    BLOCO II: GEODESIA FÍSICA

    Básica:

    - Berrocoso, M. e Enríquez, J.M. El potencial gravitatorio. Cádiz: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz, 2006. 126 p. ISBN 978-84-9828-044-9
    - Cid, R. e Ferrer, S. Geodesia Geométrica, Física y por Satélites. Madrid: Instituto Geográfico Nacional, 1999. 565 p. ISBN 978-84-7819-085-0
    - Heiskanen, W.A. e Moritz, H. Geodesia Física. Madrid: Instituto Geográfico Nacional, 1985. 371 p. ISBN 978-84-505-1386-8
    - Hofmann-Wellenhof, B. e Moritz, H. Physical Geodesy. Nova Iorque: Springer, 2006. 403 p. ISBN 978-3-211-33544-4
    - Lowrie, W. A Student's Guide to Geophysical Equations. Cambridge: Cambridge University Press, 2011. 281 p. ISBN 978-0-521-18377-2
    - Martín, F. Geodesia y Cartografía Matemática. Madrid: Paraninfo, 2007. 422 p. ISBN 978-84-9362-142-1
    - Mena, J.B. Geodesia Superior. Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica, 2008. 2 vol. ISBN 978-84-416-0768-2
    - Torge, W. Geodesy. Nova Iorque: Walter de Gruyter, 2001. 400 p. ISBN 978-3-110-17072-6
    - Zakatov, P. S. Curso de geodesia superior. Madrid: Rubiños-1860, 1997. 635 p. ISBN 978-84-8041-097-7

    Complementar:

    - Buforn, E., Pro, C. e Udías, A. Problemas resueltos de Geofísica. Madrid: Pearson Educación, 2010. 368 p. ISBN 978-84-8322-649-0
    - Franco, J. Nociones de Topografía, Geodesia y Cartografía. Cáceres: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Extremadura, 1999. ISBN 978-84-7723-392-3
    - Martínez, R., Ojeda, J.C., Sánchez, J.A. et al. Formulario Técnico de Geodesia y Topografía con Problemas Resueltos. Madrid: Bellisco Ediciones, 2004. 329 p. ISBN 978-84-9527-992-7
    - Meyer, T.H. Foundations of Geomatics: Introduction to Geometrical and Physical Geodesy. Redlands (USA): ESRI Pr
    Competencias
    Contribuír para a consecución das competencias xerais que figuran na Memoria do Título de Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía da USC, así como das competencias específicas descritas no módulo de Astronomía e Xeodesia.
    Trátase de que alumnos e alumnas adquiran competencias para resolveren problemas e cuestións sobre astrometría e xeodesia física a fin de seren capaces de:
    - coñecer e usar os actuais sistemas de referencia espaciais,
    - coñecer e usar as escalas de tempo,
    - comprender o movemento de rotación da Terra,
    - comprender a teoría do potencial gravitacional,
    - coñecer os principais conceptos da xeodesia física,
    - definir e usar as principais técnicas de determinación do xeoide, e
    - coñecer e usar os actuais sistemas de altitudes.
    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse catro tipos de actividades docentes básicas:

    - Docencia expositiva: aulas de teoría nas cales o profesor presentará, coa axuda de medios audiovisuais, os contidos que figuran na guía docente anual da disciplina. O obxectivo destas aulas é o de fornecer a alumnas e alumnos os coñecementos básicos que lles permitan abordar o estudo da disciplina de maneira autónoma.
    - Seminarios: aulas interactivas nas cales se resolverán os exercicios e cuestións máis importantes.
    - Prácticas: aulas interactivas nas cales se realizarán actividades prácticas a fin de esclarecer algúns dos conceptos teóricos presentados durante a docencia expositiva.
    - Titorías: sesións de gabinete en que se atenderán as peticións de alumnas e alumnos para discutir, comentar, esclarecer ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da disciplina. O horario destas sesións (6 horas semanais) será marcado polo profesor ao inicio do curso académico.

    Alén diso, a utilización dunha plataforma virtual ou dunha web docente permitirá ter á disposición dos estudantes material relacionado cos contidos teóricos desenvolvidos nas aulas expositivas, follas de problemas propostos para cada tema, etc.
    Sistema de evaluación
    As notas dos exames (máximo 10 puntos) contribúen nun 95% á nota final, obténdose o 5% restante por asistir na totalidade ás dúas prácticas que se realizarán, dependendo das condicións meteorolóxicas, durante o período de docencia da disciplina.

    PRIMEIRO PERÍODO DE AVALIACIÓN (xaneiro):

    Realizaranse dúas probas:

    Proba P1:
    1.1. Celebrarase durante o período de docencia da disciplina, na data e horas que figuren na guía docente.
    1.2. Consistirá nunha proba escrita na cal as/os estudantes deberán responder a unha serie de cuestións/problemas relacionados cos contidos desenvolvidos no bloque I.
    1.3. A nota obtida nesta proba contribuirá nun 35% á nota final.

    proba P2:
    1.1. Celebrarase ao concluír o período de docencia da disciplina, na data marcada no calendario oficial da Escola Politécnica Superior.
    1.2. Consistirá nunha proba escrita na cal as/os estudantes deberán responder a unha serie de cuestións/problemas relacionados cos contidos da disciplina. A/o estudante escollerá entre dúas opcións:

    OPCIÓN 1 [P2-II] (ter en conta a nota da proba P1): A/o estudante deberá responder a todas as cuestións/problemas relacionados cos contidos desenvolvidos no bloque II. A nota obtida nesta proba contribuirá nun 60% á nota final.

    OPCIÓN 2 [P2-I + P2-II] (NON ter en conta a nota da proba P1): A/o estudante terá que responder a todas as cuestións/problemas incluídos na proba relacionados cos contidos desenvolvidos nos bloques I (35% da nota final) e II (60% da nota final). A nota obtida nesta proba contribuirá nun 95% á nota final.

    CUALIFICACIÓN FINAL DA/O ESTUDANTE (máximo 10 puntos):

    Se a/o estudante se presenta á proba P2 e escolle a opción 1 --> CUAL. FINAL = 0.35 x Nota P1 + 0.60 x Nota P2-II + 0.5 (caso ter asistido ás prácticas).
    Se a/o estudante se presenta á proba P2 e escolle a opción 2 --> CUAL. FINAL = 0.35 x Nota P2-I + 0.60 x Nota P2-II + 0.5 (caso ter asistido ás prácticas).
    Se a/o estudante non se presenta á proba P2 --> CUAL. FINAL = "NON PRESENTADO".

    Considérase que non é factíbel avaliar a consecución dos obxectivos formativos para un/ha estudante que non se presente á proba P2.

    SEGUNDO PERÍODO DE AVALIACIÓN (xuño-xullo):

    Realizarase un único exame a celebrar na data marcada no calendario oficial da Escola Politécnica Superior. O exame consistirá nunha proba escrita na cal a/o estudante deberá responder a unha serie de cuestións/problemas relacionados cos contidos desenvolvidos nos bloques I (P-I, 35% da nota final) e II (P-II, 60% da nota final). A nota obtida nesta proba contribuirá nun 95% á nota final.
    Se a/o estudante se presenta ao exame --> CUAL. FINAL = 0.35 x Nota P-I + 0.60 x Nota P-II + 0.5 (caso ter asistido ás prácticas).
    Se a/o estudante non se presenta ao exame --> CUAL. FINAL = "NON PRESENTADO".
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    - Expositivas: 36 horas.
    - Seminarios: 10 horas.
    - Prácticas: 2 horas.
    - Actividades de avaliación: 6 horas.

    Traballo persoal (estudo autónomo, realización de exercicios, traballos, lecturas recomendadas): 96 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás aulas presenciais.
    - Estudo diario da disciplina.
    - Realización dos exercicios propostos (previamente á súa corrección na aula).
    - Asistencia ás titorías de gabinete para discutir, esclarecer ou resolver calquera dúbida.