G4051225 - Cartografía II (Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs principais obxectivos desta materia son:
Profundar no coñecemento e automatización do proceso de produción cartográfica, e nas diferentes técnicas para a elaboración de cartografía básica, derivada e temática.
Mellorar as habilidades conceptuais e prácticas do estudante no deseño e elaboración de cartografía, principalmente temática.
Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para a interpretación e o desenvolvemento conceptual, lóxico e estrutural da información xeográfica en bases cartográficas.
Facilitar ao alumno os conceptos, compoñentes e sistemas de control de calidade no ámbito da produción cartográfica.
Coñecer as técnicas de reprodución e difusión da cartografía, tanto impresa como dixital.
ContidosOs contidos teóricos da materia distribúense en oito unidades didácticas, ao longo das cales se desenvolven os seguintes s:
. Unidade didáctica 1ª: Cartografía topográfica. Planimetría. Relevo.
- 1. Concepto de Cartografía Topográfica. Escala e resolución. Contidos e datos xeográficos: xeografía humana e xeografía física.
- 2. Bases de datos Xeográficas. Base topográfica numérica. Bases Cartográficas.
- 3. Clasificación da cartografía topográfica. Series e mapas Topográficos.
. Unidade didáctica 2ª. Cartografía temática. Clasificación de datos temáticos. Tipos de Mapas Temáticos.
- 4. Concepto de Cartografía Temática. A Base Cartográfica. Datos temáticos e a súa clasificación. Clasificación dos mapas temáticos e aplicacións. Atlas Nacionais.
- 5. Semioloxía gráfica e deseño de mapas temáticos.
- 6. Cartografía temática cualitativa. Mapas de símbolos proporcionais. Mapas de coropletas. Mapas de isoliñas. Diagramas e composición cartográfica. Combinacións temáticas
- 7. Exploración de datos e estatística espacial.
. Unidade didáctica 3ª. Modelos dixitais do terreo.
- 8. Concepto de modelos dixitais (MDT, MDE e MDS).
- 9. Modelo dixital de elevacións. Definición e estrutura dun MDE. Descrición e análise do relevo.
- 10. Construción de MDT. Métodos de interpolación.
- 11. Extracción de información e aplicacións dos MDT.
. Unidade didáctica 4ª. Técnicas cartográficas. Compilación e xeneralización.
- 12. Compilación Cartográfica. Concepto e elementos de compilación.
- 13. Xeneralización. Concepto. Fases do proceso de xeneralización. Algoritmos de xeneralización.
- 14. Técnicas cartográficas actuais. Rasterización e vectorización de datos cartográficos.
. Unidade didáctica 5ª. Produción cartográfica. Fases e organización da produción cartográfica.
- 15. Cartografía e sistemas de produción. Fases xerais do sistema de produción cartográfica: Tradicional e dixital. Os SIG na produción Cartográfica.
- 16. Proxecto cartográfico. Concepto de proxecto. Proxecto dunha BDC.
. Unidade didáctica 6ª. Calidade en cartografía.
- 17. Concepto de Calidade. Sistemas de Xestión da Calidade. Calidade en cartografía.
- 18. Calidade dos datos xeográficos. Descrición e avaliación. Compoñentes da calidade.
- 19. Exactitude posicional. Concepto e tipos. Test de avaliación da exactitude posicional. Exactitude Temática.
- 20. Normalización da cartografía.
. Unidade didáctica 7ª. Reprodución cartográfica.
- 21. Reprodución cartográfica. Soportes e tramas, Técnicas convencionais. Técnicas dixitais.
. Unidade didáctica 8ª. Mantemento e divulgación da cartografía e da información xeográfica.
- 22. Sistemas para a xestión e divulgación da cartografía e da información xeográfica. Visualización da información xeográfica. Metadatos. Políticas de intercambio de datos e comercialización.
Os contidos prácticos desenvólvense en clases interactivas nas cales se afonda e poñen en práctica os contidos teóricos anteriores, unha vez finalizada a súa exposición teórica.
Bibliografía básica e complementariaARIZA LÓPEZ, F.J. 1999. Reproducción Cartográfica. Universidad de Jaén, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, Jaén.
ARIZA LÓPEZ, F.J. 2002. Calidad en la Producción Cartográfica, RA-MA, Madrid.
BERNABÉ, M.A.; ITURRIOZ, T. (1995). Elementos de Diseño Gráfico. Ed. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica. Universidad Politécnica de Madrid.
CARTWRIGHT, W. et ali. (1999). Multimedia Cartography, Springer-Verlag, New York.
CEBRIAN, J.A. y GARCÏA FERNANDEZ, M. (1984). Cartografía Temática y Representación Gráfica Mediante Ordenador. Instituto Geográfico Nacional, Madrid.
CROMLEY, -R.J. (1992). Digital Cartography. Prince-Hall, Inc. New Jersey, 1992.
DENT, B. D. (1996). Cartography: Thematic Map Design. 4th edition. W. C. Brown Publishers. Dubuque IA.
FELICÍSIMO, A.M. (1994). Modelos Digitales del Terreno. Pentalfa. Oviedo.
IMHOF, E. (1982). Cartographic Relief Presentation. Walter de Gruyter, New York
KEATES, J.S. (1989). Cartographic Design and Production. 2nd edition. Longman, London.
KRAAK, M.J.; BROWN, A. (2001). Web Cartography: developments and prospects, Taylor & Francis, London.
KRAAK, M.J; ORMELING, F; NATHANSON, J.A. (2003). Cartography: Visualization of Geospatial Data. 2nd edition. Pearson Education. UK.
MACEACHREN, A.M. (1995). How Maps Work: Representation, Visualization, and Design. Guilford Press, New York.
MARTIN LOPEZ, J. (1999). Cartografía. Ed. C.O.I.T.Topografía. Madrid.
ROBINSON, A.H., et ali. (1995). Elements of Cartography - 6th edition. John Wiley & Sons, Inc. New York.
VÁZQUEZ MAURE, F. y MARTÍN LÓPEZ, J. (1989). Lectura de Mapas, IGN, Madrid.
CompetenciasAo termo do curso o alumno será capaz de:
Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e economicamente con el.
Integrar, xestionar, desenvolver e explotar datos de procedentes sistemas de información xeográfica e sistemas cartográficos.
Coñecer, aplicar e avaliar os procesos de deseño, produción e difusión da cartografía topográfica e temática.
Validar e controlar os modelos e procesos cartográficos.
Certificar a calidade dos datos, procesos e produtos cartográficos.
Metodoloxía da ensinanza Os coñecementos e habilidades desenvólvense a través de:
• Clases maxistrais onde son introducidos os temas teóricos.
• Prácticas supervisadas de laboratorio (en aula de informática) onde os estudantes son guiados sobre como utilizar a tecnoloxía
• Prácticas de laboratorio e traballo de campo onde os estudantes aplican os coñecementos aprendidos realizando tarefas e traballo en grupos reducidos para resolver problemas reais
• Seminarios e sesións de traballo, onde os debates e as técnicas de aprendizaxe cooperativa se utilizan para desenvolver e afondar nos contidos teóricos
Sistema de evaluación Os coñecementos e competencias serán avaliados por un sistema baseado na avaliación continua e na realización de exames. De tal maneira que os aspectos a avaliar e a súa correspondente ponderación na nota final serán os seguintes:
. Probas parciais e/ou exame final, consistente nunha proba teórico-práctico sobre os contidos da materia: 50% (Os alumnos que superen os exames parciais eliminarán a parte correspondente da materia).
. O traballo desenvolvido nos seminarios e sesións de traballo: 10% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
. O traballo práctico, tanto de laboratorio coma de traballo de campo: 30% (Valoración dos resultados obtidos e do material presentado).
. Os informes de prácticas: 10 %.
A asistencia a prácticas, seminarios e sesións de traballo é obrigatoria para poder superar a materia.
Os alumnos que non superasen a materia na convocatoria oficial, e teñan aprobadas as prácticas, só terán que realizar o exame da convocatoria extraordinaria de Xullo. Os alumnos que non aproben as prácticas deberán repetilas.
Os alumnos repetidores conservasen a nota obtida en prácticas, seminarios e sesións de traballo para o curso seguinte, podendo realizar os exames parciais e/ou o final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempos de estudo:
. Clases maxistrais: 24 horas (2 horas por semana)
. Prácticas, sesións de traballo e seminarios (en grupos reducidos): 24 horas
. Titorías en grupo: 3 horas
. Probas e exame teórico-práctico: 6 horas
. Estudo individual: 93 horas (incluídas lectura e terminación traballos prácticos)
Recomendacións para o estudo da materia• Ter cursadas con aproveitamento as materias Cartografía I, Informática e Bases de Datos.
• Estar a cursar a materia de Sistemas de Información Xeográfica (SIG).
• Asistencia ás clases expositivas e seminarios. As clases prácticas son obrigatorias.
• Estudo diario da materia.
• Asistencia ás titorías de grupo reducido para discutir, comentar e resolver calquera dúbida.
ObservaciónsUnha información máis ampla sobre este programa está dispoñible na guía docente de "Cartografía II".
A materia tamén utiliza a USC virtual: http://www.usc.es/campusvirtual/