G4051226 - Xeofísica (Xeoloxía e Xeofísica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría do Terreo
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos:
Coñece-los métodos e técnicas propios da xeodesia física e espacial.
Coñecer e comprende-lo campo magnético terrestre.
Coñecer e comprende-los principios básicos da sismoloxía e enxeñaría sísmica.
Coñecer e comprende-lo campo gravitatorio terrestre e os fundamentos para a súa determinación.
Aptitudes:
Saber aplica-los coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Acostumarse ó manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimenta-la súa curiosidade e interés pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos da Terra.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practica-lo razonamento correcto.
Fomenta-lo traballo en equipa.
ContidosGRAVIMETRÍA
TEMA 1: CAMPO GRAVITATORIO
Gravitación. Potencial gravitatorio. Sistemas de coordenadas terrestres. Campo da gravidade en terra esférica. Potencial da gravidade. Forma da terra. Xeoide. Gravidade normal. Elipsoides. Determinación do Xeoide. Fórmula de Stokes. Modelos do campo da gravidade.
TEMA 2: MEDIDA DA GRAVIDADE
Gravimetría. Aplicacións da gravimetría. Medidas absolutas e relativas. Método do péndulo reversible e métodos de caída libre. Métodos dinámicos: Instrumentos con péndulos. Métodos estáticos. Gravímetros. Tipos de gravímetros. Redes gravimétricas.
TEMA 3: ANOMALÍAS GRAVIMÉTRICAS
Corrección de Aire-libre. Anomalía Aire-libre. Reducción de Bouguer. Anomalía de Bouguer. Isostasia. Reducciones isostáticas. Anomalías isostáticas.
TEMA 4: SISTEMAS DE ALTITUDES
Cotas xeopotenciais. Altitudes dinámicas. Corrección dinámica. Altitudes ortométricas. Corrección ortométrica. Altitudes normais. Corrección normal. Diferencias entre os sistemas de altitudes.
SISMOLOXÍA
TEMA 5: ONDAS SÍSMICAS
Tipos de ondas sísmicas. Traxectoria do raio sísmico. Diferentes casos de propagación. Atenuación das ondas sísmicas internas. Ondas sísmicas superficiales: Rayleigh y Love. Atenuación das ondas sísmicas superficiais. Dromocronas e estrutura interna da Terra. Sismoloxía de reflexión e refracción. Sismoloxía instrumental.
TEMA 6: INSTRUMENTACIÓN SÍSMICA
Sismógrafo mecánico. Sismógrafo electromagnético. Sismógrafo de deformacións. Acelerógrafos. Red sísmica.
TEMA 7: TERREMOTOS
Parámetros focais dos terremotos. Localización espacio-temporal do foco. Intensidade, magnitude e enerxía. Relación entre as faias e os terremotos. Orientación do plano de faia. Distribución dos terremotos: Relación coa dinámica de placas. Predicción de terremotos.
TEMA 8: ANÁLISIS DE SISMOGRAMAS
Sismogramas. Sismos locales. Sismos lonxanos.
TEMA 9: SISMICIDADE.
O estudo das faias sísmicas. Análise da sismicidade. Análise da perigosidade sísmica. Efectos inducidos polos terremotos no terreo.
XEOMAGNETISMO
TEMA 10: O CAMPO MAGNÉTICO TERRESTRE
O campo magnético terrestre e as súas compoñentes. O dipolo terrestre. Coordenadas xeomagnéticas. Campo non dipolar. Campo xeomagnético internacional de referencia.
TEMA 11: CAMPO XEOMAGNÉTICO DE ORIXE INTERNO
Variación secular. Orixe do campo xeomagnético interno. A dinamo autoinducida. Conclusións sobre a variación secular.
TEMA 12: CAMPO XEOMAGNÉTICO DE ORIXE EXTERNO
Variacións do campo xeomagnético de orixe externo. A Ionosfera e a Magnetosfera. Variacións periódicas. Variación solar e lunar tranquila. Modelo da dinamo ionosférica. Sistema de correntes equivalentes. Variacións non periódicas. Tormentas Xeomagnéticas.
TEMA 13: PALEOMAGNETISMO
Magnetismo das rochas. Magnetización remanente térmica. Magnetización remanente deposicional. Migración dos Polos. Inversións do campo xeomagnético.
TEMA 14: MEDIDAS DO CAMPO XEOMAGNÉTICO
Medidas absolutas e relativas. Métodos clásicos. Métodos absolutos e relativos. Variómetros e rexistros. Métodos modernos. Magnetómetro de protóns. Magnetómetro de bombeo óptico. Magnetómetro de núcleo saturado.
TEMA 15: ANOMALÍAS MAGNÉTICAS
Anomalías rexionais. Correccións ás medidas magnéticas.
Bibliografía básica e complementaria Ciencias de la Tierra. Una Introducción a la Geología Física
Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K. Madrid: Ed. Pearson - Prentice Hall. 2005
An Introduction to Applied and Enviromental Geophysics
Reynolds, J. Chichester: Ed. Wiley. 1997.
Fundamentos de Geofísica. 2ª Edición
Udías, A. y J. Mezcua. Madrid: Ed. Alianza 1996
Geomagnetismo
Luis de Miguel, Editorial Instituto Geográfico Nacional (3ª ed.), 1980
The solid earth: an introduction to global geophysics
C. M. R. Fowler, Editorial Cambridge University Press, 1990
Geofísica aplicada para ingenieros y geólogos
D.H. Griffiths, R.F. King; Editorial Paraninfo, 1972
CompetenciasXerais:
Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e económicamente con el. (CG 6)
Específicas:
Coñecemento e aplicación dos métodos e técnicas propios da xeodesia física e espacial; xeomagnetismo; sismoloxía e enxeñaría sísmica; gravimetría.
Transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para o razonamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
Habilidade no manexo de TIC’s.
Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Utilización de información en lingua estranxeira.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciales son de tres tipos:
-clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, na aula por parte del profesor, axudado de medios audiovisuais.
-os seminarios, prácticas de pizarra e clases interactivas, en grupos reducidos de 20 alumnos, son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría.
-as titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha evaluación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación baséase nos seguintes 4 apartados:
1) Asistencia obligatoria. 10%
2) Probas escritas. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima. 60%
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en clases prácticas. 20%
4) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario. 10%
Repetidores:
Os alumnos que teñan superado o requisito de asistencia as sesións presenciais en algún dos dous cursos precedentes non teñen que asistir ás clases, pero sí entregar de novo os informes de prácticas e seminarios.
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas: 20h
Realización de exercicios: 15h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12h
Elaboración de traballos de curso: 10h
Preparación de probas de avaliación: 12,5h
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e prácticas.
Esforzarse nos informes de prácticas.
Intentar resolve-los exercicios previstos antes da resolución en clase.
Consulta-la bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveita-las titorías, tanto as habituales como as programadas en grupo.