Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061108 - Xeoloxía e Climatoloxía (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Alvarez Rodriguez, Esperanza.NON
FERNANDEZ MARCOS, MARIA LUISA.NON
FERNANDEZ SANJURJO, Mª JOSE.NON
Nuñez Delgado, Avelino.NON
Pérez Moreira, Rogelio.NON
Seoane Labandeira, Socorro.SI
Seoane Labandeira, Socorro.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIL_01 Grao Enxeñaría das Industrias AgroalimentariasHorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLE_01 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_02 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_03 Grao Enxeñaría Industrias AgroalimentariasOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_03 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_04 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS03 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS04 Grao Agrícola e Medio RuralOrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS05 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08 Grao Enxeñaría Forestal e MNOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09 Grao Enxeñaría Industrias AgroalimentariasOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10 Grao Enxeñaría Industrias AgroalimentariasOrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que os alumnos adquiran coñecementos básicos de Xeoloxía e Climatoloxía para a súa aplicación práctica na Enxeñería e na protección do medio natural.
    Que coñezan a Terra como sistema, os materiais e estruturas xeolóxicos e as morfoloxías superficiais. Que adquiran coñecementos sobre xeoloxía rexional e interpretación de mapas xeolóxicos.
    Que os alumnos coñezan as variables climatolóxicas. Que aprendan a levar a cabo estimacións de evapotranspiración e balances hídricos. Que aprendan a estimar os principais índices e clasificacións climáticas.

    Contidos
    Bloque I.- XEOLOXÍA

    1.- INTRODUCIÓN. 1.1.- Xeoloxía. O tempo xeolóxico. Xeoloxía e enxeñería: tipos de actuacións e riscos xeolóxicos. 1.2.- A Terra. A superficie da terra. Atmosfera e hidrosfera: Ciclos externos e internos. Minerais e rochas. Ciclo petroxenético. Estrutura interna da terra. 1.3.- Ideas básicas de tectónica de placas. Oróxenos e acreción continental. Isostasia. Sismicidade. 1.4.- Estrutura varisca e neotectónica no NO da Península Ibérica.

    2.- MINERALOXÍA. 2.1.- Cristalografía: Conceptos básicos de cristalografía xeométrica e cristaloquímica. Propiedades físicas e identificación de mineral. 2.1.- Clasificación mineral. Silicatos e minerais non silicatos máis importantes.

    3.- PETROLOXÍA. 3.1.- Sedimentos e rochas sedimentarias: Meteorización, erosión e transporte e sedimentación. Alteritas. Litificación. Edafoxenése. 3.2.- Magmatismo e Rochas ígneas. Plutonismo e vulcanismo. 3.3.- Metamorfismo e Rochas metamórficas. Xacementos minerais e recursos xeolóxicos. Comportamento mecánico dos solos.

    4.- ESTRATIGRAFÍA. Medios e facies sedimentarias. Os fósiles, cronoloxía e rexistro xeolóxico. Series estratigráficas. Discordancias.

    5.- ESTRUTURAS XEOLÓXICAS. 5.1.- Esforzo e deformación. Fracturas. Diaclasas e Fallas; Asociación de fracturas. Pregamentos: Xeometría e clasificación; Asociación de pregamentos. Xistosidade e outras estruturas. Grandes estruturas tectónicas. Diapiros. Notacións e representación de elementos xeométricos. 5.2.- Morfoloxía estrutural. 5.3.- Introdución á descrición de macizos rochosos.

    6.- FORMACIÓNS SUPERFICIAIS. Noiros e vertentes. Modelados climáticos. Modelado fluvial. Modelado periglaciario e glaciario. Modelado litoral. O Karst. Augas subterráneas.

    Bloque II.- CLIMATOLOXÍA

    7.- ATMOSFERA E VARIABLES CLIMÁTICAS. A atmosfera: composición e estrutura. A radiación solar. A temperatura do aire. A presión atmosférica. O vento. Humidade atmosférica e precipitación.

    8.-EVAPORACIÓN E BALANCE HÍDRICO. Evaporación e Evapotranspiración. Balance Hídrico.

    9.- CIRCULACIÓN ATMÓSFERICA. ANÁLISE E PREDICIÓN DO TEMPO. Masas de aire e frontes. Situacións sinópticas. Rede de estacións. Predición.

    10.- CLASIFICACIÓNS CLIMÁTICAS. Clasificación de climas. Índices climáticos.


    Seminarios e prácticas.

    SEMINARIOS:
    Seminario 1: Interpretación mapas topográficos.
    Seminario 2: Sismicidade / A Terra.
    Seminario 3: Cristalografía xeométrica.
    Seminario 4: Identificación de minerais de visu.
    Seminario 5: Morfoloxía e litoloxía. Vulcanismo.
    Seminario 6: Interpretación de mapas xeolóxicos I.
    Seminario 7: Interpretación de mapas xeolóxicos II.
    Seminario 8: Xeoloxía e paisaxe.
    Seminario 9: Historia xeolóxica de Galiza e do NO da Península Ibérica.

    PRÁCTICAS:
    Práctica 1.- Identificación de minerais.
    Práctica 2.- Identificación rochas-I.
    Práctica 3.- Identificación rochas-II.
    Práctica 4.- Climatoloxía-1:
    Fontes de datos climáticos e cálculos de axuste máis habituais. Cálculo de evopotranspiración e de
    balance hídrico con ferramentas informáticas.
    Práctica 5.- Climatoloxía-2:
    Obtención de clasificacións climáticas e de índices climáticos con ferramentas informáticas.

    Práctica de campo:
    Percorrido xeolóxico para o recoñecemento de materiais(petrolóxica e xeomecánicamente), estructuras xeolóxicas e modelado superficial.








    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA XEOLOXÍA
    Anguita & Moreno. (1991).Procesos geológicos internos.Ed.Rueda. Madrid
    Anguita & Moreno. (1993). Procesos geológicos externos y Geología Ambiental. Ed.Rueda. Madrid
    De Pedraza Gilsenz, J. (1996). Geomorfología.Principios, Métodos y Aplicaciones. Ed.Rueda. Madrid
    González de Vallejo, L.I.; Ferrer, M.;Ortuño, L.; Oteo, C. (2002). Ingeniería Geológica. Pearson Education. Madrid.
    I.T.G.E. (1987). Riesgos Geológicos.
    I.T.G.E./I.G.M.E. Mapas xeolóxicos, xeotécnicos e de riscos xeolóxicos.
    Klein, C. & Hurlbut, C.S.Jr (1996). Manual de Mineralogía. 4ª Ed Reverté. Barcelona
    Lambe T.W. & Whitman R.V. (1993). Mecánica de Suelos. Ed. Limusa. México, D.F.
    Maltaman. (1990) .Geological Maps: An introduction.Open University Press.
    Pozo, González e Giner. (2003). Geología Práctica. Prentice Hall, Madrid
    Tarbuck e Lutgens. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. 6ª Ed. Prentice Hall, Madrid.

    BIBLIOGRAFÍA CLIMATOLOXÍA
    Elías F. & Castellví F. (2001). Agrometeorología. MundiPrensa. Madrid.
    Thillet J.J. (1998). La meteorología de montaña. Martínez Roca. Barcelona.
    Watts A. (1997). Manual del tiempo. Tutor. Madrid.


    Competencias
    Capacidade para coñecer, comprender e utilizar contidos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñería. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar contidos de climatoloxía.


    Metodoloxía da ensinanza
    As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas teóricas, clases interactivas (seminarios e prácticas) e titorías. Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas proporcionarase ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou ben a través do Campus Virtual.
    Nas clases expositivas de teoría o profesor presentará os conceptos teóricos que permitan ó alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais adecuados.
    As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Como complemento utilizarase material adecuado para cada tema.
    As titorías en grupos moi reducidos utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen.

    Modificacións:
    Esta materia non terá clases expositivas (nin teóricas nin prácticas). Mantéñense as titorías, nas que os alumnos poden resolver todas as cuestións relacionadas co programa da materia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais, informes de prácticas e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación os contidos e a porcentaxe sobre o total da cualificación:

    A materia divídese en catro bloques teórico-prácticos dos que se realizarán as correspondentes probas de avaliación (Porcentaxes sobre a cualificación total):

    Bloque 1. Cristalografía e Mineraloxía (Tema 2) e práctico de identificación de minerais (práctica 1). Seminarios 3 e 4.
    Teoría: 7,5%.
    Práctico: 5%.

    Bloque 2. Xeoloxía, Petroloxía e Formacións superficiais (Temas 1, 3 e 6) e práctico de identificación de rochas I e II (Prácticas 2 e 3). Seminario 1, 2, 5 e 8.
    Teoría: 25%.
    Práctico: 10%.

    Bloque 3. Interpretación de Mapas xeolóxicos (Temas 4 e 5). e Seminarios de Interpretación de Mapas Topográficos e Xeolóxicos I e II. Seminario 9. Examen teórico. Examen práctico.
    Teoría: 7,5%.
    Práctico: 15%.

    Bloque 4. Climatoloxía (Temas 7, 8, 9 e 10) e Prácticas 4 e 5.
    Teoría: 10%.
    Práctico: 15%.

    Asistencia e participación nas actividades programadas: Porcentaxe sobre a cualificación total: 5%.

    Para superar a asignatura a cualificación en cada bloque debe ser superior a 4.

    Modificacións:
    Realizaráse un exame único sobre aspectos teóricos e prácticos relacionados co programa da materia. A data deste exame será fixada polo centro en cada unha das convocatorias.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Lectura e preparación de temas: 40 h
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 h
    Elaboración de traballos de curso: 15 h
    (en grupo ou individuais)
    Preparación de probas de avaliación: 16h

    TOTAL: 91h

    Recoméndase como media, unhas 2 h de estudio por cada tema que figura no programa.


    Recomendacións para o estudo da materia
    -Seguimento da materia de xeito continuado e lectura da bibliografía recomendada.

    Modificacións
    Utilizar o material docente e máis a bibliografía recomendada.