G4061422 - Ecoloxía e Impacto Ambiental (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia de Ecoloxía contribuirá directamente á consecución de dous dos obxectivos xerais da titulación propostos no plano de estudios:
- Que o alumnado teña capacidade para relacionar e integrar as instalacións e explotacións agrarias así como os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo co seu entorno, valorando a preservación do medio ambiente.
- Que o alumnado teña capacidade para a redacción e firma de estudios de impacto ambiental de explotacións agrícolas, gandeiras e de espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo.
Os obxectivos específicos da materia inciden en que:
- O alumnado coñeza, comprenda e saiba manexar os principios básicos de ecoloxía. Os cales inclúen o coñecemento da estrutura e a función dos ecosistemas en xeral, así como dos seus compoñentes (organismo, poboación e comunidade), e doutros niveis de organización superiores, como é a paisaxe.
- O alumnado coñeza o procedemento de avaliación de impacto ambiental, aplicado a actividades de tipo agropecuario e de xardinería. Así como os principais efectos que esas actividades poden exercer sobre o medio, en función do tipo de manexo que se realice.
ContidosOs contidos da materia agruparanse nos seguintes temas:
1: Introdución á Ecoloxía. Sistemas, visión xeral.
2: Factores ecolóxicos. Tipos. Principais factores ecolóxicos nos medios terrestres e acuáticos.
3: Relacións do organismo co seu medio. Homeostasia. Lei da tolerancia.
4: A poboación: características básicas. Demografía.
5: Dinámica das poboacións: modelos de crecemento poboacional.
6: A comunidade: características básicas. Diversidade ecolóxica e biodiversidade.
7: A comunidade: Interaccións entre especies. Sucesión ecolóxica.
8: O ecosistema: circulación de materia e enerxía. Ecosistemas manexados.
9: Da paisaxe á ecosfera. Cambio global.
10: As actividades agropecuarias e o medio.
11: Avaliación de impacto ambiental.
Estes contidos serán desenvoltos tanto durante as horas de teoría como nos seminarios, e apoiándose nas prácticas de campo.
Prácticas de campo
Realizaranse dúas saídas ó campo, nas que se realizarán observacións e se recolleran datos que serán despois analizados, e servirán de base para a realización das memorias correspondentes.
Bibliografía básica e complementariaEcoloxía
Freedman, B. (1995 2ª ed.). Environmental ecology. The ecological effects of pollution, disturbance and other stresses. Academic Press, Inc. San Diego.
Begon, M; Harper, J L; Townsend, C R (1999). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Omega, Barcelona.
Molles M.C. (2006). Ecología: conceptos y aplicaciones. McGraw-Hill. Madrid.
Smith, R L; Smith, T M (2005). Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid
Terradas, J (2001). Ecología de la vegetación. De la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Omega, Barcelona.
Impacto Ambiental
Conesa Fernandez-Vítora, V. (1995). Guía Metodológica para la Evaluación del Impacto Ambiental. Mundi-Prensa. Madrid.
Garmendia, A. e col. (2005). Evaluación de impacto Ambiental.
Gomez-Orea, D. (1994). Evaluación de impacto ambiental. Editorial Agrícola Española. Madrid.
Andrés, M., García, F.A. (2006). La evaluación de impacto ambiental de proyectos y actividades agroforestales.
CompetenciasAs persoas que teñan cursado a materia serán capaces de:
- Describir a estrutura e a función dos ecosistemas en xeral. Este obxectivo aplícase tamén ós niveis de organización que inclúe o ecosistema: comunidades, poboacións e individuos. Para a consecución deste obxectivo deberá coñecer e manexar axeitadamente os conceptos e a terminoloxía propia da ecoloxía.
- Describir e diferenciar as peculiaridades dos ecosistemas manexados por humanos, en comparación con outro tipo de ecosistemas. Centrándose especificamente nos ecosistemas agrarios.
- Analizar e valorar os efectos ambientais relacionados con actividades do eido agropecuario e da xardinería.
Metodoloxía da ensinanza Empregaranse clases expositivas para a presentación e desenvolvemento dos contidos teóricos.
Realizaranse seminarios en grupos reducidos na aula, ou na aula de informática para traballar sobre aspectos numéricos e aplicados relacionados coa teoría, e para familiarizarse con ferramentas informáticas de utilidade en ecoloxía.
Realizaranse prácticas de campo que permitiran a observación directa, a toma de datos e a relación cos coñecementos adquiridos en teoría.
Usarase o Campus Virtual para proporcionar materiais do curso, e tamén para a coordinación de actividades e resolución dos problemas que poidan xurdir no traballo persoal do alumnado fóra do centro
Sistema de evaluaciónDurante o curso, ó longo das clases teóricas e seminarios realizaranse ou propoñeranse pequenos traballos. Estes traballos puntuarán en conxunto un 20% da nota final da materia.
Durante o curso realizaranse dúas prácticas de campo. O alumnado deberán de presentar e expoñer en clase un informe de cada unha das prácticas realizadas. Este informe será avaliado xunto coa propia participación nas mesmas. A nota de prácticas contará un 30% da nota final da materia.
Ao rematar o semestre haberá un exame final no que se avaliará o coñecemento dos conceptos teóricos sobre os que se traballou no curso. A nota deste exame representará un 50% da nota final da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalCada hora de traballo presencial requirirá entre dúas e tres horas de traballo de revisión, resolución de exercicios, ou realización de memorias. Incluído neste cómputo global está o tempo de preparación da proba final.
Recomendacións para o estudo da materiaEsta materia inclúe tanto aspectos aplicados, como teóricos nos que se definen termos, se describen estruturas e se analiza o funcionamento dos ecosistemas en diferentes niveis de organización. É importante ser capaz de relacionar e comprender estes coñecementos. Polo tanto, o traballo persoal debe estar orientado á revisión dos conceptos e a poñer en relación o que se vai vendo, tanto na parte teórica como en seminarios e prácticas. É importante manter un traballo continuado, e ir revisando e analizando o material a medida que se vaia presentando, tratando de relacionalo co que xa se ten visto anteriormente.
Deste modo as dúbidas e dificultades que vaian xurdindo poderanse ir resolvendo progresivamente. A este respecto resulta importante a participación nas actividades presenciais, incluíndo as horas de titorías.