Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061109 - Informática (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 12.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CORREA POMBO, JOSE LUIS.SI
IGLESIAS RODRIGUEZ, ROBERTO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo/CLIL_03 Enxeñaría IndustriasHorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLE_01 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_01 Enxeñaría ForestalOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLE_01 Enxeñaría IndustriasOrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_01 Enxeñaría ForestalOrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIL_02 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02 Enxeñaría ForestalOrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS01 Enxeñaría ForestalOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS01 Enxeñaría IndustriasOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02 Enxeñaría ForestalOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03 Enxeñaría ForestalOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04 Enxeñaría AgrícolaOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04 Enxeñaría ForestalOrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS2 Enxeñaría IndustriasOrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os temas centrais que se tratarán na materia serán o coñecemento do ordenador como ferramenta en aspectos básicos útiles para o desenvolvemento profesional, tales como os Sistemas Operativos, o Almacenamento da información, as bases de datos, importación e exportación, empaquetamiento, etc., e o uso do ordenador como ferramenta de cálculo numérico e simbólico.
    Contidos
    teoría

    1 Introdución.
    1.1 Introdución á Informática.
    1.2 A información e a súa representación.
    2 A Computadora.
    2.1 Unidade Central de Proceso.
    2.2 A memoria
    2.3 Soportes da Información.
    2.4 Periféricos.
    3 Software e Sistemas Operativos
    3.1 Concepto de Programa.
    3.2 Linguaxe máquina e ensamblador.
    3.3 Tradutores: Compilación e Interpretación.
    3.4 Tipos de software: Sistemas Operativos e programas de aplicación.
    3.5 Funcións do Sistema Operativo.
    4 Fundamentos de Programación
    4.1 Estratexias para resolución de problemas: Formulación de algoritmos
    4.2 Tipos de datos.
    4.3 Concepto de Programa: Codificación de algoritmos.
    4.4 Programación estructurada: Secuencia, Selección e Iteración.
    4.5 Modularidade.
    5 Arquivos e bases de datos.
    5.1 Concepto e tipos de arquivos.
    5.2 Bases de datos relacionais.
    5.3 Introducción ó deseño de bases de datos
    6 Redes de ordenadores e internet
    6.1 Concepto de rede.
    6.2 Topoloxías de rede.
    6.3 Software de rede.
    6.4 Aplicacións de rede.
    6.5 Seguridade

    Prácticas

    1.Sistemas operativos: Windows e Linux
    2.Uso interactivo de matlab como ferramenta de cálculo
    3.Programación en Matlab
    Estrutura básica dun programa en Matlab
    Implementación en Matlab das estratexias de programación estruturada: secuencia, selección e interacción
    Programación modular: Procedementos e funcións
    Métodos numéricos con Matlab: suma de series infinitas, integración numérica, límites, cálculo de raíces, etc.
    4.Deseño e creación dunha base de datos
    Bibliografía básica e complementaria
    PRIETO, A., LLORIS, A. TORRES, J.C. Introducción a la Informática. McGraw Hill.
    ALCALDE, E.; GARCÍA, M.; PEÑUELAS, S. Informática Básica. Ed. McGraw-Hill.
    NORTON, P. Introducción a la computación. Ed. McGraw-Hill.
    JOYANES AGUILAR, L. Fundamentos de programación, Algoritmos, estructuras de datos y Objetos, McGrawHill, Tercera Edición. 2003
    WIRTH,N. Algoritmos+Estructura de Datos=Programas. Ed. Ediciones del Castillo.
    CHAPMAN S.J. Essentials of matlab programming 2nd Edition. Stanford, CT: Cengage Learnibg, 2009
    GARCÍA DE JALÓN J, RODRIGUEZ, J.I., VIDAL. Aprenda Matlab 7.0 como si estuviera en primero . Libro de libre disposición para descargas en http://mat21.etsii.upm.es/ayudainf/
    http://www.wikipedia.org
    Competencias
    Xenéricas

    Coñecemento en materias básicas, científicas y tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así coma una capacidad de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
    Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razonamento crítico.
    Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturáis

    Específicas

    Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordendadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación á enxeñería.
    Algoritmia numérica

    Transversáis

    Resolución de problemas e toma de decisións mediante a aplicación integrada dos seus coñocementos
    Capacidade para o razoamento e a argumentación
    Capacidade para obtener información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica en internet, e analizala de xeito crítico
    Habilidad no manexo das TIC
    Capacidade de análise y síntese
    Aprendizaxe autónomo
    Metodoloxía da ensinanza
    Se propón a seguinte programación de actividades, atendendo á peculiaridade da materia:

    Actividades presenciais

    Clases teóricas e prácticas.
    Titorías individualizadas.
    Ó final de cada tema ou grupo de temas se proporá a resolución de cuestionarios que serán avaliados
    Durante a realización das prácticas proporase a realización de exercicios prácticos de xeito individual que deben resolverse no laboratorio durante un tempo limitado, estes exercicios serán posteriormente avaliados e permitirán a avaliación continua dos alumnos.
    Realización de exames.

    Actividades non presenciais

    Lectura e preparación de temas
    Preparación das prácticas e traballo posterior
    Resolución dun Boletín de problemas propostos.
    Uso da aula virtual da materia, onde se atopan compiladores, manuais, vídeos, problemas propostos coas súas solucións, foros de discusión e a posibilidade de facer preguntas sobre os diversos aspectos da materia vía e-mail.
    Preparación de probas de avaliación

    Técnica docente

    Propiciarase o uso de medios audiovisuais
    A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe deberá ser construtivista, propiciando a participación activa do alumno, sobre todo nas clases prácticas, de forma que este sexa o protagonista dos seus aprendizaxes e que estes sexan significativos
    As clases teóricas consistirán na descrición e exposición dos temas por parte do profesor empregando fundamentalmente, a lección maxistral, intentando empregar o maior número de exemplos que sexa posible para asegurar a asimilación.
    Reservaranse algunhas das clases para a resolución de problemas de taboleiro ou a exposición de traballos feitos polos alumnos.
    Nas clases prácticas os alumnos deberán tomar a compoñente activa do proceso ensinanza-aprendizaxe, resolvendo os distintos exercicios que se lle propoñan.

    Sistema de evaluación
    Teoría:
    Realización de traballos, solución individual de cuestionarios: 45%
    Preguntas de teoría na proba final escrita: 55%

    Prácticas:
    Realización de exercicios individuais no laboratorio: 45%
    Proba escrita de febreiro: 55%

    A teoría representa o 30% da nota final, metres que a nota práctica representa o 70% da cualificación definitiva.
    No caso dalgún alumno que non asista a clases, non poderá ser avaliado de forma continua polo que o exame de febreiro representará o 100% da súa calificación final. Neste último caso, poderá ter que responder a preguntas adicionais as que se lle propoñan ó alumno avaliado de forma continuada (co fin de garantir a avaliación de todas a destrezas que se deben adquirir a través de materia).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    ---------------------------------------------------------------------------Horas
    Lectura e preparación de temas---------------------------------------------14
    Realización de exercicios----------------------------------------------------18
    Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas------24
    Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais)-------------------3,5
    Preparación de probas de avaliación-----------------------------------------10

    TOTAL-----------------------------------------------------------------------69,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Durante a realización das prácticas o alumno disporá por adiantado dun boletín de exercicios que se irán resolvendo no laboratorio, durante as horas de estudio individual o alumno debería tratar de analizar os problemas propostos tratando de propoñer unha solución que logo poda verificar en prácticas. Por outra banda, despois da realización da práctica o alumno debería reler os exercicios realizados no laboratorio, tratando de prestar atención a aqueles aspectos que lle resultan de maior dificultade, intentado entender o que se fai, e evitando sempre un procedemento memorístico.
    Antes do final da docencia presencial proporáselle ó alumno a realización dun boletín de exercicios propostos, que pode realizar e consultar todas a dúbidas que teña en titorías. Se o alumno resolve o boletín ou parte del poderá entregalo o finaliza-la materia, co fin de que inflúa na súa cualificación final