Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061423 - Construción de Aloxamentos Gandeiros (Construcción ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA ELENA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquisición de coñecementos para a caracterización e o deseño do aloxamento destinado a diversas explotacións gandeiras, partindo das particularidades da explotación de cada especie (ciclos de produción, sistemas de manexo,..), para definir necesidades de zonas e superficies e para definir tamén as instalacións precisas para cada caso particular. Unha vez definido o deseño, tamén se pretende a adquisición de coñecementos por parte do/a alumno/a para a resolución estrutural do aloxamento do que se trate.
    Contidos
    CLASES EXPOSITIVAS
    Unidade I. Caracterización e deseño das instalacións para o aloxamento de especies gandeiras (gando vacún, porcino, avícola, cunícola, outros).
    Unidade II. Dimensionado e deseño en planta integral das explotacións baixo diferentes modelos produtivos.
    Unidade III. Instalacións agropecuarias, saúde e benestar animal e bioseguridade.
    Unidade IV. Construcións agropecuarias: tipos estruturais.


    ACTIVIDADES INTERACTIVAS
    I. Caracterización dunha explotación de exemplo.
    II. Deseño en planta dunha explotación a partir de datos de partida relacionados co modelo de explotación.
    III. Identificación e caracterización de tipos estruturais en explotacións.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Aloxamentos para gando vacún de leite.
    X.C. Carreira Pérez. Ed. Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes. Santiago, 1996.
    - El ordeño en el ganado vacuno: aspectos claves.
    C. Buxadé Carbó (coord.). Ed. Mundi-Prensa. Madrid, 2002.
    - Cow comfort: el bienestar de la vaca lechera.
    A. Callejo Ramos. Ed. Servet. Zaragoza, 2009.
    - Construcciones y equipos avícolas.
    B. Castelló. Ed. Real Escuela de Avicultura. Barcelona, 1993.
    - Producción de carne de pollo.
    A. Castelló. Ed. Real Escuela de Avicultura. Barcelona, 1991.
    - Manual del porcicultor.
    A. Callen Mora (trad.). Ed. Acribia. Zaragoza, 1997.
    - Ganado porcino: diseño de alojamientos e instalaciones.
    F. Forcada, D. Babot, A. Vidal, C. Buxadé, Ed. Servet. Zaragoza, 2009.
    - Zootecnia. Bases de producción animal. T.X. Producciones cunícula y avícola alternativas.
    A. Castelló (coord.). Ed. Mundi-Prensa. Madrid, 1996.

    Bibliografía complementaria:
    - Dairy freestall: housing and equipment.
    W.G. Bickert, B. Holmes, K. Janni, D. Kammel, R. Stowell, J. Zulovich. Ed. Midwest Plan Service. Ames. Iowa, 2000.
    - Bienestar animal y vacuno de leche: mitos y realidades.
    C. Buxadé Carbó (coord.). Ed. Euroganadería. Madrid, 2006.
    - Vacuno de leche de alta producción (V.L.A.P.): sus alojamientos e instalaciones.
    C. Buxadé Carbó, M. Torres Caballero. Ed. Euroganadería. Madrid, 2007.
    - Memento de l’éleveur de porc.
    ITP. Institut Technique du Porc. Paris, 2000.
    - Alojamientos para ganado porcino.
    F. Forcada Miranda. Ed. Mira. Zaragoza, 1997.
    - Bioseguridad en avicultura.
    J.A. Castelló Llobet (coord.). Ed. Real Escuela de Avicultura. Barcelona, 2009.

    Competencias
    Competencias xerais

    No plano de estudos, de entre as competencias xerais a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona esta materia son as seguintes:
    - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións), a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais).
    - Capacidade para a busca e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.


    Competencias específicas

    Como competencias específicas da materia, no plano de estudos indícanse as seguintes:
    - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Enxeñaría das Explotacións Agropecuarias ás construcións agropecuarias e ás instalacións para a saúde e o benestar animal.
    - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía das construcións rurais ás construcións agrarias e ás instalacións para a saúde e o benestar animal.
    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións adicadas á docencia teórica empregarase o método expositivo, de xeito que o/a alumno/a reciba unha base teórica para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos para poder aproveitar as clases.

    Asemade, realizaranse seminarios nos que se debaterá sobre temas concretos. A materia contempla tamén a realización de prácticas baseadas na utilización de ferramentas informáticas. Como complemento, realizarase unha práctica de campo consistente en facer unha visita ás instalacións gandeiras do CIAM (Mabegondo).

    Sistema de evaluación
    - Exame de contidos teórico-práctico (50% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 5).
    - Traballos de curso (25% da cualificación final).
    - Exame de prácticas (25% da cualificación final, debendo acadar un mínimo de 1 punto sobre un total de 2,5).

    Cualificación final:
    Obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Por termo medio, considérase necesario dedicar unha hora e media de estudo por cada hora de carácter expositivo na materia, á que se lle engade unha media de dúas horas semanais para a realización do traballo de curso e de casos prácticos derivados das clases de seminario e de prácticas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia ás clases de tipo expositivo, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndaranse lecturas ou a preparación anticipada dos seus contidos.
    Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos.
    Asistencia ás sesións de seminario e prácticas.
    Manexo da bibliografía recomendada.
    Aproveitamento das titorías establecidas, tanto de carácter individual como de grupo.

    Observacións
    Material de traballo:
    Para o seguimento da materia, o alumnado poderá acceder ao curso virtual da materia onde ten a súa disposición material de diversa índole.