G4061424 - Proxectos (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Proxectos de Enxeñaría
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento dos traballos, servizos e proxectos profesionais: competencias e atribucións profesionais.
Coñecemento do proxecto técnico: formulación, morfoloxía, programación e execución de proxectos.
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA (18 HORAS). (TEMA 1 HORA).
BLOQUE I. INTRODUCIÓN
TEMA 1. Planificación xeral da materia
Programa de teoría. Programa de prácticas. Traballos de clase. Titorías. Avaliación. Traballo fin de grao.
TEMA 2. Actividade profesional e conceptos básicos
Ámbitos de actividade: Administración, empresa, exercicio libre, consultoras de enxeñaría. Competencias profesionais. Colexio profesional. Deontoloxía. Informes e estudos técnicos, ditames, peritacións, valoracións, taxacións, planos de deslinde e amolloamento, etc.
TEMA 3. ASPECTOS XERAIS DOS PROXECTOS DE ENXEÑARÍA
Concepto e principios xerais. Axentes do proxecto. Estrutura básica do proceso proyectual. O proxecto como sistema. Tipos de proxectos. Esquema conceptual do proxecto. Ciclo do proxecto.
BLOQUE II. FORMULACIÓN E MORFOLOXÍA
TEMA 4. METODOLOXÍA DE FORMULACIÓN DE PROXECTOS
Preparación para a formulación. Análise e diagnóstico da situación de partida. Obxectivos, metas, deseño e preparación de compoñentes. Análise e avaliación de resultados esperados.
TEMA 5. MORFOLOXÍA DO PROXECTO
Documentos do proxecto. Introdución a: Memoria, Planos, Prego de Condicións, Presuposto. Outros documentos: estudos de seguridade e saúde, estudos ambientais, control da calidade. Organización do documento.
TEMA 6. MEMORIA I: MEMORIA.
Contido, presentación e utilidade. Normativa. Contido e estruturación xeral. Informes e estudos técnicos, ditames, peritacións, valoracións, taxacións, planos de deslinde e amolloamento, etc.
TEMA 7. MEMORIA II: ANEXOS Á MEMORIA
Estruturación. Tipoloxía de anexos: Anexos de diagnóstico. Anexos de cálculo e deseño. Anexos de planificación da execución. Anexos de avaliación. Anexos informativos.
TEMA 8. PLANOS I
Misións dos planos. Representacións gráficas nun proxecto: Planos, Esquemas e Gráficos. Tipos de planos. Situación no proxecto. Sistematización e ordenación de planos. Identificación de planos. Ordenación de representacións dentro de cada plano. Escalas e Formatos. Normas de trazado. Simboloxía. Dobrado de planos. Planos de situación e localización. Planos descritores de condicionantes. Planos definidores da situación actual. Descrición do contido de planos característicos.
TEMA 9. PLANOS II
Planos definidores da transformación I. A información dos planos. A suficiencia para a execución: Proxectos executables. Descrición do contido de planos característicos: localización; edificacións; obras lineais, regos, plantacións, axardinamentos, etc.
TEMA 10. PREGO DE CONDICIÓNS.
Prego de condicións. Definición. Partes que interveñen. Multiplicidade de pregos. Estruturación dos pregos. Pregos de Condicións Técnicas. Prego de Bases ou Cláusulas Administrativas: Pregos de condicións de índole facultativo, Pregos de condicións de índole económica e Prego de condicións de índole legal.
TEMA 11. PRESUPOSTO I
Obxectivo e contido: clasificación de inputs. Recensión histórica. Modelo de presupostación: División; Tratamento; Agregación. División: Sistematización dos investimentos: Grupos de investimento; Compoñentes de investimento; Capítulos de execución; Unidades de obra ou de execución. Tipos de custos: Custos endóxenos: Custos Directos de Execución - Custos Indirectos de Execución; Custos Exóxenos: Gastos Xerais - Beneficio Industrial - IVE. Imputación de custos.
TEMA 12. PRESUPOSTO II
Tratamento I: Prezos. Terminoloxía básica. Tipoloxía de prezos: subministro, básicos, auxiliares e unitarios. Estrutura dos prezos. Epígrafes. Cálculo de prezos. Prezos descompostos.
TEMA 13. PRESUPOSTO III
Tratamento II: Medicións. Terminoloxía básica. O proceso de medición. O epígrafe como mecanismo de sincronización. Unidades e criterios de medición. Tipos de medición: "en plano" e "en obra". Desenvolvemento da medición en planos: impresos, características, deducións, transferencias, etc. Medición de partidas singulares.
Agregación. Presupostos Parciais. Presuposto de Execución Material. Presuposto de Execución por Contrata. Presuposto de Execución por Administración. Presuposto de Execución por Adquisición. Resumo Xeral do Presuposto. Presuposto para coñecemento do Promotor. Síntese do modelo presupostario.
TEMA 14. PRESUPOSTO IV
Morfoloxía do presuposto. Formato clásico: medicións, cadros de prezos e presuposto. Formato derivado da lexislación de contratación: Anexo de xustificación de prezos: prezos básicos, auxiliares e unitarios; Presuposto: medicións, cadros de prezos e presuposto.
Informatización do presuposto. Ferramentas básicas: programas informáticos de medicións e presupostos; bases de datos para a presupostación. Potencialidades. Formato FIE. Revisión do "software". Bases de datos: clásicas ou paramétricas; codificación; información asociada; panorámica nacional. Bases de datos agroforestales.
TEMA 15. OUTROS DOCUMENTOS
Estudos e plans de seguridade e saúde. Estudos de impacto ambiental
BLOQUE III. PROGRAMACIÓN E EXECUCIÓN DE PROXECTOS
TEMA 16. PROGRAMACIÓN DE PROXECTOS I
Consideracións básicas: Planificación e Programación. Sistematización dun proxecto en actividades. Técnicas de programación. Diagramas de Gannt. Asignación de tempos e recursos.
Técnicas baseadas no uso de grafos. Antecedentes históricos. PERT-CPM. Actividade e suceso. Prelacións entre actividades. Asignación de tempos. Grafo PERT.
TEMA 17. PROGRAMACIÓN DE PROXECTOS II
Tempos "early" e "last": concepto e cálculo. Folgura dun suceso. Folgura das actividades: total, libre e independente. Camiño crítico. Calendario de execución.
TEMA 18. TRAMITACIÓN, CONTRATACIÓN E DIRECCIÓN DE PROXECTOS
Acta de replanteo. Procedementos e formas de adxudicación. Execución do contrato de obras. Certificacións. Dirección facultativa de obra.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (18 HORAS). (PRÁCTICA 2 HORAS).
PL 1: MEMORIA.
PL 2: PLANOS I.
PL 3: PLANOS II.
PL 4: PRESUPOSTO I.
PL 5: PRESUPOSTO II.
PL 6: PRESUPOSTO III.
PL 7: PROGRAMACIÓN I.
PL 8: PROGRAMACIÓN II.
PL 9: ESTUDOS DE SEGURIDADE E SAÚDE.
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS). (TITORÍA 1 HORA).
Cada grupo de titorías elaborará e expoñerá varios traballos relacionadas cos contidos da materia. Os temas dos traballos e o calendario das exposicións estarán a disposición dos estudantes dende o primeiro día de clase
Titoría 1: exposición das normas para a elaboración dos traballos e orientación para a busca de información.
Titoría 2: seguimento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barrasa Rioja, M.; Marey Pérez, M. F. 2000. Ejercicios de proyectos. Unicopia. Lugo.
Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M. 1998. Fichas para la formulación de proyectos. Unicopia. Lugo.
Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M.; González López, J. J. 2002. Ejercicios de presupuestación I. Unicopia. Lugo.
Barrasa Rioja, M.; Pereira González, J. M.; González López, J. J.; Rodríguez Barreiro, T.; Regueira Gay, R. , 2005. Ejercicios de presupuestación III. Unicopia. Lugo.
Barrasa Rioja, M. 2003. Ejercicios de programación de proyectos. Unicopia. Lugo.
Castro Fresno, D., Aja Setián, J. 2005. Organización y control de obras. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cantabria, Santander.
De Fuentes Bescos, G. 2005. El proyecto de obras en la ingeniería civil. Fundación General de la Universidad Politécnica, Madrid.
Domingo Ajenjo, A. 2005. Dirección y gestión de proyectos. Un enfoque práctico. RA-MA, Madrid.
Horine, G.M. 2005. Gestión de proyectos. Anaya multimedia, Madrid.
Mateos Perera, J. 2003. La programación en la construcción. Bellisco Ediciones, Madrid.
Morilla Abad, I. 2001. Guía metodologica y práctica para la realización de proyectos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid.
Ramírez de Arellano Agudo, A. 1998. Presupuestación de obras. SPUS. Sevilla.
Romero, C. 1.993. Técnicas de programación y control de proyectos. Pirámide. Madrid.
Pellicer Armiñana, E., Sanz Benlloch, A., Catalá, J. 1991. El proceso proyecto-construcción. Aplicación a la ingeniería civil. Editorial de la UPV, Valencia.
Trueba Jainaga, J.I., Levenfeld González, G., Marco Gutiérrez, J.L. 1991. Teoría de proyectos: morfología del proyecto. E.T.S.I.A., Madrid.
Trueba Jainaga, I., Marco Gutiérrez, J.L. 1985-1986. Proyectos agrarios y desarrollo rural. E.T.S.I.A., Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A especificar para cada tema, na guía docente da materia.
CompetenciasCompetencias específicas
Interpretación e avaliación da información contida no proxecto. Interpretación e elaboración dos documentos que constitúen o proxecto. Organización dos documentos do proxecto.
Competencias transversales
Habilidades en canto ao manexo, valoración, síntese e exposición da información. Utilización de ferramentas informáticas neste ámbito
Metodoloxía da ensinanza Materia cuatrimestral, con 18 horas de clases maxistrais distribuídas en tres horas por semana. As prácticas de laboratorio realízanse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Realízanse 9 sesións de prácticas de laboratorio (de 2 horas cada unha). Os alumnos deben de presentar o informe final de cada práctica en grupos de catro persoas establecidas polo profesor.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Sistema de evaluaciónAsistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%.
Exame obrigatorio de carácter teórico-practico da totalidade dos contidos do programa, no cal será condición necesaria obter unha cualificación superior a 4,0, tanto na parte teórica coma na práctica.
Traballos en grupos reducidos de cada unha das sesións prácticas realizadas. A cualificación final destes debe ser superior a 4,0.
A cualificación final obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 60 e 30% respectivamente.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 18 Estudo individual 30
Prácticas de laboratorio 18 Elaboración de traballos 36
Titorías obligatorias 2 Realización do examen 2
TRABALLO NA AULA 38 TRABALLO PERSOAL 68
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia. Levar a materia ao día.