G4081225 - Bioquímica (Tecnoloxía de Alimentos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer os conceptos xerais da materia, relacionándoos con outras materias impartidas no Grao de Enxeñaría das Industrias Agrarias e Alimentarias.
Comprender a importancia da estrutura das biomoléculas presentes na materia e a súa relación coa función biolóxica.
Ter unha visión global do metabolismo intermediario, da importancia das moléculas dadoras de enerxía para conseguir un bo funcionamento do organismo, así como a utilización doutras biomoléculas como perpiaños estruturais para a construción das macromoléculas constituíntes dos seres vivos. Todo isto implica un estudo da actividade enzimática
Aprender a manexarse nun laboratorio tipo, tomando contacto con técnicas habituais no campo da Bioquímica e a Bioloxía Molecular.
ContidosA REACCIÓN BIOQUÍMICA: ENZIMOLOXÍA
Unidade temática 1: Enzimoloxía
Tema 1: A reacción bioquímica: Catálise enzimática
Interaccións das proteínas. Actividade das proteínas. Elementos da actividade enzimática. Enzimas e substratos. Clasificación e nomenclatura das enzimas. Introdución ao estudo da reacción enzimática. Determinación da actividade enzimática. Especificidade das enzimas: centros activos. Mecanismos da actividade enzimática. Isoenzimas
Tema 2: Cinética das reaccións catalizadas por enzimas
Cinética das reaccións enzimáticas monosustrato. Mecanismos e ecuacións cinéticas de reaccións monosustrato. Constantes cinéticas e a súa determinación. Cinética das reaccións bisustrato e reaccións reversibles.
Tema 3: Regulación da reacción enzimática
Efectores da actividade enzimática: inhibidores e reguladores. Inhibición reversible e irreversible da actividade enzimática. Regulación da actividade enzimática: enzimas reguladores. Mecanismos alostéricos e de conversión covalente no control da actividade enzimática.
O METABOLISMO
Unidade temática 2: Introdución ao metabolismo as rutas metabólicas
Tema 4: As rutas metabólicas. Interrelación. Compartimentación e regulación das Rutas Metabólicas.
O estudo do metabolismo: as diferentes rutas metabólicas. A reacción enzimática no metabolismo. Interrelación entre as diferentes rutas metabólicas. Mecanismos xerais de regulación do metabolismo: enzimas reguladoras nas rutas metabólicas. Compartimentación das rutas.
Unidade temática 3: Sinalización celular
Tema 5: A comunicación celular: Moléculas sinal e os seus receptores.
Sinalización celular e os seus elementos. Orixe e estrutura dos sinais, os receptores e as moléculas efectoras. Formas de iniciarse a sinalización celular. Mecanismos de transdución de sinal e actividade dos efectores metabólicos. Coordinación dos distintos procesos metabólicos.
Unidade temática 4: Bioenerxética do metabolismo e oxidacións biolóxicas
Tema 6: Principios de Bioenerxética. A enerxía do metabolismo
Actividade metabólica e enerxía biolóxica. Termodinámica do metabolismo. Transdución da enerxía biolóxica. Procesos xerais de produción de enerxía metabólica en condicións aeróbicas e anaeróbicas.
Tema 7: Transporte electrónico e fosforilación oxidativa
O transporte electrónico ao osíxeno en membranas. Enerxía das reaccións do transporte electrónico. A fosforilación oxidativa: mecanismos bioquímicos. Derivados tóxicos do osíxeno nas reaccións do transporte electrónico
Unidade temática 5: Oxidacións biolóxicas
Tema 8: Oxidación do Acetil-CoA: O ciclo do ácido cítrico.
A degradación oxidativa do acetil-CoA na bioenerxética celular. O ciclo do ácido cítrico: reaccións da ruta e a súa importancia no metabolismo intermediario. Regulación do ciclo do ácido cítrico.
Unidade temática 6: Metabolismo de hidratos de carbono
Tema 9: Catabolismo de Hidratos de Carbono. Glicólise
A hidrólise de oligo/polisacáridos e a achega de monosacáridos ás células dos diferentes organismos. Dixestión dos hidratos de carbono en animais. A glicólise: balance enerxético da ruta. Destinos metabólicos do piruvato. Sistemas de lanzadeiras de electróns nas células. Incorporación doutros monosacáridos á vía glucolítica.
Tema 10: Gluconeogénesis e regulación da Glicólise/Gluconeogénensis
As reaccións irreversibles da glicólise nas células. Gluconeogénesis a partir de diferentes precursores. Regulación das rutas glucolítica e gluconeogénica.
Tema 11: A ruta das pentosas.
Reaccións da ruta e importancia metabólica. Regulación da ruta
Tema 12: Metabolismo do Glicóxeno
Síntese e degradación do glicóxeno. Regulación do metabolismo do glicóxeno
Unidade temática 7: Metabolismo de lípidos
Tema 13: Catabolismo de lípidos. Oxidación de ácidos graxos.
Hidrólise de lípidos complexos e achega de lípidos ás distintas células do organismo. A dixestión de lípidos en células animais. A beta-oxidación.
Tema 14: Biosíntese e regulación do metabolismo de ácidos graxos.
As rutas anabólicas do acetil-CoA. A biosíntese de ácidos graxos saturados e insaturados. Biosíntese de corpos cetónicos. Biosíntese de eicosanodes
Tema 15: Biosíntese de glicéridos e esfingolípidos. Terpenos e esteroides.
Rutas metabólicas para a síntese de glicéridos e esfingolípidos. Rutas metabólicas para a síntese de terpenos e esteroides
Unidade temática 8: Metabolismo de aminoácidos
Tema 16: Catabolismo de proteínas e aminoácidos
Dixestión de proteínas. Degradación intracelular de proteínas: Proteosoma. Catabolismo de aminoácidos: reaccións de transaminación e desaminación oxidativa. Eliminación do grupo amino: ciclo da urea. Outros sistemas de eliminación do grupo amino. Destinos do esqueleto carbonado.
Tema 17: Fixación do nitróxeno e anabolismo de aminoácidos
Aminoácidos esenciais e non esenciais. Ciclo do nitróxeno na natureza e incorporación do grupo amino. Procedencia do esqueleto carbonado. Anabolismo de aminoácidos: características xerais das rutas metabólicas de biosíntese.
Tema 18: Metabolismo de derivados de aminoácidos e dos nucleótidos
Os aminoácidos como precursores de moléculas de interese biolóxico. Catabolismo dos ácidos nucleicos. Biosíntese e reciclaxe de nucleótidos.
Unidade temática 9: Técnicas bioquímicas
Tema 19: Tecnoloxías do ADN
Clonación do ADN. Enzimas de restrición. Xenotecas. A PCR: trazabilidade. Aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante. Secuenciación do ADN.
Programa de clases prácticas
Práctica 1: Obtención de extracto cru de fígado de tenreira
Práctica 2: Cuantificación da actividade enzimática da fosfatasa ácida nun extracto de fígado de tenreira
Práctica 3: Técnicas electroforéticas: Separación de proteínas de soro por electroforese de acetato de celulosa
Bibliografía básica e complementariaAlberts, B., Jonson, A., Lewis, J., Raff, M., Roberts, K., Walter, P. 2002. Molecular Biology of the Cell. 4th Ed. Garland Science. New York.
Berg, J.M., Tymoczko, J.L., Stryer, L. 2013. Bioquímica. 7a Ed. Ed. Reverté. Barcelona
Garrett, R. & Grisham, C.M. Biochemistry. 2007. 3th Ed. Thomson Brooks/ Cole. Belmont.
Feduchi, E., Blasco, I., Romero, C.S., Yáñez, E. 2010. Bioquímica: Conceptos esenciales. Ed. Médica Panamericana. Madrid
Koolman, J.Röhm, K-H. 2004. Bioquímica. Texto y Atlas. 3ª Ed. Médica Panamericana. Madrid
Lodish, H., Berk, A., Zipursky, S.L., Matsudaira, P., Baltimore, D., Darnell, J. 2002. Biología celular y molecular. 4ª ed. Editorial médica Panamericana. Madrid.
Luque, J., Herrera, A. 2001. Biología Molecular e Ingeniería Genética. Harcourt. Madrid.
McKee, T. Y McKee, J.R. 2009. Bioquímica. La base molecular de la vida. 4ª Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid
Mathews, C.K., van Holde, K.E., Ahern, K.G. 2002. Bioquímica. 3ª Ed. Pearson Educación, S.A. Madrid.
Nelson, D.L. Cox, M.M. 2009. Lehninger: Principios de Bioquímica. 5ª Ed. Omega. Barcelona.
Salway, J.G. 2002. Metabolism at a glance. 2nd Ed. Blackwell Science Publication. Oxford
Voet, D., Voet, J.G., 2006. Bioquímica la base molecular de la vida. 3ª Ed.. Médica Panamericana. Madrid.
CompetenciasPreténdese que o alumno adquira coñecementos básicos que lle premitan interpretar cuestións sinxelas de Bioquímica para poder enfrontarse a cuestións e problemas onde a Bioquímica interactuar con outras ciencias da vida, conseguindo un visión máis global dos seres vivos. Con estas competencias preténdese que o alumno sexa capaz de coñecer, comprender e utilizar os principios de Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. análise dealimentos. Trazabillidad
As destrezas e habilidades a desenvolver polo alumno serán:
Manexo de bibliografía da materia mediante a recompilación de información en Bases de Datos ou na Rede.
Capacidade para interrelacionar a información da materia con outras informacións provenientes doutras materias afíns
Metodoloxía da ensinanza Os contidos teóricos desenvolveranse en clases expositivas (24 sesións) completadas coas sesións de traballo individual non presencial que realizará o/a alumno/a. Para seguir as clases expositivas poñerase a disposición dos alumnos o material dos temas tratados a través da plataforma USC-virtual. A docencia completarase con seis seminarios e 2 clases de titoría nas que se repasarán contidos clave e discutirase sobre cuestións da materia.
Os contidos prácticos desenvolveranse en tres sesións de clases presenciais de laboratorio (2 h/sesión). Cada alumno/a dispoñerá a través da plataforma USC-virtual, dun «Manual de Prácticas» no cal se describe o fundamento das técnicas que se utilizan e o desenvolvemento metodolóxico dos procesos experimentais que se leven a cabo. Cada alumno/a deberá describir detalladamente no propio Manual os resultados obtidos para a súa valoración.
Sistema de evaluaciónA avaliacion continua consta de:
Exame escrito: 60% da nota total
Asistencia a clase: 5% da nota total
Traballos e cuestións: 20% da nota total
Prácticas: 15% da nota total
Para ter en conta a avaliación continua o alumno ha de obter unha nota mínima de 4 sobre un maximo de 10, no exame escrito de teoría.
Baremo dos créditos teóricos: Ao longo do cuadrimestre realizarase unha avaliación continuada. Os alumnos teñen ademais un exámen oficial (de preguntas curtas) na convocatoria de xaneiro e outro na de xullo.
Baremo dos créditos prácticos: Os estudantes deberán realizar as prácticas da materia presentado ao final destas unha libreta de prácticas que se avaliará en función de criterios de bo funcionamento e manexo no laboratorio e dos resultados obtidos nas prácticas.
Para superar a materia será necesario ter feito as prácticas desta.
A avaliación dos alumnos repetidores farase do mesmo xeito. Unha vez avaliadas as prácticas, traballos e cuestións e a asistencia a clase, non é necesario volver realizalos
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa normativa vixente, por cada hora de clases expositivas, o alumno deberá dedicar alomenos 90 minutos de traballo individual, o que fai un total de 36 horas.
A maiores deberá empregar:
- Elaboración da memoria de prácticas: 6 horas.
- Elaboración de traballos: 12 horas
- Resolución de problemas:10 horas
- Revisión bibliográfica: 4 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase levar a materia ao día, afondando se é posible nos conceptos presentados en clase.