G4061110 - Bioloxía (Materias sen Vinculación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal, Botánica
- Áreas: Fisioloxía Vexetal, Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecemento das bases e fundamentos biolóxicos do ámbito vexetal e animal na Enxeñaría.
Capacidade de comprender o funcionamento da célula, unidade esencial noutras materias con base biolóxica.
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de biodiversidade.
ContidosPrograma teórico:
1. AS BASES MOLECULARES DA VIDA: Auga, glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos.
2. AS BASES CELULARES DA VIDA: Tipos de células. A célula e os seus límites. O medio intracelular e o sistema de endomembranas. Orgánulos citoplasmáticos. O núcleo en interfase.
3. AS BASES ENERXÉTICAS DA VIDA: Obtención e transformación da enerxía polos seres vivos. Enerxética celular: A respiración*. A fotosíntese**.
4. AS BASES XÉNETICAS DA VIDA: A información e a expresión xenética**. O ciclo celular. A reprodución celular
5.- EVOLUCIÓN E CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS. Evolución. Categorías taxonómicas. Sistemas de clasificación dos seres vivos.
6.- PRINCIPAIS GRUPOS DE ORGANISMOS: CARACTERES XERAIS E CICLOS BIOLÓXICOS. Dominios: Bacteria, Archaea e Eukarya. Reinos: Protistas, Fungos, Plantas e Animais. Características xerais e clasificación.
7.- MORFOLOXIA EXTERNA E ESTRUTURA INTERNA DAS PLANTAS DE INTERESE PARA A TITULACIÓN***. Histoloxía vexetal. Meristemos, tecidos primarios e secundarios. Organografía vexetal. Estrutura primaria: Raíz, Caule e Folla. Estrutura secundaria.
8.- BIOLOXÍA REPRODUCTIVA DAS PLANTAS DE INTERESE PARA A TITULACIÓN ***. Plantas sen semente. Reprodución. Plantas con semente: Ximnospermas. Reprodución. Anxiospermas: Flor. Polinización. Fecundación. Formación e dispersión de froitos e sementes.
Contidos 1-4 (Área de Fisioloxía Vexetal)
Contidos 5-8 (Área de Botánica)
*, Non se imparte no Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias
**, Non se imparte no Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural
***, Titulación: Grao en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural: PLANTAS DE INTERESE AGRÍCOLA; Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural: PLANTAS DE INTERESE FORESTAL; Grao en Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias: PLANTAS DE INTERESE INDUSTRIAL
Programa Práctico:
Práctica 1. - Extracción e visualización do ADN
Práctica 2. - Determinación cuantitativa de proteínas
Práctica 3. - Permeabilidade de membrana
Práctica 4. – Especialización celular
Práctica 5. – Mitose
Práctica 6. – Diversidade I : Fungos e Briófitos
Práctica 7. – Histoloxía vexetal I: Parénquima. Colénquima e Esclerénquima
Práctica 8. – Histoloxía vexetal II: Tecidos protectores. Tecidos condutores
Práctica 9. – Organografía vexetal I: Raíz
Práctica 10. – Organografía vexetal II : Caule e Folla
Práctica 11. – Diversidade II: Pteridófitos, Ximnospermas e Anxiospermas
Prácticas 1-5 (Área de Fisioloxía Vexetal)
Prácticas 6-11 (Área de Botánica)
Bibliografía básica e complementariaAlberts, B; D. Bray; K. Hopkin; A. Johnson; J. Lewis; M. Raff; K. Roberts; P. Walter. 2007.Introducción a la biología celular. 2ª edic. Editorial Medica Panamericana.
Audesirk G.; T. Audesirk. 2008. Biología. La vida en la tierra. 8ª edic. Pearson Educación.
Cortés, F. 1990. Cuadernos de Histología Vegetal. 3ª edic. Ed. Marbán.
Curtis H.; N.Sue Barnes. 2008. Biología. 7ª edic. Ed. Panamericana.
Esau, K. 1987.Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur.
Evert, R. F.;Esau, K; Eichhorn, S.E. 2008. Esau Anatomía Vegetal: meristemas, células y tejidos de las plantas: su estructura, función y desarrollo. 3ª ed. Omega.
Fahn, A. 1985. Anatomía vexetal. Ed. Pirámide
Font i Quer, P. 1982. Iniciación a la Botánica. Morfoloxía externa. Ed. Fontalba. Barcelona.
Izco , J., Barreno, E., Brugués, M., Costa, M., Devesa, J.A., Fernández, F., Gallardo, T., Llimona, X., Prada, C., Talavera, S., Valdés, B. 2004. Botánica.2ª edic. McGraw-Hill Interamericana.
Lodish, H.; A. Berk; P. Matsudaira; C.A. Kaiser; M. Krieger; M.P.Scott; S.L. Zipursky; J. Darnell. 2009. Biología Celular y Molecular. 5ª edic. Ed. Panamericana
Losos, J. B.; K. A. Mason; S. R. Singer; P. H. Raven; G. B. Johnson. 2008. Biology. 8ª edic. McGraw-Hill.
Nabors, M. W. 2006. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.
Nelson D. L.; M. M. Cox. 2008. Lehninger, Principios de Bioquímica. 4ª edic. Omega.
Paniagua R; M. Nistal; M.P. Sesma; M. Álvarez-Uría; R. Anadón; B. Fraile ;F.J. Sáez. 2007.
Biología celular. 3ª edic. McGraw-Hill.
Purves W. K., y col.. 2001. Life: The Science of Biology (Vol. I: The Cell and Heredity; Vol. II: Evolution, Diversity and Ecology; Vol. III: Plant and Animals. 6ª edic. W.H.Freeman & Company.
Raven, P. H.; R. F. Evert; S. E. Eichhorn. 1992. Biología de las plantas, 2 tomos. Reverté.
Solomon E.P., Berg L.R., y Martin D.W. 2008. Biología. 8ª edic. McGraw-Hill.
Sadava D., H. C. Heller, G. H. Orians, W.K. Purves y D. Hilles. 2009. Vida: la ciencia de la Biología. 8ª edic. Ed. Panamericana
Starr, C.;R. Taggart. 2008. Biología. La unidad y diversidad de la Vida. 11ª edic. . Thomson Editores S. A. Paraninfo.
Strasburger, E. e col. 2004. Tratado de botánica. 9ª ed. Ed. Omega.
Taiz L., Zeiger E. 2010. Plant Physiology. 4ª ed. Sinauer.
CompetenciasCoñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
Capacidade de liderado, comunicación e transmisión de coñecementos, habilidades e destrezas nos ámbitos sociais de actuación.
Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do contorno humano e natural
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas:
Impartiranse 24 horas de clases expositivas de asistencia obrigatoria. A materia dítase en clases de discusión sobre un tema lido e analizado previamente polos alumnos, de acordo a bibliografía recomendada polo docente e a programación de temas na guía docente. O docente introduce o tema e os obxectivos a lograr na clase, resólvense dúbidas, e trátanse interactivamente os puntos máis importantes segundo os guións dados previamente polo profesor. Ao finalizar cada tema, faise unha síntese sinalando os puntos máis relevantes.
Clases interactivas:
1. Seminarios
O profesor encargará a elaboración dun traballo dunha parte da materia por grupo de 3 ou 4 alumnos e fará o seguimento da súa elaboración. O grupo presentarao ao profesor por escrito e fará una presentación oral na aula. Ao finalizar a exposición abrirase un debate no que o profesor e os alumnos poderán facer preguntas aclaratorias ou comentarios de discusión aos poñentes. Esta presentación e debate realizarase nas 4 horas presenciais indicadas no horario. Como o resto das actividades programadas, os seminarios son obrigatorios.
2. Clases prácticas:
Realizaranse 20 horas de clases prácticas en once sesións de asistencia obrigatoria. O alumno experimentará con técnicas e aparellos usuais en bioloxía, resolverá cuestións e elaborará os resultados obtidos. Os alumnos deberán coñecer previamente o protocolo da práctica. O alumno redactará un informe reflexivo axustándose a un estilo técnico definido polo profesor.
3. Clases de titorías
Desenvolveranse na aula nas 3 horas fixadas polo Centro. Durante as mesmas o profesor dirixirá preguntas encamiñadas a determinar o grao de entendemento que presentan os alumnos ata ese momento. Así mesmo, os alumnos exporán preguntas, tanto ao profesor como aos seus compañeiros, para resolver as dúbidas xurdidas durante o estudo do programa.
Sistema de evaluaciónPara aprobar a asignatura é necesario superar independentemente as partes impartidas polas áreas de Botánica e de Fisioloxía Vexetal cunha cualificación mínima de cinco.
Os criterios a empregar e o peso de cada parte avaliada quedan plasmados como segue:
Docencia Expositiva: Ata o 50% Teoría: Asistencia, participación, e exame.
Docencia Interactiva: Ata o 40%
25% Prácticas: Participación activa e informes presentados.
15% Seminarios: avaliación do grupo e individual, da presentación oral e escrita.
Titorías: Ata o 10%. Cualificación subxectiva: Participación, actitude,... ao longo de todos os procesos docentes especialmente nas titorías.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais
Clases expositivas: 24 horas (inclúe controis)
Clases interactivas: 24 horas distribuídas en 20 h de prácticas de laboratorio e 4 horas de seminarios
Titorías: 3 horas
Total horas presenciais: 51 horas
Traballo persoal do alumno
Horas de estudo clases expositivas: 59 horas
Horas de traballo clases interactivas: 10 horas para elaboración dos informes de prácticas
Horas de traballo clases interactivas : 12 horas para a preparación do traballo de curso
Horas para preparación de exames: 18 horas
Total horas non presenciais: 99 horas
Total Horas de Traballo do alumno = 150 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Recoméndase que o alumno consulte cada tema previamente ás sesións independentemente do carácter das mesmas.
- Para o estudo aconséllase facer táboas ou resumos que relacionen as diferentes partes da materia
- Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación
- Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións
- Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases.
ObservaciónsPara cada Grao da Escola Politécnica Superior, a Guía Docente de Bioloxía, na que se detallan os diferentes apartados do presente programa, pode consultala o alumno na USC virtual.