G4051241 - Xeoloxía Ambiental e Xeomorfoloxía (Xeoloxía e Xeofísica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría do Terreo
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos:
Coñece-los condicionantes para a implantación no terreo de infraestruturas, construccións e edificacións proxectadas desde a enxeñaría en topografía.
Coñece-la información relevante do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e económicamente con el, así como os procesos de transformación que sufriu o relevo.
Aptitudes:
Acostumarse ó manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimenta-la súa curiosidade e interés pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos da Terra.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practica-lo razonamento correcto.
Fomenta-lo traballo en equipa.
ContidosTEMA 1: PROCESOS EÓLICOS
Distribución e causas das rexións áridas. Erosión eólica. Cubetas de deflación. Depósitos eólicos. Dunas. Loess.
TEMA 2: PROCESOS LITORAIS E MARIÑOS
Introducción ó medio litoral. Dinámica das augas mariñas litorais. Erosión costeira. Depósitos litorais. Xeomorfoloxía litoral. Representación cartográfica da liña de costa. Movementos da liña de costa. Mareas. Correntes litorais. A zona litoral. Praias. Outras formas de acumulación litoral. Costas con acantilados. Clasificación das costas. Xeomorfoloxía submarina.
TEMA 3: PROCESOS GLACIARES
Tipos de glaciares. Dinámica da erosión glaciar. Depósitos glaciares. Rasgos típicos da xeomorfoloxía glaciar.
TEMA 4: PROCESOS HÍDRICOS
O ciclo hidrolóxico. Parámetros dos ríos. Clasificación hidrolóxica das canles. Clasificacións dos ríos. Concas de drenaxe. As leis de Horton. Morfoloxía de redes fluviais. Xerarquización da conca. Traballo xeomorfolóxico dos ríos. Erosión hídrica. O transporte fluvial. Depósitos aluviais e fluviais. Terrazas fluviais. Erosión de vertentes por escorrentía superficial.
Xestión e conservación de recursos hídricos. Balance hídrico global. Usos da auga. Recursos e demandas. Regulación hídrica. Efectos da reciclaxe e aforro de auga. As zonas húmidas. Axentes e fontes de contaminación.
TEMA 5: PROCESOS HIDROXEOLÓXICOS
Tipos de acuíferos segundo o seu comportamiento hidráulico. Tipos de acuíferos segundo a súa natureza xeolóxica. Mapas hidroxeolóxicos.
TEMA 6: PROCESOS KÁRSTICOS
Disolución e precipitación en rochas carbonatadas. Macizos calcáreos. Morfoloxías kársticas. Xeomorfoloxía exokárstica. Xeomorfoloxía endokárstica. Influencia dos terreos kársticos na Enxeñaría.
TEMA 7: PROCESOS EDÁFICOS
Orixe e formación dos solos. Factores formadores do solo. O perfil do solo. Clasificación dos solos. Distribución das fases dun solo. A auga no solo. Descrición e clasificación de solos en Enxeñaría do Terreo.
Xestión e conservación de solos. Erosión dos solos. Contaminación de solos. Salinización. Cambios do uso do solo e problemas ambientais.
TEMA 8: PROCESOS GRAVITACIONAIS E DINÁMICA DE LADEIRAS
Os procesos gravitacionais. Controis e desencadenantes. Factores que inflúen na estabilidade de noiros e ladeiras. Tipos de inestabilidade: superficies e tipos de rotura. Formas das vertentes. Depósitos de pé de vertente. Evaluación, predición e control de inestabilidades.
TEMA 9: RISCOS XEOLÓXICOS
Fotoxeoloxía. Riscos xeolóxicos. Principais tipos de riscos xeolóxicos. Perigosidade, risco e vulnerabilidade. Impacto económico e social. Prevención e mitigación de riscos. Avaliación e medidas. Mapas de perigosidade e de risco.
TEMA 10: ENERXÍA E MEDIO AMBIENTE
Enerxía e Medio Ambiente. Suministro e demanda de enerxía. Os combustibles fósiles. Enerxía nuclear. Enerxías alternativas e renovables: xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, eólica, solar fotovoltaica, biomásica (refugallos urbanos, agrícolas e gandeiros). O aforro enerxético.
TEMA 11: ECOLOXÍA DA PAISAXE
Avaliación da paisaxe, uso e ordenación do territorio. Cartografía en Xeoloxía Ambiental. Unidades territoriais (ambientais) homoxéneas. Ecoloxía da Paisaxe. Análise e valoración do Medio Físico. A planificación territorial.
TEMA 12: PROBLEMÁTICA AMBIENTAL
Os grandes problemas ambientais. Cambio climático global. Atmosfera e balance de enerxía. O calentamiento atmosférico: proceso, evidencia e efectos potenciais. Destrución da capa de ozono: proceso e efectos ambientais. Efectos da chuvia ácida. A desertización.
Bibliografía básica e complementaria•Ciencias de la Tierra. Una Introducción a la Geología Física / Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K. Madrid: Ed. Pearson - Prentice Hall. 2005
•An Introduction to Geological Structures and Maps / Bennison, G.M. y Moseley, K.A. New York: Ed. Oxford University Press. 2003
•Procesos geológicos externos y geología ambiental. Anguita, F. y Moreno, F. Ed. Rueda. Madrid. 1993.
•Geomorfología de España / Gutiérrez, M. Madrid: Ed. Rueda. 1994.
•Geomorfología Climática / Gutiérrez, M. Barcelona: Ed. Omega. 2001.
•Environmental Geology. Geology and the Human Environment. BENNETT, M.R. & DOYLE, P. Ed. John Wiley & Sons. 1997
•Geología Ambiental. Servicio de Publicaciones del IGME. 1988
•Riesgos Geológicos. Servicio de Publicaciones del IGME. 1988
•El Patrimonio geológico. Bases para su valoración, protección, conservación y utilización. Serv. Publ. MOPTMA. 1996
•Guía ciudadana de los riesgos geológicos. Nuhfer, E.B.; Proctor, R.J. y Moser, P.H. Ed. L. Suárez y M. Requeiro. Col. Oficial de Geólogos. 1998
•Energías Renovables. Ordaz Oviedo, F. y Piorno Hernández, A. Ed. Amarú, 1997
CompetenciasXerais:
Comprender e analizar os problemas de implantación no terreo das infraestruturas, construccións e edificacións proxectadas desde a enxeñaría en topografía, analiza-los mesmos e proceder á súa implantación. (CG 3)
Reunir e interpretar información do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e económicamente con el. (CG 6)
Planificación, proxecto, dirección, execución e xestión de procesos e productos da aplicación á enxeñaría medio ambiental, agronómica, forestal e mineira, no ámbito xeomático. (CG 10)
Específicas:
Coñecementos de xeoloxía e morfoloxía do Terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa Enxeñaría. Climatoloxía.
Coñecemento, utilización e análise de cartografía xeolóxica.
Coñecementos básicos sobre medioambiente, riscos xeolóxicos e a influencia da actividade humana no contorno.
Transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade para o razonamento e a argumentación.
Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
Habilidade no manexo de TIC’s.
Utilización de información bibliográfica e de Internet.
Utilización de información en lingua estranxeira.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza As actividades presenciales son de tres tipos:
-clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral, na aula por parte del profesor, axudado de medios audiovisuales.
-os seminarios, prácticas de pizarra e clases interactivas, en grupos reducidos de 20 alumnos, son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal e das clases de teoría.
-as titorías en grupo, con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recopilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual.
Sistema de evaluaciónA aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha evaluación continuada, para estimular ó alumnado a segui-lo proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación baséase nos seguintes 4 apartados:
1) Asistencia obligatoria. 10%
2) Probas escritas. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima. 60%
3) Entrega e presentación dos temas preparados nos seminarios. 20%
4) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario. 10%
Tempo de estudo e traballo persoalLectura e preparación de temas: 20h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12h
Elaboración de traballos de curso: 10h
Preparación de probas de avaliación: 12,5h
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios.
Esforzarse na elaboración das monografías correspondentes a cada tema de teoría e na exposición oral das mesmas.
Consulta-la bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveita-las titorías, tanto as habituales como as programadas en grupo.