G4061442 - Camiños Rurais e Estruturas de Contención (Intensificación en Mecanización e Construcións Rurais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
- Áreas: Enxeñaría Agroforestal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquisición de coñecementos sobre elementos construtivos e materiais empregados na construción de camiños rurais e estruturas de contención; así coma a súa aplicación e deseño, dimensionado e execución deste tipo de construcións.
Contidos CLASES EXPOSITIVAS
MUROS DE CONTENCIÓN
T-1 Tipos de muros
T-2 Empuxes
T-3 Estabilidade
CAMIÑOS RURAIS
T-1 Xeotecnia
T-2 Clasificación. Tráfico.
T-3 Xeometría
T-4 Estabilización
T-5 Compactación
T-6 Máquinas Mov. terras
T-7 Explanada
T-8 Bituminosos
T-9 Firmes
CLASES INTERACTIVAS
SEMINARIOS
S-1 Problemas de muros, 1 Muro en masa
S-2 Problemas de muros, 2 Muro ménsula
S-3 Problemas de muros, 3 Muro ménsula con auga
S-4 Problemas Granulometría, Peltier e Clasificacion solos
S-5 Problemas de Estabilización de solos
S-5 Problemas de Cálculo de firmes
LABORATORIO DE INFORMÁTICA
L Inf-1 CYPE Muros
L Inf-2 CYPE Muros
Bibliografía básica e complementaria- Ayuso Muñoz, Jesús. Universidad de Córdoba (España). Servicio de Publicaciones, ed.
Estructuras de contención de tierras: diseño y cálculo. 1984.
- Calavera Ruiz, José. Instituto Técnico de Materiales y Construcción (Madrid), ed.
Muros de contención y muros de sótano. 3ª ed. 2001.
- Ministerio de Fomento. Normativa Básica de la Edificación. Acciones en la edificación. NBE-AE-88.
- DAL-RÉ TENREIRO, RAFAEL. "Caminos rurales. Proyecto y construcción" Ed. Mundiprensa. 3ª ed 2001.
- KRAEMER HEILPERNO, CARLOS. "Ingeniería de carreteras”, Vol I y Vol II Ed. McGrauHill. 2004.
- CUADRA DÍAZ, JOAQUÍN DE LA.
"Problemas resueltos de caminos rurales". Ed. Dto. de publicaciones de E.U.I.T. Agrícola UPM.
“Obras en tierra” Ed. Dto. de publicaciones de E.U.I.T. Agrícola UPM
- TIKTIN, JUAN. "Movimiento de tierras". Ed. Servicio publicaciones Colegio de ingenieros de caminos canales y puertos. 1997.
- MINISTERIO DE FOMENTO.
"Pliego de prescripciones técnicas generales para carreteras y puentes PG-3 (CD-ROM). 2004
“Norma 6.1-IC, Secciones de firme”, 2003.
“Norma 3.1-IC, Trazado”, 2003.
CompetenciasCompetencias xerais:
Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que por a súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira, a industria agroalimentaria e o paisaxismo.
Competencias específicas:
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: Mecánica de Solos. Materiais. Resistencia de materiais. Deseño e cálculo de estruturas. Construcións agrarias. Infraestruturas e vías rurais.
Competencias transversais:
Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
Capacidade de desenvolver e presentar un texto organizado e comprensible.
Capacidade de facer unha exposición pública clara, concisa e coherente.
Metodoloxía da ensinanza A metolodoxía empregada nesta materia obedece a unha serie de actividades que, polo seu carácter participativo, se adaptan ao novo sistema proposto no Espazo Europeo de Educación Superior, cun claro protagonismo do traballo autónomo do alumnado.
Concretamente, a docencia da asignatura basease en:
* Clases expositivas ou teóricas nun único grupo
* Clases interactivas ou prácticas
* Titorías en grupo
* Titorías individualizadas
* Exames dos contenidos e da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos
* Revisións voluntarias dos exercicios de exame
Sistema de evaluaciónA cualificación final dependerá do exame final, de contido teórico-práctico, segundo as convocatorias oficiais.
Avaliarase un traballo proposto nas clases interactivas.
Tempo de estudo e traballo persoalCo sistema de créditos ECTS, ademais da asistencia ás clases expositivas (18 horas ao longo do semestre), ás clases de seminarios interactivos (18 horas ao longo do semestre), ás titorías en grupo (2 horas en todo o semestre), e as titorías individuais (as veces que se desexe ao longo do curso), o alumnado deberá adicarlle ao “asentamento” dos conceptos teóricos e dos procedementos (co explicado nas clases expositivas e co apoio da bibliografía recomendada).
Desta maneira, as horas adicadas á materia axustarían, máis ou menos, ao previsto:
4,5 créditos ECTS x 25 horas/crédito = 112,5 horas de adicación.
Recomendacións para o estudo da materiaNesta materia non se trata tanto de memorizar coma de comprender ben os conceptos e sabelos aplicar á realidade, polo que resulta básico traballar casos prácticos, o que axuda a clarificar conceptos e permite familiarizarse co xeito de traballo e os procesos de cálculo e comprobación dos elementos estruturais que se pretenden ensinar. Ademais dos apuntes de clase, o manexo e consulta da bibliografía recomendada resulta un labor de moita axuda para acadar este obxectivo.
É necesario repasar os conceptos básicos de resistencia de materiais e cálculo de estruturas. Ademais, aconséllase realizar un traballo continuo, xa que conforme se vai avanzando o temario, vanse introducindo conceptos de tal xeito que nos temas finais aplícanse todos á vez: os de resistencia de materiais, os de cálculo de estruturas e os propios de construción agroindustrial. Por tanto, considérase que se coñece correctamente a materia cando se é capaz de aplicar todos os conceptos das tres disciplinas antes citadas con seguridade e tendo as ideas claras.
É importante a asistencia ás clases expositivas porque sentan as bases para o aproveitamento das clases interactivas.
A asistencia ás clases interactivas é, por tanto, indispensable para fortalecer a aprendizaxe do alumnado. Nelas vaise desenvolver o aprendido e vai ser conscente do nivel que vai adquirindo e das súas limitacións, sempre coa axuda e o apoio do profesor.
Co complemento das titorías, en grupo e individuais, permitiralle afrontar as diversas dificultades que se lle poidan presentar.
ObservaciónsSin observacións.