G4061444 - Xardinería e Paisaxismo II (Intensificación en Hotofruticultura e Xardinaría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreparar os alumnos para que poidan desempeñar a actividade profesional no sector da xardinería e o paisaxismo, en particular na produción, uso e mantemento do material vexetal.
Contidos1. Xestión integral do arborado urbano. Valoración ornamental do arborado
2. Principios e métodos para a avaliación de arborado perigoso. Estratexias para a prevención de danos.
3. Plans de xestión e mantemento de áreas verdes.
4. Produción de planta leñosa ornamental. Planificación e organización da produción. Produción de viveiro. Técnicas específicas de de produción de planta leñosa ornamental
Bibliografía básica e complementariaAEPJP. 2006. Norma Granada. Método Para valoración de árboles y arbustos ornamentales. (3ª edición corregida 2007).
Davidson, H.; Mecklenburg, R. ; Peterson, C. 2000. Nursery management. Administration and culture. Prentice Hall. Upper Saddle River, New Jersey. USA.
Drénou, C. 2000. La poda de los árboles ornamentales. Ed. Mundi-Prensa. Madrid
Hartman, H. T.; Kester, D. E. 2002. Plant propagation: Principles and Practices. Ed. Upper Saddle River Prentice-Hall
Lonsdale, D. 1999. Principles of tree hazard assessment and management. London. Stationery Office, (reimp. 2001).
Mattheck, C.; Breloer, H. 2003. The Body language of trees - a handbook for failure analysis. London, The Stationery Office.
Michau, E. 1996. La poda de los árboles ornamentales. Ed. Mundi Prensa. Madrid.
Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo.1993-2004. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas y Peritos Agrícolas de Cataluña.
Ros Orta, S. 1996. La Empresa de Jardinería y Paisajismo. Conservación de espacios verdes. Ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Shigo, A. L. 1991. Modern Arboriculture: a systems approach to the care of trees and their associates. Shigo and Trees Associates, Durham, NH.
CompetenciasDeberá capacitarse ó alumno para:
1. Elaborar plans de mantemento de areas verdes.
2. Elaborar plans de xestión do arborado urbano. Elaborar inventarios. Redactar informes de valoración ornamental do arborado.
3. Aplicar a metodoloxía empregada para a avaliación de perigo no arborado urbano. Redactar informes de perigo do arborado.
4. Determinar e aplicar as medidas preventivas e correctivas necesarias no arborado perigoso para a prevención de danos.
5. Utilizar e interpretar as ferramentas dispoñibles para a detección de arborado perigoso.
6. Determinar as necesidades de mantemento e uso das plantas ornamentais en xardinería e paisaxismo.
7. Planificar e organizar viveiros de planta ornamental. Coñecer e utilizar a tecnoloxía para a produción de planta ornamental para uso en xardinería e paisaxismo.
Metodoloxía da ensinanza A materia é semestral. A parte teórica impártese en clases maxistrais, durante o primeiro semestre do curso, onde se explican os contidos básicos. A materia se complementa a través da USC virtual. As prácticas realizadas durante o curso, e de carácter obrigatorio, axudan ó alumno a entender a teoría explicada. Os traballos prácticos que deben realizar durante o curso axúdanlles ó aprendizaxe da materia. Realízanse prácticas de campo, proponse un viaxe de prácticas para coñecer in situ o funcionamento dun viveiro de plantas ornamentais, e a variedade de planta ornamental dispoñible.
A materia impártese a través da USC virtual.
Sistema de evaluaciónOs alumnos serán avaliados mediante un único exame ao final do primeiro semestre e/ou exposición oral dun traballo realizado durante o semestre para superar a materia. As prácticas son obrigatorias. Os alumnos deberán entregar un informe que incluirá o traballo práctico realizado e os resultados obtidos. Os alumnos deberán realizar os traballos prácticos que se fixen durante o curso.
Os aspectos que se terán en conta na avaliación do alumno e o peso que terán na nota final serán os seguintes: a asistencia e participación na clase contará un 15% (terase en conta a participación activa); os contidos da materia mediante exame tradicional contarán un 30% e outro 30 % pola presentación e defensa do traballo individual. Os informes de prácticas e traballo en grupo contará un 25%. Poderán estar exentos do exame tradicional aqueles alumnos que teñan unha asistencia a clase como mínimo dun 80%, neste caso a nota máxima será de 7.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e o número total de horas computables son 112,5 das cales 38 son presenciais e 74,5 traballo persoal do alumno.
Distribución da docencia presencial:
24h clases expositivas
12h de docencia interactiva
2 horas de titorías individuais
Traballo persoal do alumno:
Estímase unha dedicación mínima de 1 hora e media de tempo de estudo por hora de clase presencial. Estímase unhas 20 horas de traballo individual ou en grupo do alumno para a preparación previa das prácticas e traballo posterior, e unhas 27,5 horas para a elaboración de traballos de curso individuais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara o exame teórico, é importante a revisión de toda a materia xa que as probas abordan todos os conceptos tratados durante o semestre. Para fixar conceptos é moi importante o repaso e comprensión dos esquemas gráficos explicados e que poden ser utilizados nas probas de avaliación para explorar os coñecementos do alumno.
Na realización do traballo individual e a exposición oral a toda a clase son moi importantes os seguintes puntos:
1. Unha estrutura do traballo clara
2. Comprender todos os conceptos que se explican para poder transmitilos con claridade e contestar as preguntas dos compañeiros e o profesor.
4. O aporte de material gráfico e fotografías é moi importante nesta materia e pode facilitar a exposición e a compresión do traballo por parte dos compañeiros.
5. Indicar claramente toda as fontes bibliográficas consultadas para a realización do traballo.