Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4061445 - Praticultura e Cultivos Forraxeiros (Intensificación en Explotacións Agropecuarias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Produción Vexetal
  • Áreas: Produción Vexetal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ HERNANDEZ, MARIA DEL PILAR.NON
GONZALEZ HERNANDEZ, MARIA DEL PILAR.NON
Mosquera Losada, María Rosa.SI
Mosquera Losada, María Rosa.SI
RIGUEIRO RODRIGUEZ, ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Estudar a grandes trazos todos os conceptos relacionados cos cultivos que en réxime extensivo forraxeiro se cultivan, dando prioridade aos que máis importancia teñen en Galicia. todos estes cultivos estúdanse con vista, tanto á produción gran-penso ou como forraxe.
    - Especial mención merece a parte de pratenses e forraxeiras. É motivo máis que xustificado dedicar e resaltar a importancia da Praticultura. É un dos obxectivos dedicar un tanto por cento elevado do curso a temas relacionados con esta parte do programa: Praticultura: temas pascícolas e forraxeiros.


    Contidos
    Para facer dunha forma fácil a comprensión por parte do alumno, divídese o programa en 24 temas:
    - Conceptos xerais dos cultivos extensivos forraxeiros máis importantes de Galicia.
    - As alternativas e asociacións de cultivos forraxeiros, mesturas e fórmulas pratenses e forraxeiras, tanto para sega como para pastoreo.
    - Conceptos xerais dos cultivos forraxeiros:
    - Especial dedicación ten o apartado de cultivo de pratenses. Estudo da flora das pradarías. A súa análise. Explotación e mantemento das pradarías: naturais e implantadas. O seu establecemento.- Transformación de monte a pradaría. Fertilización e manexo das pradarías, tanto para sega como para pastoreo.- Degradación das pradarías.- Conservación das forraxes: o ensilado e fenificado. Procesos fermentativos e parte mecánica.
    - O Cultivo H. Extensivo Forraxeiro.- O poder nutritivo da forraxe desde o punto de vista de momento óptimo de aproveitamento, desde o ángulo de produción vexetal.- As distintas Asociacións e Alternativas forraxeiras.- Estudo de todas as familias de interese forraxeiro, en especial os Cereais e Leguminosas para ser recollidos en estado inmaturo.- O Cultivo do Millo como produción forraxeira.
    - Sistemas de pastoreo. Pastos arbustivos e pastos herbáceos
    - Sistemas agroforestais



    Bibliografía básica e complementaria
    - Guerrero, A.1999. "Cultivos herbáceos extensivos" E. Mundi-Prensa,Madrid.
    - Lopez Bellido,L.1991."Cultivos herbáceos" Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
    - Muslera Pardo, E e Ratera García, C 1991. "Praderas y forrajes: producción y aprovechamiento". Ed. Muni-Prensa, Madrid.
    - Urbano,P.1992. "Tratado de Fitotecnia general". Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
    - Urbano,P e Moro,R. 1992. "Sistemas agrícolas con alternativas y rotaciones de cultivos" Ed. Mundi-Prensa.Madrid.

    COMPLEMENTARIA
    - Guerrero, A.1999. "Cultivos herbáceos extensivos" E. Mundi-Prensa,Madrid.
    - Evans, L.T.1983."Fisiología de cultivos" editorial Hemisferio Sur, Buenos Aires.
    - Forbes,J.C e Watson,R.D. 1992. "Plants in Agriculture" Cambridge University Press, Cambridge.
    - Llanos, M.1998. "el Maízz. Su cultivo y aprovechamiento" Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
    - Navarra Agraria 1998, Monográfico sobre cereales de invierno.Navarra
    - Royo,C.1992, "Los cultivos ,bases y aprovechamient" Ed. Mundi´presa, Madrid.
    - López Bellido,L. "Los cultivos forrajeros". Ministerio Agricultura. Cordoba.
    - Mateo Box. J.M.1960. "Leguminosas" .Salvat Editores,Barcelona
    - Jaime Zea e D.Díaz:1998 "Pastoreo", Ed. Mundi´Presa, Madrid
    - Jaime Zea e Dolores Díaz 1997 "Producción Carne en base a pastos y
    forrajes" Ed. Mundi-Prensa, Madrid
    - C. Arias Alonso "El Pastoreo"1970. Ed. Mundi-Prensa, Madrid
    - M. Llanos Company."Producción carne en base a pastos y forrajes" Ed.M.P.
    - Jean Duthil 1970 "Producción de forrajes" Ed. M.P, Madrid
    - Roberto Bartolini, 1990. "El Maíz" Agroguía.Ed.M.P, Madrid
    - Vicente Cañete e J.L.Sancha ,1998."Ensilado de Forrajes" Ed M.P,Madrid.



    Competencias
    Comprender e aplicar os fundamentos dos cultivos forraxeiros para conseguir un manexo eficiente nas Explotacións
    Metodoloxía da ensinanza
    - Unha primeira parte da ensinanza será teórica con clases maxistrais a través de presentacións en powerpoint.
    - Existe unha segunda parte práctica:
    * identficación de especies pratenses
    * Visita de prácticas a ensaios con gando ovino (Boimorto)
    * Práctica de fertilización
    * Visita a CIAM de Mabegondo, explotacións, etc.
    * Elaboración dun traballo voluntario

    Sistema de evaluación
    - Tres exames parciais optativos, que non exclúen presentarse ao exame final de maio ou xuño. Consituirán o 80% da nota
    - As prácticas serán requisito imprescindible para poder aprobar o exame final.
    - Os Alumnos entregarán un caderno, resumo das prácticas realizadas. Esta nota complementará ou mellorará a nota do exame final. (Esta sempre superior a Aprobado). Estes dous últimos apartados constituirán o 20% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os sinalados nos créditos ECTS da materia
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia á clase:
    - Realización das Prácticas (requisito imprescindible para aprobar a materia).
    - Tratar de entender os conceptos da materia desenvolvidos.
    - Levar a materia ao día, tratando de resolver as dúbidas a medida que van xurdindo, ben na clase ou en titorías.
    - Consultar a bibliografía recomendada.
    - Integrar os conceptos doutras e con outras materias e a súa relación co tema agrario.