Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Politécnica Superior  »  Información da Materia

G4081230 - Electrotecnia (Enxeñaría Rural) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 38.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
  • Áreas: Enxeñaría Agroforestal
  • Centro: Escola Politécnica Superior
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rodríguez Rodríguez, Manuel Ramiro.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

    1. Coñecemento e comprensión dos fundamentos básicos da electrotecnia e relación coas aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
    2. Coñecemento e comprensión das funcións dos elementos básicos dos circuítos eléctricos e a interacción entre eles.
    3. Coñecemento e comprensión de circuítos de corrente alterna, monofásicos e trifásicos (equilibrados e desequilibrados).
    4. Instalar aparamenta de medida de diversas magnitudes eléctricas e interpretación de resultados obtidos en función das montaxes realizadas.
    5. Proxectar e dirixir a instalación de liñas de transporte e redes de distribución de enerxía eléctrica, dende un punto de vista eléctrico, tendo en conta a seguridade do subministro e a normativa vixente.
    6. Seleccionar e instalar os aparatos de protección e seguridade recomendables e necesarios segundo a normativa vixente nunha instalación eléctrica e comprensión da súa función.
    7. Seleccionar e instalar receptores para forza axeitados e óptimos económica e enerxeticamente no ámbito das súas competencias.
    8. Búsqueda autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.

    OBXECTIVOS ACTITUDINAIS

    1. Sensibilizar ao alumno na importancia dos riscos das instalacións eléctricas, que son evitados con instalacións correctamente deseñadas e de acordo coa normativa vixente.
    2. Sensibilizar ao alumno en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.

    Contidos
    CONTIDOS TEÓRICOS

    Tema 1. Correntes alternas
    1.1. Concepto xeral das formas de onda
    1.2. Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz
    1.3. Representación complexa dunha magnitude senoidal
    1.4. Expresión simbólica da Lei de Ohm

    Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo
    2.1. Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples
    2.2. Circuíto resistivo puro
    2.3. Circuíto capacitivo puro
    2.4. Circuíto indutivo puro
    2.5. Impedancia e admitancia complexa
    2.6. Análise de circuítos en serie e en paralelo
    2.7. Resonancia en corrente alterna

    Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal
    3.1. Potencia e enerxía
    3.2. Potencia e enerxía nos elementos pasivos básicos
    3.3. Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo
    3.4. Potencias aparente e reactiva
    3.5. Potencia complexa. Teorema de Boucherot
    3.6. Factor de potencia (f.d.p.)
    3.7. Corrección do factor de potencia
    3.8. Transferencia máxima de potencia

    Tema 4. Sistemas polifásicos
    4.1. Definicións
    4.2. Sistemas polifásicos empregados na práctica
    4.3. Xeración de tensións trifásicas
    4.4. Conexión de fontes en estrela equilibrada
    4.5. Conexión de cargas en estrela equilibrada
    4.6. Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro
    4.7. Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos
    4.8. Conexión de cargas en triángulo
    4.9. Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados

    Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos
    5.1. Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela
    5.2. Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo
    5.3. Corrección do factor de potencia
    5.4. Medida da potencia en sistemas trifásicos equilibrados
    5.5. Medida da potencia activa en sistemas equilibrados cun vatímetro
    5.6. Medida da potencia reactiva en sistemas trifásicos equilibrados
    5.7. Medida da potencia activa e reactiva polo método dos dous vatímetros en sistemas trifásicos de 3 fíos. Método de Aron

    Tema 6. Cálculo de liñas eléctricas
    6.1. Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas
    6.2. Caída de tensión e diferenza de tensión
    6.3. Intensidade máxima admisible por unha liña
    6.4. Redes de distribución abertas non ramificadas
    6.5. Redes de distribución abertas ramificadas
    6.6. Redes de distribución cerradas
    6.7. Especificacións regulamentarias. Instalación de enlace

    CONTIDOS PRÁCTICOS

    Os contidos prácticos estrutúranse en tres prácticas de 2 horas de duración:
    1. Simboloxía, esquemas básicos e arranque directo dun motor asíncrono trifásico.
    2. Arranque estrela-triángulo e inversión de xiro dun motor asíncrono trifásico.
    3. Elaboración dun esquema unifilar e emprego de programas informáticos na súa elaboración.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    • Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid (555 páx.).
    • Fernández Rodríguez, Mª D., González García, M.A. e Rodríguez Rodríguez, M.R. (2004): Fundamentos de Electrotecnia. Unicopia, S.L. Lugo. (135 pax.)

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    • Luna Sánchez, Luis et al. Instalaciones eléctricas de baja tension en el sector agrario y agroalimentario. Editorial Mundi-Prensa. Madrid, 2008
    • Bayod Rújula, A.A. e Sanz Badía, M. (1997): Circuitos Monofásicos y Trifásicos en Régimen Estacionario Senoidal. Ed. Prensas Universitarias de Zaragoza. Zaragoza. (498 pax.).
    • Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión.Thomson Editores Spain. Madrid (301 pax.).
    • Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias. Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (Boletín Oficial do Estado de 18 de setembro de 2002. Núm. 224)

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS DA MATERIA

    • Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de suministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu contorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e o seu contorno coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
    • Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornos cambiantes.
    Competencias específicas da materia:
    • Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
    • Toma de decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares.
    • Transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS

    • Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
    • Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
    • Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
    • Utilización de información bibliográfica e de Internet.
    • Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS

    Empregará o modelo de lección maxistral, onde se incidirá nos aspectos más importantes de cada tema. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudiar cada tema, el estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
    1. Diapositivas das clases teóricas
    2. Desenvolvemento do temario teórico
    3. Cuestionarios de autoavaliación
    4. Outra información de interese
    Promoverase a lectura previa á exposición dos temas, preparación e estudo dos mesmos e posterior realización dos cuestionarios de autoavaliación. Requerirase a participación dos alumnos para aclarar dúbidas durante as clases.

    CLASES INTERACTIVAS

    Fomentarase a participación e traballo do alumno a través da aplicación práctica dos conceptos aprendidos a exercicios e problemas. Empregaranse pizarra e canón de vídeo. Para estudiar cada tema, el estudante disporá do seguinte material ubicado na Aula Virtual da asignatura:
    1. Boletíns de exercicios resoltos
    2. Boletíns de exercicios propostos
    3. Outra información de interese
    Preténdese que interactúen profesor e estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.

    PRÁCTICAS

    Realizaranse 3 prácticas de 2 horas de duración. Dúas realizaranse no laboratorio de electrotecnia e outra en aula de informática. Para o desenvolvemento das mesmas os alumn@s disporán de guións de prácticas a través da aula virtual. As prácticas realizaranse en grupo seguindo as instruccións dos guións de prácticas e as indicacións da profesora. Será necesario a entrega das cuestións planteadas nos guións de prácticas.

    TITORÍAS EN GRUPO

    Realizaranse dúas titorías en grupo en sesións dunha hora para o seguimento do traballo realizado polos alumn@s e a resolución de dúbidas que podan plantearse.

    TITORÍAS INDIVIDUAIS

    Os alumn@s poden acudir a titorías individuais a demanda no horario da profesora para calquera cuestión relacionada coa asignatura.

    ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN

    As actividades de avaliación contemplan:
    1. Exame final
    2. Exames parciais
    3. Traballos e outras actividades desenvolvidas durante o curso
    4. Memoria de prácticas
    Sistema de evaluación
    Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización de 2 exames parciais a realizar ao longo do curso, un exame final, traballos ou resolución de problemas de forma individual e/ou por grupo e a memoria de prácticas, que terán o seguinte peso sobor do conxunto da materia.
    Exames: 70%
    Traballos e outras actividades desenvolvidas: 15%
    Memoria de prácticas: 15%
    A porcentaxe adicada a exames (70%) pódese obter na súa totalidade no exame final. Este exame estará composto por tres partes: c.a. monofásica (30%), c.a. trifásica (40%) e liñas (30%). Os dous exames parciais a realizar ao longo do curso adicaranse ás partes de c.a. monofásica e c.a. trifásica e permitirán aos estudantes eliminar esa materia de cara ao exame do primeiro período de avaliación, sempre que a nota obtida neles sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación, o cal implica que non se poderán entregar para o segundo período de avaliación. Os estudantes que xa cursaran a asignatura e que entregaran a memoria de prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando a nota do curso anterior. Para superar a asignatura é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
    • obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 como nota ponderada coas porcentaxes asignadas anteriormente do conxunto dos exames realizados e
    • a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e memoria de prácticas sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
    En caso de que o estudante non superara a asignatura no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación examinándose do total da asignatura, xa que neste non se conservarán as notas dos exames parciais realizados durante o curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula Horas Traballo persoal do alumnado Horas

    Clases expositivas 24,0 Lectura e preparación de temas 39,5 Clases interactivas 6,0 Realización de exercicios 14,0
    Prácticas 6,0 Preparación da memoria 1,5
    Titorías en grupo 2,0 Elaboración de traballos de curso 5,5 Actividades de avaliación 4,0 Preparación de probas avaliación 10,0
    TOTAL 42,0 70,5

    HORAS TOTAIS 112,5
    Recomendacións para o estudo da materia
    É necesario que os estudantes teñan cursado e superada a materia de Física. Asimesmo, recoméndase o dominio do cálculo vectorial, diferencial e integral e as operacións con números complexos. Para o estudo da asignatura é moi importante o estudo continuado da mesma o cal conleva:
    1. Prelectura dos temas teóricos antes da súa explicación en clase.
    2. Atención nas clases teóricas e resolución das dúbidas que xurdan.
    3. Estudo dos temas teóricos y resolución dos cuestionarios.
    4. Aplicación dos conceptos adquiridos a exercicios e problemas con seguimento da profesora.
    5. Resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
    6. Realización e comprensión das prácticas.
    7. Resolución de dúbidas en canto xurdan.

    Observacións
    As titorías serán os luns e os martes de 10:00 a 13:00 h no despacho número 13 do pabillón 2, planta 2ª superior.
    Os estudantes matriculados na asignatura contarán con atención continuada a través do Campus Virtual. O correo electrónico do profesor é: manuelramiro.rodriguez@usc.es.
    O idioma empregado será será o galego
    A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran a “normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas” da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web (ww.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).