G4081231 - Botánica e Fisioloxía Vexetal (Bases de Produción Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal, Botánica
- Áreas: Fisioloxía Vexetal, Botánica
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaBOTÁNICA
a)Dar a coñecer ao alumno os principias grupos de plantas, as súas características morfolóxicas e reproductivas e a súa posición evolutiva e sistemática.
b)Lograr que o alumno comprenda a importancia e función das plantas tanto nos agrosistemas como nos ecosistemas.
c)Fomentar o interese e a familiaridade coas plantas incidindo na súa utilidade de cara a agronomía e nas industrias agroalimentarias.
FISIOLOXÍA VEXETAL
a)Darlle a coñecer ao alumno os procesos básicos do funcionamento vexetal, centrándose no metabolismo do carbono como base do crecemento primario da planta, a súa regulación e mais a súa integración espacial e temporal.
b)Relacionar os coñecementos atopados cos recibidos anteriormente noutras materias.
c)Transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
d)Familiarizar o alumno co Método Científico, de xeito que poida resolver problemas novos, manexar a grande cantidade de información á que hoxe ten acceso e facer a análise en profundidade dos distintos feitos fisiolóxicos.
ContidosContidos
Docencia expositiva
Contidos Botánicos:
•A Botánica como ciencia base da Enxeñería das Industrias Agroalimentarias.
•Plantas sen semente e plantas con semente núa (Ximnospermas). Variabilidade morfolóxica e principais grupos de interese.
•Plantas con semente protexida. Anxiospermas I. Caracteres xerais, variabilidade morfolóxica e clasificación.
•Plantas con semente protexida. Anxiospermas II. Características e descrición dos principais grupos. Anxiospermas de interese agronómico.
•Outros grupos botánicos de interese na industria agroalimentaria. Aproveitamento de algas e fungos.
Contidos Fisiolóxicos:
•Fisioloxía Vexetal: ciencia base da produción vexetal.
•Relacións hídricas e nutricionais.
•Transporte nas plantas.
•Regulación da fotosíntese.
•Fisioloxía do desenvolvemento das plantas.
•Crecemento e desenvolvemento: regulación endóxena do desenvolvemento.
•Herbicidas.
•Introdución á biotecnoloxía vexetal.
•Fisioloxía das plantas en condicións adversas.
•Fitorremediación.
Docencia interactiva
Prácticas:
Botánica
•Práctica 1. Variabilidade morfolóxica das plantas I. Variabilidade vexetativa. Estudo básico da morfoloxía floral.
•Práctica 2. Variabilidade morfolóxica das plantas I. Variabilidade reprodutiva en familias de interese agronómico.
•Práctica 3. Estudo da familia Asteraceae e outras dicotiledóneas de interese agronómico.
•Práctica 4. Estudo da familia Poaceae e outras monocotiledóneas de interese agronómico.
Fisioloxía Vexetal
•Práctica 1: Cálculo do potencial hídrico dun tecido vexetal.
•Práctica 2: Medida da transpiración.
•Práctica 3: Efecto do exceso do sal no desenrolo das plántulas.
•Práctica 4: Formulación de herbicidas.
Seminarios:
A docencia interactiva completaráse con dous tipos de seminarios.
Os alumnos deberán realizar un traballo en grupo sobre temas de interese agronómico para cada parte da materia (un para Botánica e outro para Fisioloxía Vexetal). Estes traballos serán expostos en catro sesións de 1,5 horas.
Nos restantes seminarios, o profesor introducirá brevemente un aspecto de interese para a materia, establecendo un debate cos alumnos sobre o mesmo. Estes seminarios tamén serán realizados en catro sesións de 1,5 horas.
Bibliografía básica e complementariaBOTÁNICA
Básica e complementaria
FONT QUER, P. 1985. Diccionario de Botánica. Ed. Labor, Barcelona.
HEYWOOD, V. H. 1985. Las plantas con flores. Ed. Reverté, Barcelona.
IZCO, J. et al. 2004. Botánica. Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
LÜTTGE, U. et al. 1993. Botánica. Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
NABORS, M.W. 2005. Introducción a la Botánica. Ed Pearson.
RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. 2002. Galicia. Natureza. Botánica I-III. Hércules Ediciones, A Coruña.
SCAGEL, R.F. et al. 1987. El Reino Vegetal. Ed. Omega, Barcelona.
STRASBURGER, E. et al. 2004. Tratado de Botánica, 35ª ed. Ed. Omega, Barcelona.
Claves e guías de campo
AIZPURU, C. et al. 1999. Flora del País Vasco y territorios limítrofres. Serv. Central de Publicaciones del Gobierno Vasco, Vitoria-Gasteiz.
BONNIER, G. e DE LAYENS, G. 1988. Claves para la determinación de plantas vasculares. Ed. Omega, Barcelona.
CASTROVIEJO, S. et al. (eds.). 1986. Flora Ibérica. C.S.I.C., Madrid.
CEBALLOS, L. e RUIZ DE LA TORRE, J. 1979. Árboles y arbustos de la España peninsular. Ed. I.F.I.E., Madrid.
GARCIA. X.R. 2007. Guía das plantas de Galicia, Ed. Xerais.
GARCÍA ROLLÁN, M. 1984. Claves de la flora española, I-II. Ed. Mundi Prensa, Madrid
SALVO, E. 1990. Guía de Helechos de la Península Ibérica y Baleares. Ed. Pirámide, Madrid.
SILVA-PANDO, F. J. e RIGUEIRO, A. 1990. Guía das árbores e bosques de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo.
TUTIN, T. G.; HEYWOOD, V. H.; BURGES, N. A.; VALENTINE, D. H.; WALTERS, S. M. e WEBB, D. A. (eds.). 1964-1980. Flora Europaea, I-V. Ed. University Press, Cambridge.
FISIOLOXÍA VEXETAL
Básica
AZCÓN-BIETO, J. e TALÓN, M. 2008. (2ª ed.). Fundamentos de Fisiología Vegetal. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
HOPKINS, W.G. 2009. (4ª ed.). Introduction to Plant Physiology. John Wiley and Sons, Inc (USA).
MAUSETH, J.D. 2009 (4ª ed.). Botany. An Introduction to Plant Biology. Jones and Bartlett Publishers.
TAIZ, L. e ZEIGER, E. 2006 (3ª ed.). Fisiología vegetal. Volumen 1 y 2. Publicaciones de la Universitat Jaime I.
TAIZ, L. e ZEIGER, E. 2010. (5ª ed.). Plant physiology. Sinauer Associates Inc., Sunderland.
Complementaria
BARCELO-COLL, J.; NICOLÁS-RODRIGO, G.; SABATER-GARCÍA, B. e SÁNCHEZ-TAMÉS, R. 2001. Fisiología Vegetal. Editorial Pirámide, Madrid.
BUCHANAN, R.B.; GRUISSEM, W. e JONES, R.L. 2000. Biochemistry and molecular biology of plants. American Society of Plant Physiologists, Waldorf.
DEVERE BURTON, L. 2000. Agrociencia y tecnología, Paraninfo, Madrid.
GARCÍA, F.J.; ROSELLO, J. e SANTAMARÍA, M.P. 2001. Iniciación a la Fisiología de las Plantas, Editorial Foro Europa.
PARKER, R. 2000. La ciencia de las plantas, Paraninfo, Madrid.
RIDGE, I. 2002. Plants, Oxford University Press, Oxford (UK).
SALISBURY, F.B. e ROSS, C.W. 2000. Fisiología
CompetenciasBotánica
Preténdese que o alumno adquira a capacidade suficiente para comprender e utilizar os principios para a identificación e a caracterización das especies vexetais, coñecer os principais grupos de importancia na industria agroalimentaria, así como usar correctamente as terminoloxías botánicas axeitadas.
Fisioloxía Vexetal
-Co traballo teórico preténdese que os alumnos adquiran un coñecemento máis amplo do funcionamento do contínuum solo-planta-atmósfera como un todo enfocado á captación de enerxía e transformación desta en produtos útiles.
-O traballo práctico vai dirixido a promover a capacidade de organización e planificación, a adquisición de manexo de distintas técnicas no laboratorio.
Metodoloxía da ensinanza A materia impartirase, en parte, pola modalidade de clases maxistrais. Nelas, os profesores exporán os contidos da materia coa axuda de medios audiovisuais. Na USC virtual deixaranse copias dos contidos expostos e das lecturas recomendadas.
Nas clases prácticas levaranse a cabo unha serie de seguimentos e experimentos ou observacións dos cales haberá que presentar un informe das actividades realizadas e dos resultados obtidos.
Sistema de evaluaciónPara aprobar a materia e preciso superara a parte de teoría, que se evaluará en dous examenes parciais, o en un examen final; tamén se evaluarán os seminarios e as prácticas. Na nota final da asignatura teráse en conta a calificación da teoría, das prácticas e dos seminarios, así como a asistencia e a participación nas distintas clases.
As notas obtidas nos seminarios e nas prácticas, xunto coa asistencia, podrán incrementar a nota dos exámenes nun 20% respectivamente. Nos seminarios valorarase as respostas as preguntas plantexadas e a preparación, exposición e defensa do traballo. Nas prácticas evaluaráse a destreza e habilidade mostrada e o informe de cada práctica que o alumno deberá entregar o profesor.
Os alumnos que non realizasen as prácticas nin entregado seus informes ou que no hayan participado nos traballos dos seminarios, deberán de responder en un exame final as preguntas relacionadas con ambas partes. Nesta proba final o alumno examinaráse unicamente daquelas prácticas as que non asistira.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Clases expositivas (teoría): 24h
- Clases interactivas: (prácticas) 12h
- Clases interactivas (seminarios): 6h+6h=12
- Titorías: 3h
- Actividades de avaliación: 6h
Total = 56 horas
Horas non presenciais:
- Lectura e preparación de temas: 55h
- Realización de exercicios: 5h
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior: 22h
- Elaboración de traballos de curso: 12h
Total = 94 h
Horas totais de traballo do alumno: 150
Recomendacións para o estudo da materia•Repasar os coñecementos básicos adquiridos en Bioloxía, especialmente os relacionados con Bioquímica, Anatomía Vexetal e bioloxía das plantas
•Asistir regularmente as clases expositivas e interactivas axudará a un mellor entendemento e seguimento dos contidos.
•Seguir as pautas recomendadas polo profesor a hora de levar a cabo as diferentes actividades formativas.
•Revisar a aula virtual da materia.
•Usar as titorías co fin de orientar no contido e aprendizaxe da materia.
•Realizar as actividades propostas.