G4061447 - Fruticultura II (Intensificación en Hotofruticultura e Xardinaría) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Escola Politécnica Superior
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaObxectivos da materia
Inicial.- Situar ao alumnado na materia de FROITEIROS DE PEBIDA, DE ÓSO E DE FROITOS SECOS que vai estudar.
1.- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal a ESTAS ESPECIES FROITEIRAS.
2.- Ser capaz de analizar, prever e interpretar os posibles efectos das características do medio (medio produtivo e ecolóxico) sobre os diversos grupos destes froiteiros.
3.- Coñecer os factores ecolóxicos condicionantes e limitantes para as especies froiteiras.
4.- Aplicar os coñecementos xerais de defensa fitosanitaria.
5.- Aplicar os coñecementos xerais das técnicas de control e defensa fronte aos factores climáticos adversos, a estes froiteiros.
6.- Aplicar os fundamentos e técnicas das melloras de carácter físico, químico e biolóxico do solo, así como os elementos utilizados, nas plantacións destes froiteiros.
7.- Aplicar os fundamentos e técnicas da preparación, conservación, laboreo e mantemento do solo nas plantacións destes froiteiros.
8.- Aplicar os fundamentos e técnicas das relacións solo-auga-planta e as técnicas de medición e control da humidade do solo, rega e drenaxe nas plantacións destes froiteiros.
9.- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento ás técnicas de propagación destes froiteiros.
10.- Coñecer os fundamentos e técnicas empregadas para o control do crecemento e desenvolvemento destes froiteiros.
11.- Aplicar os fundamentos e as técnicas de recolleita e post-recolleita da produción da froita destes froiteiros.
12.- Coñecer os criterios de calidade das froitas.
13.- Analizar, diagnosticar e avaliar técnica e economicamente aspectos agronómicos concretos e globais nas plantacións destes froiteiros.
14.- Coñecer os aspectos legais, administrativos e organizativos das plantacións destes froiteiros.
ContidosContidos
BLOQUE I: INTRODUCIÓN Aos FROITEIROS DE PEBIDA, DE ÓSO E DE FROITOS SECOS
TEMA 1: FROITEIROS DE PEBIDA, DE ÓSO E DE FROITOS SECOS. DIVERSIDADE E ENUMERACIÓN. IMPORTANCIA
Para cada tipo de arbusto:
BLOQUE II: MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA
TEMA 2: BIOLOXÍA dos FROITEIROS DE PEBIDA, DE ÓSO E DE FROITOS SECOS
TEMA 3: CICLO DE FRUCTIFICACIÓN
BLOQUE III: RELACIÓNS DA ACTIVIDADE CO MEDIO
TEMA 4: MEDIO PRODUTIVO E ECOLOXÍA
BLOQUE IV: TÉCNICAS
TEMA 5: OBTENCIÓN DO MATERIAL VEXETAL
TEMA 6: PLANIFICACIÓN E ESTABLECEMENTO DUNHA PLANTACIÓN
TEMA 7: TÉCNICAS DE CULTIVO
BLOQUE V: XESTIÓN TÉCNICO-ECONÓMICA DA EXPLOTACIÓN FROITEIRA
TEMA 8: ASPECTOS ECONÓMICOS DUNHA PLANTACIÓN
Bibliografía básica e complementariaBibliografia
Felipe, A. (1989). Patrones para frutales de pepita y hueso. Ediciones Técnicas Europeas, SA.
Hilarie, C., Giauque, P. (2003). Le pêcher. CTIFL.
Masseron, A. (1991). Le Poirieri. CTIFL.
Masseron, A. (1989). Les porte-greffe pommier, poirier et nashi. CTIFL.
Muncharaz, M. (2001). El Nogal : técnicas de cultivo para la producción frutal. Mundi-Prensa.
Serrurier, M. (2010). Mémento Fruits & légumes. CTIFL.
Trillot, M. et al. (2002). Le pommier. CTIFL.
CompetenciasCompetencias
Simulación da actividade do Graduado no campo da arboricultura froiteiro.
Aprendizaxe, uso e hábito no manexo de útiles e ferramentas propias da actividade anterior.
Traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía da ensinanza
Clases teóricas: A materia, no nivel teórico, ten un forte compoñente descritivo sendo parte dos seus obxectivos o manexo correcto da terminoloxía e o desenvolvemento da capacidade de razoamento.
Clases prácticas: Coa actividade práctica facilítase a comprensión de moitos conceptos difíciles de entender de forma oral ou escrita.
Titorías: É evidente que o labor docente non finaliza coas clases, senón que debe existir un tempo en que o profesor estea dispoñible para as consultas do alumnado que, ademais de posibilitar un contacto directo profesor-alumno, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia.
Conferencias e seminarios.
Unha o duass saidas en practicas de campo en función da disponibilidade orzamentaria, unha será o val do Sil e Bierzo e a outra a zona del Rabadavia e Rias Baixas
Sistema de evaluaciónSistema de avaliación da aprendizaxe
Exame escrito (tipo test, preguntas curtas e longas), dos coñecementos teóricos e prácticos expostos ao longo do curso
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Asistencia a clases e traballo-estudo persoal, 6 horas semana
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendacións para o estudo da materia
Asistencia ás clases para centrarse mellor no estudo continuo da materia, xa que pola súa extensión son moi convenientes as orientacións do profesor